Servizo de Educación e Apoio Familiar
É un servizo municipal de prevención e apoio ás familias para favorecer o cumprimento das necesidades, o benestar e a plena participación na comunidade.
Ten por obxecto:
- A orientación, apoio e prevención a familias en situación de risco, co obxectivo de favorecer o correcto desenvolvemento dos seus membros e posibilitar a integración do núcleo familiar na comunidade.
· A mediación e acompañamento ás familias para que participen nos diferentes recursos do Concello.
- A realización de actividades de grupo coas familias tratando temas como: promoción de hábitos saudables, habilidades sociais e comunicativas, educación afectiva e emocional, gozo do tempo libre en familia, educación en igualdade, organización e economía familiar, búsqueda de emprego, coordinación con outros servizos e organismos,…
- Vai dirixido a todas as familias, centros educativos, outros servizos comunitarios,…