Visita do Delegado da Xunta de Galicia

Visita do Delegado Territorial da Xunta de Galicia Jose M Cores Touris  o Concello de Arbo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Touris, realizaou o pasado 5 de decembro unha visita institucional ao Concello de Arbo donde mantivo unha entrevista co alcalde, Horacio Gil Exposito, que lle trasmitiu as principais preocupacións do municipio.

Horacio Gil., trasladou a Cores Touris a demanda de que se likcite canto antes a rotonda da PO-400 no cruce de acceso ao Couto e o núcleo da Vila xa que se trata dunha demanda moi necesaria para este municipio. O alcalde agradeceu a colaboración neste eido da Conselleria de Presidencia, na reforma da rúa Antonia Tovar por 201.000 €.-. Outra solicitude foi a posible axuda económica dende a Administración autonomica para reparar os acceso aos nucleos de poboacikón por dúas estradas en Parabedra e Rocha-Tabiros, así como a reparación da Ponte de San Xoan.

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011