Comunicado alcalde do Concello de Arbo

Queridos veciños e veciñas de Arbo:

Nestes tempos  complicados pola grave crise sanitaria que atravesa España, Galicia e Arbo a causa da pandemia do coronavirus COVID-19, como alcalde e veciño,  quero expresarvos o meu orgullo pola resposta que estades a dar ante as severas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, pola  Xunta de Galicia e polo Goberno de España, medidas moi duras para vos e para mín.

Estamos a dar exemplo de organización e de cumprimento estrito de cada orde que recibimos, actuando con lealdade e seguindo as medidas de prevención precisas coa finalidade de conter a propagación do virus e tratar de minimizar as afeccións no noso municipio. Para elo debemos seguir cumprir do estritamente as recomendacións, evitando ao máximo saír dos nosos domicilios.   Entre todos podemos conseguir  que este virus non se propague na nosa area de influencia.

Estamos nun momento  excepcional para demostrar, unha vez máis,  a madurez como sociedade e a responsabilidade como individuos a favor do interese xeral, da solidariedade e da unidade.

Quero agradecer sinceramente a todos os que durante estes difíciles momentos ofreceron e ofrecen a súa axuda, os voluntarios,  ás adegas, que puxeron a disposición do Concello os seus traballadores e a maquinaria precisa para poder desinfectar e limpar as rúas, as prazas, os parques…, chegando ao máximo de núcleos de poboación,  un traballo complicado, tendo en conta que Arbo é un concello rural con máis de 370 quilómetros de rede viaria e núcleos moi dispersos; ao persoal dos supermercados e tendas de alimentación, das farmacias, dos quioscos, aos panadeiros, aos carniceiros, aos transportistas, aos taxistas, ao persoal das oficinas bancarias,  aos agricultores e aos adegueiros,  a toda a corporación municipal, ao persoal municipal dos diferentes servizos, aos servizos sociais e do SAD que están a desenvolver as tarefas necesarias para que  os colectivos máis vulnerables e as persoas maiores do noso concello dispoñan das mellores condicións e non saían das súas vivendas, facendo que para eles este confinamento sexa o máis tranquilo e o máis levadeiro posible  e  a todos aqueles traballadores e traballadoras de todos os sectores que conseguen  co seu esforzo, responsabilidade e espírito de sacrificio, que esta crise sanitaria sexa máis soportable para todos.

Non podo deixar de mostrar o meu máis profundo agradecemento á labor desenvolvida polo persoal sanitario na súa loita por protexer e salvar as vidas de milleiros de afectados, antepoñendo sempre a saúde dos pacientes fronte á súa propia.

Tampouco quero esquecer ás forzas e corpos de seguridade do Estado e ao Exercito, que sempre están onde e cando teñen que estar, preto da cidadanía nos momentos que máis se necesitan e recordando a necesidade de cumprir as normas, que son a mellor garantía para a seguridade e benestar de todos.

O Concello de Arbo, unha vez superada a crise sanitaria valorará xunto con todos os sectores máis afectados,  con toda a corporación, cantas iniciativas sexan necesarias para que dentro das posibilidades e competencias municipais, podamos axudar e dinamizar os recursos locais, para favorecer a recuperación e reactivación económica do noso concello.

Traballamos dende o primeiro momento, adoptando as medidas necesarias para axilizar ao máximo o pago aos provedores, para colaborar coa continuidade da súa actividade empresarial, tratando de minimizar os problemas de liquidez que esta crise puidéralles ocasionar e tratar de manter os postos de traballo.

 

Aproveito tamén, para comunicarlles a suspensión dos prazos de pago que constan no calendario fiscal do noso Concello, asemesmo quedan prorrogados os prazos de pago en voluntaria das débedas tributarias correspondentes as taxas actualmente ao cobro.

Quedan días duros nos que non podemos baixar a garda, pero estou seguro que xuntos conseguiremos vencer o virus. É unha batalla común e imos a gañala. Quédate na casa!!

O alcalde. Horacio Gil Expósito

 

A Xunta de Galicia entrega Material ao Concello de Arbo

ARBO, RECIBE MATERIAL EPI PARA O PERSOAL DO CONCELLO DE ARBO

  • Concello de Arbo, recibe mascarillas, luvas e buzos completos con gorros para o persoal municipal que será repartido entre as traballadoras do SAD e o persoal que agora mesmo esta realizando as labores dos servizos varios de recollida, desinfección  e limpeza.

 

  • O Concello agradece a Xunta de Galicia a donación, tendo en conta que nestes momentos de crise sanitaria e moi difícil conseguir material,  xa que apenas quedan existencias.

 

Medidas adoptadas na Praza do Mercado

 

O CONCELLO DE ARBO ADOPTA MEDIDAS NA PRAZA DO MERCADO

  • O concello de Arbo  adopta medidas hixiénicas e de contención na Praza do Mercado

O Concello de Arbo dende que o goberno de España decretou o Estado de Alarma adoptou unha batería de medidas  coa finalidade de evitar a propagación do coronavirus,  unhas medidas moi estritas na Praza de Abastos, onde ademais de desinfección e hixiene , dotouse de dispensadores e luvas para os usuarios, xunto cun estrito control por parte do persoal municipal para que se adopten as medidas sanitarias propostas, evitando aglomeracións dentro do mercado e limitando o uso das instalacións a unha persoa por posto mantendo sempre a distancia de seguridade

 

 

Papa Noel polas rúas de Arbo

PAPA NOEL VISITA O CAMPAMENTO DE NADAL DE ARBO E OUTRAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS

Hoxe día 23 de decembro e dentro das actividades programadas  polo Concello de Arbo, dentro do Nadal 2019, papá Noel visitou aos nenos e  nenas que participan no campamento de Nadal do Concello.

Papá Noel acompañado da súa dona repartiu caramelos e sacou fotos con todolos nenos.

Para os nenos tanto os mais cativos como os mais grandes disfrutaron de este momento.

Papa Noel tamén visitou as depedencias municipais do Concello de Arbo, o Centro de Saude así como outros edificios municipais.

 

A Escola Galega de Consumo visita o Campamento de Nadal

O PROGRAMA DA ESCOLA GALEGA DO CONSUMO DA CONSELLERIA DE ECONOMIA, EMPREGO E INDUSTRIA DA XUNTA DE GALICIA VISITA O CAMPAMENTO DE NADAL DO CONCELLO DE ARBO

A Escola Galega do Consumo da Xunta desprázanse ao CEIP Antonio Carpintero para impartir as actividades de LecerConsumo aos nenos e nenas participantes no campamento do Concello de Arbo

A actividade LecerConsumo, solicitada  polo Concello de Arbo para aos nenos e nenas do campamento de nadal,  é un programa estacional que desenvolve a Escola Galega do Consumo nos meses de nadal. A través do concepto de lecer responsable trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo: a publicidade, a alimentación sa e equilibrada, a etiqueta ou as TIC.

O alcalde do Concello de Arbo, informa que esta actividade, está dirixida a todas as idades e a oferta formativa adáptase aos distintos intereses e necesidades de cada unha delas, sendo actividades  de carácter lúdico e participativo, pedagóxicas e promotoras da aprendizaxe colaborativa, na que os participantes aprenderon con xogos o consumo responsable.

Sinatura A. LimpreBike

 

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE  O CONCELLO DE ARBO E ASOCIACION DEPORTIVA E CULTURAL LAMPREBIKE ARBO  

 

Que  o Concello considera que a labor que realiza esta asociación é de interese público, o cal supón un fomento deste modalidade deportiva e doutras actividades deportivas relacionadas coa mesma. Do mesmo xeito, o Concello considera que a colaboración da Asociación na Marcha BTT da Lamprea no  mes de Abril e a Festa da Bicicleta no mes de Agosto  contribúe a promoción turística e económica do municipio. O Concello de Arbo comprométese a achegar a cantidade máxima de 800,00 € a A.Cultural e   Deportiva Lamprebike para o ano 2019

 

Sinatura Convenio S. Caza

SINATURA ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE  O CONCELLO DE ARBO E A SOCIEDADE DE CAZADORES SANTA BARBARA DE AS NEVES-ARBO PARA A ACTIVIDADE DENOMINADA  FEIRA DE CANS DE CAZA A CELEBRAR EN ARBO, asinado con data 11 de novembro de 2016

A  contía para este ano 2019 para a a Sociedade de Caza Santa Barbara de As Neves-Arbo incrementouse ata o importe de 1.700,00 €.

 

Sinatura Convenio ANPA

SINATURA ANEXO PARA O ANO 2019 AO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE  A ANPA A LUMBRE E O CONCELLO DE ARBO  PARA A POSTA EN MARCHA DE DIVERSAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES  PARA OS ALUMNOS DO CEIP ANTONIO CARPINTERIO DURANTE O CURSO ESCOLAR,  asinado con data 8 de novembro de 2016

 

A contía para este ano 2019 para a ANPA DO CEIP ANTONIO CARPINTERO incrementouse ata do importe de 1.700,00 €.

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011