Infraestructuras públicas en Arbo

ADECUACIÓN, MELLORA E AMPLIACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS PÚBLICAS EN ARBO: PARQUES INFANTIS E ALUMEADO PÚBLICO

O Concello de Arbo o abeiro da ORde do 22 de decembro de 2014 en virtude da Resolución da Vicepreseidencia e Conselleria  de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,  pretende levar a cabo a adecuación, mellora e ampliación de varias infraestructuras públicas dentro do territorio do Concello de Arbo, levando a cabo as obras consistentes en adecuación á normativa en materia de parques infantís e alumeado público. ditas actuacións consistiran na melloras e adecuación á actual normativa vixente sobre espazos infantís do parque existente na Alameda de Turbela ao carón do Centro de Saúde e do existente en San Xoán de Barcela ao carón do P.A.I, así como na ampliación da rede de alumeado público na estrada PO-400 ao seu paso polo centro do municipio coa instalación de luminarias nunha zona que actualmente está deficientemente alumeada.

As obras de adecuación e mellora no parque existente en Turbela xa comezarón.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011