Remate obra Acceso Igrexa de Arbo

REMATADAS AS OBRAS DE “MELLORA E PAVIMENTACIÓN DO ACCESDO A IGREXA DE SANTA MARIA DE ARBO”

O concello de Arbo, recibe unha subvención a través da Consellería de Medio Rural – AGADER, de concesión de axudas correspondentes ao Plan Mellora de Camiños Municipais con destino a execución da actuación denominada “Mellora e pavimentación do acceso a Igrexa de Santa Maria de Arbo” cun orzamento  de 53.538,87, estimándose o prazo de excecución do contrato en tres meses a contar dende a sinatura da acta de comprobación do planeamento.

As obras que se levarón a cabo consistiron en reparación do muro existente enfrente da Igrexa, repoñendo pedras caídas e realizando as obras de vaciado e compactado de trasdós, reparando tubería de abastecemento  e colocación de tuveria  nova. Colocación de recollida de pluviais e  colocación de balaustrada na zona do muro. Canalización de pluviais, colocación de tuverias e arquetas, colocar sumideiros e conectar a servizos existentes. Pavimentar as zonas afectadas polas obras e limpeza e reparación do arcen e pintado de beirarúa para uso de peons.

Adxudicación obra

Á vista do expediente que se tramitou en xuño de 2017  perante o Servizo de Cultura da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a obtención dunha subvención de 5.929,00 € para a actuación denominada “Obras de Restauración e Reparación do entorno do Cruceiro no Cemiterio San Cristobal de Mourentán”,  no marco das bases de subvencións para a rehabilitacio´n e a sinalización do patrimonio histórico-cultural, dirixidas aos Concellos da Provincia de Pontevedra para o 2017  publicadas no BOPPO do 1 de xuño de 2017.

Tendo en conta que consta no expediente unha memoria técnica avaliada redactada polo Sr. Arquitecto Asesor Municipal en data 9 de novembro de 2016 e no que se fixa como orzamento da referida actuación o importe dos 5.929,00 € (IVE incluído), correspondendo á base 4.900,00 € e ao IVE do 21% 1.029,00 €.

O concello de Arbo.  adxudicou as  “Obras de Restauración e Reparación do entorno do Cruceiro no Cemiterio San Cristobal de Mourentán”,con  NAROM S.L. , con CIF núm. B-36.163.418, e domicilio en Rúa I, Parcela 13, Polígono Industrial A Granxa, 36400, O Porriño (Pontevedra), representada por D. Manuel Fernández Fernández , con NIF 76.913.887-R,  e inscrita no rexistro de contratistas da Xunta de Galicia co núm. 2260, na contía de  5.929,00 €,  IVE do 21% incluído,  a cal deberá rematar e facturar  as obras antes do 30.06.18 , data límite fixada para xustificar a subvención concedida polo Ente Provincial, axustándose en todo momento  aos termos  da memoria técnica elaborada polo Sr. Arquitecto Asesor Municipal D. Teodoro de Francisco Antes. 

Adxudicación obra

O concello de Arbo, acaba de contratar as obras de Acondicionamento do recinto das piscinas municipais”cun orzamento de execución por contrata das obras cifrado en 79.482,48 € , IVE do 21% incluído, dos que corresponden á base 65.668,00 € e ao IVE 13.794,48 €,   tres (3) meses de prazo para executalas, nos termos de proxecto  do que é autora  a Sra. Arquitecta Dª Mónica Parada Vázquez, con financiamento da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra na contía dos 79.482,48 € con cargo a aplicación orzamentaria 342.619 do orzamento prorrogado cara o exercicio 2018, tras modificación de crédito na modalidade de xeración de crédito tramitada en base ao compromiso firme de achega do Ente Provincial.

O Concello de Arbo, adxudicou  o contrato para a execución das obras de Acondicionamento do recinto das piscinas municipais” á mercantil  “Turbela, S.L.”, con CIF núm. B36519718,  ao ser a súa proposta  a economicamente máis vantaxosa de acordo co prego e o informe técnico de avaliación  emitido en data 02.05.18,  nos termos de pormenor da proposta final presentada e arriba referida,  sendo o prazo de execución de tres meses, e o que se lle debe comunicar en forma regulamentar co réxime de recursos legalmente establecido para que, no prazo de 15 días hábiles a contar dende o día  seguinte á notificación deste acordo, compareza no escritorio municipal co fin de formalizar o preceptivo contrato administrativo.

Adxudicación obra Estrada Rocha - Cabeiras

O Concello de Arbo acaba de adxudicar as obras de “Melloras no entorno da estrada Rocha-Cabeiras, Arbo ”, cun orzamento de execución por contrata cifrado en 31.508,15 € (IVE do 21% incluído), á mercantil NAROM S.L.

A obra esta  financiada o 100%  pola Deputación Provincial de Pontevedra, no marco do Plan de Obras e Servizos de 2018 ( Plan Concellos).

O obxecto do presente proxecto é a reparación dun tramo de estrada no municipio de Arbo, que sufriu danos como consecuencia dos temporais do pasado inverno, na estrada que une  A Rocha con Cabeiras.

Actualmente a estrada atopase en mal estado, debido a que se produciron desprendementos en varias zonas, coa caída dun talude de contención da estrada e na zona dunha obra de drenaxe transversal da estrada.

As obras consisten na execución dunha nova obra de drenaxe, coas súas correspondentes aletas de contención de terras, un muro de mampostería para a contención da estrada, cunetas formigonadas nos tramos sinalados e reparación do firme da estrada.

Tamén se prevé  no proxecto a realización dun colector e de cinco pozos de rexistro de formigón no lugar de A Granxa, coa posterior reposición do rego  existente na zona de cruce co saneamento e reparación do firme da estrada no seu cruce con esta actuación.

 

Remate obra Infraestructura en Teimende

 

 REMATADAS AS OBRAS DE REPARACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO E REHABILITACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS EN TEIMENDE.

 O Concello de Arbo asinaba un Convenio coa entidade publica empresarial Augas de Galicia,  con data 19.10.17, polo que se concede a esta entidade  unha subvención de 69.621,42€.-,  importe que subvenciona a obra de Reparación na rede de saneamento e rehabilitación de infraestructuras en Teimende – Arbo

 

As causas das chuvias torrenciais no Concello e filtracións na mesma estrada e beirarrua, atopamonos con infraestructuras municipais danadas a causa das inundacións, como ocorre en Teimende. A consecuencia deste temporal,  son varias as obras que o Concello acometeu dende esa epoca, grazas a colaboración da Xunta de Galicia.

Remate obras

Rematadas as obras de Mellora no P.A.I

As obras a acometidas foron subencionadas pola Conselleria de Politica Social cunha achega por importe de 26.157,11 €.-

 As obra consistiron na adecuación e mellora do centro, donde  se colocara dous inodoros no baño infantil ( na actualidade só hai un) e colocación de cambiador de cueiros  colocación de prato de ducha no baño de adultos, aumento da sala de actividades, desprazando o tabique actual para modificación da sala de descanso.  Ampliación de recibidor, cambio de fiestras e peche con galería da entrada o Centro, entre outras obras. 

Así mesmo, a adquisición e mellora do equipamento do centro, inclúe a compra de mobiliario e material didáctico e de xogo,  así como a dotación  de conexión á internet no local e a compra  de dispositivos dixitais.

 

Concesión Subvención

Subvencións concedidas ao Concello de Arbo pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no marco da  “Convocatoria de subvencións a concellos destinadas á mellora dos montes mediante a creación de parques forestais” (BOPPO nº 66 de 04.04.17):

Este Concello tras solicitude presentada no marco  da Liña 1 da convocatoria do Ente Provincial para o ano 2017 resultou beneficiario das seguintes subvencións:

*Subvención por importe de 11.616,00 € para a redacción do proxecto para a creación do parque forestal de “Alto de San Fins”, cun orzamento total de 14.520,00 €. O contrato de servizos  para a redacción do referido proxecto ven de ser adxudicado neste ano 2018 á mercantil “LAGARES OCA S.L.” no importe de 12.000,00 €. Existen amplos Convenios de Colaboración asinados coas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Cabeiras e Sela, nos que se contempla o compromiso de ambas partes de garantir que dito parque forestal será destinado ao uso e lecer de toda a cidadanía, sendo de acceso libre, sen máis restricións que as que se xustifiquen no proxecto a redactar conforme á normativa de aplicación.

 

*Subvención por importe de 4.791,60 € para a redacción do proxecto para a creación do parque forestal de “Bouza de Miguel”, cun orzamento total de 5.989,50  €. O contrato de servizos para a redacción do referido proxecto foi adxudicado o pasado ano 2017 á mercantil  “SERVICIOS TÉNCICOS E OBRA DO RURAL S.L.” no importe de 5.989,50 €. Existe Convenio de Colaboración asinado coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Arbo, no que se contempla o compromiso de ambas partes de garantir que dito parque forestal será destinado ao uso e lecer de toda a cidadanía, sendo de acceso libre, sen máis restricións que as que se xustifiquen no proxecto a redactar conforme á normativa de aplicación.

 

Dáselle publicidade a dito  cofinanciamento recibido da Deputación Provincial de Pontevedra para ditos fins, cumprindo coas obrigas establecidas nas bases da convocatoria do ano 2017.

 

Remate obra en Cequeliños

REMATE DAS OBRAS DE MELLORA DE PAVIMENTACIÓN EN CAMIÑO DE  RASELA – CEQUELIÑOS  

Continuando coa serie de melloras e servizos en infraestructuras que o Concello de Arbo esta realizando a favor dos mesmos para a dinamización do Medio Rural, o concello de Arbo realizou obras de Mellora de Pavimentación en Camiño de Rasela, parroquia de Cequeliños do Termo municipal de Arbo.

O obxeto desta obra e definir e dimensionar as obras necesarias para mellorar o estado de algunas das infraestructuras viarias existentes no Concello de Arbo, o desenrrolo da actuación é a pavimentación e mellora dos camiños públicos municipais, sendo as actuación a realizar o desbroce e limpeza do camino retirando toda a vexetación, limpeza enerxica de superficie de pavimento existente, limpeza de cunetas, regularización de firme con aglomerado en quente

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011