Comezo das obras en Merelle-Cabeiras

COMENZAN AS OBRAS NO BARRIO DE MERELLE  EN ARBO

 

  • A Consellería do Medio Rural e o Concello de Arbo asinaban un convenio en outubro de 2019 para  a pavimentación dos camiños de acceso a Merelle
  • As obras son subvencionadas o 100% pola Consellería, que tamén se encargou da contratación da mesma

 

Miguel Ángel Pérez Dubois, actuando en nome e representación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na súa calidade de director xeral de Desenvolvemento Rural e Horacio Gil,  actuando en nome e representación do Concello de Arbo na súa calidade de Alcalde-Presidente, asinaban o día 8 de outubro un convenio de colaboración para a obra de: “Pavimentación do camiño de acceso ao lugar de Merelle - Cabeiras”

 

Estas melloras teñen como obxetivo mellorar a movilidade, accesibilidade e seguridade da vía pública no barrio de Merelle na parroquia de Cabeiras, ampliando e pavimentando o vial xa existente.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011