Nova Achega ao CEIP Antonio Carpintero

NOVAS MELLORAS NO 2018 PARA O CEIP ANTONIO CARPINTERO 


O CEIP Antonio Carpintero obtivo dous importantes subvencións NO ANO 2018 a través da Consellería de Educación para a mellora na fontanería do centro e para reparacións na fachada do colexio.


Concretamente, estes últimos traballos basáronse en dúas axudas deste organismo autonómico. Unha primeira subvención de 6000€ para a reforma de tuberías do centro, xa que presentaban grandes deficiencias que cómpre solucionar. Deste xeito, procedeuse a executar a mellora e modificación da fontanería do Centro Educativo. E unha segunda subvención dotada en 10000€ para realizar unha serie de reparaciones na fachada do edificio do centro de ensinos. Melloras no estado actual da fachada do edificio que son necesarias para a seguridade, estética e visibilidade do mesmo.


Ademais destas obras, a Xefatura Territorial de Cultura e Educación leva acometidas nos últimos tempos outras melloras no centro como son a reposición da carpintería, a reparación da cuberta, a reposición de cristais, a substitución de ventás e a reforma da calefacción, ou a mellora de toda a instalación eléctrica.


O CEIP Antonio Carpintero de Arbo tamén  recibe anualmente  una achega  do Concello de Arbo, por importe de 1800 euros para a realización de actividades cos nenos, outra achega de 1600 €.- para a realización das actividades organizadas pola ANPA A Lumbre, así como os traballos de mantemento que anualmente recibe o recinto do colexio por persoal municipal. O Concello de Arbo, asi como outras obras que se realizan a cargo do Concello de Arbo, a última a reparación e colocación de canalons para recollida de auga.


Nos últimos anos levase investido case 128.000 euros por parte da administración autonómica nas melloras do CEIP Antonio Carpintero.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011