OBRAS EN CRUCEIRO - SELA

REMATE DAS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN NO ENTORNO DO CRUCEIRO DE SELA

Rematadas as “Obras de mellora da pavimentación no entorno do cruceiro de Sela”,  tras subvención concedida no importe de 3.022,02 euros  por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra,  atopado na sesión do 1 de xullo de 2022, de acordo coas bases  para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022.

Esta actuación conta con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, no importe de 3.022,02 euros en virtude de acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de 1 de xullo de 2022, recibido o 06.07.2022; asumindo o Concello con cargo a fondos propios o importe restante de 3.255,94 €.

 

PROGRAMAS

O Concello de Arbo presenta 2 novas accións dentro dos programas do Convenio asinado coa  Asociación Érguete, para por en marcha o “ Programa de Prevención da Drogodependencia e outras conductas aditivas 2023”.

“Falemos de adolescencia” : para todos os pais e nais que teñan fillos nesas idades e queiran formarse e resolver dubidas nesta etapa.

“Formación en adiccións para profesionais”: para aquelas persoas que traballan especialmente con adolescentes, como asociacións, profesorado ou servizos sociais dos concellos.

Este novo servizo de prestación agrupada cos Concellos de Crecente, A Cañiza e Melón, permite por en marcha esta nova unidade, cubrindo unha poboación de 10.810 habitantes, e que vai dirixido a toda a comunidade en xeral, en especial a adolescencia e as súas familias,  a través de diferentes actuacións.

 

P.A.I GRATUITO

O CONCELLO DE ARBO ESTENDERÁ ESTE CURSO A GRATUIDADE DO P.A.I

 

  • O Concello de Arbo, aprobaba en Pleno a ordenanza Fiscal para establecer a  gratuidade da prestación deste servizo da atención educativa no PAI de Arbo a partir do próximo curso 2022-2023, segundo o disposto na Lei 18/2021, do 27 de decembro, que modifica o título da disposición adicional novena da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

 

  • Os custes da gratuidade serán asumidos pola Xunta de Galicia:  "axudas recibidas a través da Consellería de Política Social e Xuventude para o funcionamento e gratuidade da atención educativa das escolas infantís e Puntos de Atención á Infancia 2022/2023"

PLAN CONCELLOS 2023

PLAN CONCELLOS 2023 - PROGRAMA DESTINADO Á AMORTIZACIÓN DE DÉBEDAS CON ENTIDADES FINANCEIRAS, ACREDORES DE GASTO CORRENTE E INVESTIMENTOS E FINANCIAMENTO DE GASTO CORRENTE DERIVADO DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS E/OU DERIVADO DA REALIZACIÓN DE ACTOS CULTURAIS, DEPORTIVOS, SOCIAIS, ETC NÚMERO DE EXPEDIENTE: 2023005272 DENOMINACIÓN DA ACTUACIÓN: “GASTO CORRENTE PAGO SOGAMA” BENEFICARIO: Concello de ARBO ASUNTO: Concesión de subvención; compromiso de gasto que importa 10.428,97 euros

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA PARA A “URBANIZACIÓN DO CAMIÑO DA BOUZA”.

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA PARA A  “URBANIZACIÓN  DO CAMIÑO DA BOUZA”.

  • Importe do contrato: 199.466,87 (IVE  do 21% incluído que ascende a 34.618,22 €)

 

  • Prazo de execución fíxase no proxecto técnico en TRES (3) MESES.
  • Concello conta cunha achega da Deputación de Pontevedra incluído no Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos) 2022-2023, dentro da Liña 1 – Investimentos – ANUALIDADE 2023

O CONCELLO DE ARBO ACOMETERÁ OBRAS DE “HUMANIZACIÓN DO CAMIÑO SAN BENITO

O CONCELLO DE ARBO ACOMETERÁ OBRAS DE “HUMANIZACIÓN DO CAMIÑO SAN BENITO

  • Orzamento: 35.881,35 € (IVE  do 21% incluído que ascende a 6.227,34€)
  • Coas obras proxectadas preténdese optimizar o servizo que ofrece o camiño e mellorar a seguridade viaria do mesmo, xa que, na actualidade, é un vial moi estreito e perigoso.

 

  • O Concello conta cunha achega da Deputación provincial de Pontevedra-  Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencias municipal para a anualidade 2022-2023, dentro da liña 1 – Investimentos

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011