Programa de Iniciativas Locais

Por Resuolución do 20 de maio de 2019, ditada no procedemento BS305E, respecto das axudas para o programa de iniciativas locais destinadas á xuventude, ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria, concedese pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Conselleria de Politica Social ao Concello de Arbo unha achega por importe de 5.600 euros.

Adhesión Pacto de Alcalde

O CONCELLO DE ARBO ADHERIRESE Á INICIATIVA EUROPEA  DO PACTO DOS ALCALDES PARA O CLIMA E A ENERXÍA

A Comisión Europea puxo en marcha en 2008 o Pacto dos Alcaldes (Covenant of Mayors), unha iniciativa aberta a todas as cidades e municipios en Europa co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea. O Pacto consiste no compromiso das cidades asinantes de ir máis alá dos obxectivos adoptados para o ano 2020 pola UE para reducir as emisións de CO2 a través de medidas de eficiencia enerxética, de accións relacionadas coa promoción das enerxías renovables e da mobilidade urbana sostible. A Xunta de Galicia e consciente de que o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía e o mellor instrumento para implicar aos concellos de Galicia na loita contra o cambio climático.

Todos temos algo que facer e no ámbito da administración local deseñando estratexias para reducir esas emisións en función das nosas competencias”, tamén informa que para alcanzar os  obxectivos, o Concello de Arbo ao adherirse ao Pacto ten que  a redactar un Plan de Acción para a Enerxía Sostible e o Clima (PACES) cun inventario de referencia de emisións (IRE) para facer o seguimento da súa  efectividade das accións de mitigación e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático .

O Concello de Arbo deberá concentrar os seus esforzos en reducir a demanda de enerxía nos seus territorios e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos locais.

 

https://www.pactodelosalcaldes.eu/es/

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011