Prorroga Contrato Analise de Auga

POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA 15 DE XULLO DE 2019 APROBASE A PRORROGA DO CONTRATO DE PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE ANALISES DA AUGA DE CONSUMO HUMANO DO CONCELLO DE ARBO, A MERCANTIL “AKUNATURA DE OURENSE, S.L”

Recibido o día 17.06.19 (R.E. núm. 572) escrito de Marcos López Rodríguez con DNI: 44458427W, en representación da mercantil “AKUNATURA DE OURENSE S.L.”, con CIF núm. B-32.361.685, no que solicita de forma expresa  a prórroga ata o 16 de xuño de 2020, continuando así coa prestación do servizo iniciado no ano 2017,  do contrato de prestación do servizo de   “Análises de auga de consumo humano do Concello de Arbo”, adxudicado pola Xunta de Goberno Local de 22 de maio de 2017,  e formalizado e asinado o  16 de xuño de 2017.

 

Tendo en conta que con data 22.05.2017 e por acordo da Xunta de Goberno Local acórdase:

“1º  Adxudicar o contrato derivado de procedemento negociado sen publicidade tramitado para a adxudicación do "contrato de prestación dos servizos de  análises da auga de consumo humano do Concello de Arbo”, á mercantil “AKUNATURA DE OURENSE S.L.”, con CIF núm. b-32.361.685, nos termos de pormenor da proposta presentada  o día  20.04.17 e arriba referida, polo importe de 4.692,06  euros/ano máis 985,33 euros de IVE, facendo un importe total de 5.677,39 €/ano, o que daría  un importe total de 11.354,78 € (IVE incluído)  por dous anos, duración á que se estende o contrato, o que se lle debe comunicar en forma regulamentar co réxime de recursos legalmente establecido para que, no prazo de 15 días hábiles a contar dende o día  seguinte á notificación deste acordo, compareza no escritorio municipal co fin de formalizar o preceptivo contrato administrativo.

2º Dispor o gasto con cargo a aplicación orzamentaria 161.227 do orzamento prorrogado cara o exercicio 2017.

3º  Comunicar á referida mercantil que  tras a formalización do contrato administrativo iniciarase o prazo de execución do contrato, cuxa duración se fixa en  dous anos, podendo prorrogarse de forma expresa e por mutuo acordo das partes por períodos anuais, e ata un m´ximo de dúas prórrogas, sen que a duración máxima, incluídas as prórrogas, poida exceder de catro anos.

 4º Seguir trámites de publicidade que determina o art. 154 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, a medio de anuncio na “Plataforma de Contratación e Galicia” e no “Perfil do contratante do Concello”, e no seu caso, no  “Boletín Oficial da Provincia”.

5º Comunicar á Tesourería Municipal que a garantía definitiva constituída polo adxudicatario en forma de ingreso en metálico  non poderá ser reintegrada ata que non se execute a totalidade do contrato e se cumpra este satisfactoriamente (cláusula 25ª do prego).

6º  Notificar o presente acordo á Intervención e Tesourería aos efectos de fiscalización e realización apuntamentos contables oportunos.”

Posto que con data 21.06.2019 emitiuse Informe de Secretaría en relación con lexislación aplicable e o procedemento a seguir para acordar a prórroga do contrato do servizo de  prevención de riscos laborais e vixilancia da saúde deste Concello.

E, con data 21.06.2019 emitiuse Informe da responsable do servizo municipal referido  sobre o cumprimento dos requisitos esixidos nos artigos 23 e 303 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e o importe da aprobación da prórroga.

 

Con data de 21.06.2019, a Intervención realizou a retención de crédito correspondente.

 

Considerando que a cláusula  Así no artigo 7º  do prego que rexeu nesta contratación, establécese:

“Artigo 7.- DURACIÓN DO CONTRATO.

A duración do contrato será de dous (2) anos contados a partires do día seguinte ao da súa formalización. O contrato poderá ser prorrogado de forma expresa e de mutua acordo por ambas partes por períodos anuais, e ata un máximo de dúas prórrogas. A duración máxima do contrato, incluídas as prórrogas, non poderá exceder dos catro (4) anos.

Non obstante, si finalizara o prazo de duración do contrato sen que se tivese realizado nova licitación, ou a mesma se retrasase, o contrato entenderase prorrogado mentres dure o procedemento de licitación.

O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro o prazo total fixado para a realización do mesmo.”

Ao abeiro do artigo 7º  do prego de cláusulas administrativas particulares,  visto os informes da secretaría-intervención de data 21 de xuño de 2019, así como o informe da responsable do servizo municipal da mesma data, e Proposta da Alcaldía de data 07.08.19, de conformidade coas facultades conferidas á Alcaldía polo art. artigo  21 da Lei 7/85, reguladora das bases do réxime local , DA 2ª do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, de contratos do sector público,  e,  ao abeiro da D.A. 2ª do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, e en canto órgano de contratación por delegación da Alcaldía en Resolución de 01.07.15,  A XUNTA DE GOBERNO LOCAL, por unanimidade dos asistentes (4 votos, incluído o do Sr. Alcalde-Presidente), ACORDA:

1º.- Conceder a prórroga do contrato de prestación do servizo “Análise de auga de consumo humano do Concello de Arbo” á mercantil “AKUNATURA DE OURENSE S.L.”, con CIF núm. b-32.361.685, nos termos de pormenor da proposta presentada  o día  17.06.19 e arriba referida, polo importe de 4.692,06  euros/ano máis 985,33 euros de IVE, facendo un importe total de 5.677,39 €/ano, o que daría  un importe total de 11.354,78 € (IVE incluído)  por un ano

2º.- Comunicar á referida mercantil adxudicataria que esta prórroga non poderá estenderse máis aló do 17.06.2021


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011