Sinatura Convenio con Medio Rural

CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE ARBO PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE INFRAESTRUTURA RURAL para PAVIMENTACION DOS CAMIÑOS DE ACCESO O LUGAR DE MERELLE (CABEIRAS) E PORTA FEITO (SELA) 

 Miguel Ángel Pérez Dubois, actuando en nome e representación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na súa calidade de director xeral de Desenvolvemento Rural e Horacio Gil,  actuando en nome e representación do Concello de Arbo na súa calidade de Alcalde-Presidente, asinaban o día 8 de outubro un convenio de colaboración para a obra de: “Pavimentación dos camiños de acceso ao lugar de Merelle e Porta Feito”

As obras, consisten en alargar o camiño de acceso a  Merelle, ata alcanzar un ancho medio de 5,00 m., para posteriormente dotalo dunha capa de rodadura con mestura  bituminosa en quente. Todo iso nunha lonxitude total de 373,00 metros lineais e dotar dunha capa de rodadura con mestura  bituminosa en quente ao camiño de acceso a Porta  Feito, en 185  ml, o cal se atopa actualmente en saburra. Completarase a actuación sobre o camiño, coa instalación dun sinal de STOP, e o pintada das marcas viarias de bordo de 15 cm de ancho

Avance Obras Bouza de Miguel

Avance das Obras da Area Recreativa do Parque Forestal de Bouza de Miguel en Arbo  (Detras do Campo de Futbol)

Actuacións que se están levando a cabo na primeira fase:  implantación de medidas fronte os incendios forestais,  plantación de arbores autóctonos,  eliminación das especies seucaliptus en faixas de defensa primaria, instalación de elementos de xogo infantís (tirolina, tobongan con pendente, columpio adaptado a persoas con mobilidade reducida….)

Melloras en Pedreira e a Granxa

O CONCELLO DE ARBO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA VICREPRESIDENCIA E CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PUBLICAS E XUSTIZA PARA A  “MELLORA DE INFRAESTRUCTURAS DE SANEAMENTO NO CAMIÑO DE A GRANXA-CABEZUDOS  E DRENAXE NO CAMIÑO PEDREIRA-CABEIRAS”  

Defínese tecnicamente e presupostase a solución para a execución da conexión de saneamento na Granxa-Cabezudas á rede xeral do  concello,  así como a recollida das augas pluviais eo  ensanche do camiño de Pedreira- Cabeiras existente e a súa pavimentación,  o cal permitirá mellorar dita vía e permitir unha mellor comunicación no lugar.

Este convenio de colaboración responde ao interese público e social que representa a  acción de fomento da Vicepresidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza dunhas actuacións imprescindibles para o normal funcionamento da entidade local, que lle permiten exercer as competencias e prestar os servizos que a normativa básica en materia de réxime local atribúelles aos concellos, como Administracion máis próxima aos administrados.

A obra fundamentase na necesidade de responder de contado ante a grave situación na que se atopan a infraestructura.  A necesidade e urxente de acometer as obras de saneamento no lugar de A Granxa vén derivada da existencia de verquidos incontrolados así como de fugas de augas residuais no treito de colector existente, que producen contaminación de parcelas agricolas (fundamentalmente viñedos) e filtracións nas vivendas.O lugar de A Pedreira sitúase a carón dunha zona de monte que teimadamente vén sendo pasto de frecuentes incendios. Asemade, este problema ten derivado en outros non menos importantes; o tránsito continuo de maquinaria pesada e de camións que transitan polo lugar para acceder o monte fixo que é en época de chuvias se forme enxurrada que chega ata as vivendas do lugar. Esta problemática sobrevida e de inaprazable solución e precisa unha rápida e urxente intervención para evitar maiores complicacións de indolé sanitaria e económica para os habitantes de ambos os lugares.

Rehabilitación Vivendas Cequeliños

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA  PARA REHABILITACIÓN DUNHA DAS  ANTIGAS VIVENDAS DE MESTRES DE CEQUELIÑOS .

O Concello de Arbo recibe unha achega por importe de 8.269,00€. Para o ano 2020,  do Instituto Galego de Vivenda e Sola da Consellería de Medio Ambiente Territorio e vivenda para rehabilitar unha das vivendas de mestres de Cequeliños.

O Concello pretende comezar as obras no mes de Xaneiro e presentar nova solicitude para rehabilitación da segunda vivenda que queda pendente.

Por Resolución de 28 de decembro de 2018 pola que convocabanse as subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, con carácter plurianual, a través do Instituto de Vivenda e Solo. Esstas subvencións están dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes para que se destinen a vivendas, en réxime de alugamento, á residencia habitual e permanente de unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM.

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011