ARBO DISPORA DA SUA PRIMEIRA VIVIENDA SOCIAL
·A vivenda esta ubicada na antiga Escola de Mestres de Cequeliños
·Para financiar as obras dende o Concello de Arbo optaban a unha línea de Subvencións da Xunta de Galicia orientada a restauración de este tipo de inmobles.
A finais do ano 2019 o Concello de Arbo recibía unha achega por importe de 8.269,00€ do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente para a posta en marcha da súa primeira vivenda social.
Esta semana arrancaban as obras de rehabilitación da casa de Mestres de Cequeliños. A adxudicación do contrato realizábase a pasada semana, sendo unha empresa local de Arbo, a encargada de realizar os traballos para a posta en marcha da vivenda social.
CONCLUEN AS OBRAS NO BARRIO DE MERELLE EN CABEIRAS – Arbo
As obras na estrada municipal no barrio de Merelle, daban comezo o pasado mes de febrero e tiñan como obxetivo principal mellorar a movilidade, accesibilidade e seguridade da vía pública no barrio de Merelle na parroquia de Cabeiras, ampliando e pavimentando o vial xa existente
.
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE AUGAS DE GALICIA E O CONCELLO DE ARBO PARA ACOMETER OBRAS DE URXENCIA NA EDAR DE SANDE – MOURENTAN
Como consecuencia das condicións climatolóxicas, a EDAR de Sande e os colectores da zona Granxa e a Capela da EDAR de Sande, sufriron danos que poden provocar graves problemas na EDAR. Por tal motivo o alcalde do Concello de Arbo, nunha reunión urxente, solicitaba á Xunta de Galicia o apoio e colaboración na reparación e optimización do funcionamento efectivo no prazo máis breve posible da EDAR de Sande e os seus colectores.
COMENZAN AS OBRAS EN PORTAFEITOS - SELA EN ARBO
Miguel Ángel Pérez Dubois, actuando en nome e representación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na súa calidade de director xeral de Desenvolvemento Rural e Horacio Gil, actuando en nome e representación do Concello de Arbo na súa calidade de Alcalde-Presidente, asinaban o día 8 de outubro un convenio de colaboración para a obra de: “Pavimentación do camiño de acceso ao lugar de Portafeitos - Sela”
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011