Actuación Malvela

“XX Festa da Lamprea Seca – Actuación do grupo folk “MALVELA”

 

O vindeiro domingo 9 de agosto,  dentro das actividades comprendidas  no “Verán Cultural 2015 de Arbo”  e co gallo da XX Festa da Lamprea Seca a partires das 19:00 horas na Carballeira de Turbela, terá lugar a actuación do grupos folk “MALVELA”

MALVELA é un grupo de folk galego, creado en Sanguiñeda (Mos).

Está integrado por 13 cantadeiras . Unha versión da popular canción "O pirimpimpín" foi utilizada como cabeceira da serie Padre Casares, emitida pola TVG.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011