Entrevista do Alcalde de Arbo co Deputado Delegado da Area de Mobilidade

O pasado 2 de marzo,  o alcalde de Arbo, mantiña unha reunión co  Deputado Provincial da Area de Mobilidade, Uxio Benitez e a nova directora Isabel Pardo de Vera, para tratar cuestións solicitadas polo Concello de Arbo e que son de suma importancia para este Concello.

Entre os temas a tratar, Horacio Gil, expuxo a posibilidade de recuperar e urbanizar a estrada provincial de acceso a Estación de Ferrocarril de Arbo, EP-5203, posto que xunto coa mellora do edificio da Estación de Tres, actuación tamén solicitada polo alcalde, suporía unha obra de gran interese cara a promoción do entorno do Río Miño como Punto de Destino Turístico.

Do mesmo Xeito, tratáronse as solicitudes do Concello dentro do Plan Moverse 2016, donde se propón a Deputación unha serie de melloras en tódalas estradas provinciais que recorren o noso municipio, como son delimitacións de velocidades, limpeza de estradas, acondicionamento de beiraruas…..

O Delegado da Area de Mobilidade, comprometeuse a visitar en persoa a zona.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011