Obras en diversos camiños municipais

EL CONCELLO DE ARBO, EXECUTA MELLORAS EN VIAIS MUNICIPAIS POR DIVERSOS PUNTOS DO MUNICIPIO

  • As obras foron financiadas con fondos propios do Concello de Arbo
  • Realizaronse melloras do firme en camiños municipais de Cabeiras e Barcela

 

A obras realizaronse para mellorar a accesibilidade aos depósitos de Barcela, así como mellorar a comunicación dos vecinos e veciñas e das parcelas ubicadas  entre Cabeiras e  Barcela. 

As obras  consistiron na limpeza,  aglomerado reciclado e rego de sellada, con emulsión bituminosa e gravilla en pistas de titularidade municipal.

 

Aprobación convenio mellora estrada barrio da Estación

 

O CONCELLO DE ARBO APROBA O CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A MELLORA DA ESTRADA DA ESTACIÓN EN ARBO

  • O pleno do Concello de Arbo en sesión de data 5 de novembro aproba  o  Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165 e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”.

 

  • O importe da obra ascende a  663.204,03 € (IVE 21% incluído) do que a Deputación achega 464.242,82 €  (70%), e o  Concello de Arbo 198.961,21 € (30%)

 

 

O Pleno do Concello de Arbo, na sesión extraordinaria de data 5 de novembro, aproba o   convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165 e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”, recibido o día 30.09.2020 (R.E. núm. 982).

 

A actuación reflexada na memoria redactada en febreiro de 2020, cun orzamento  de 663.204,03 € (IVE 21% incluído),  se pretende humanizar a rúa nos treitos comprendidos entre a Estación de FFCC e a estrada PO-405, así como o que descorre fronte á capela de San Antonio, todo o cal mellorará notablemente a seguridade viaria na zona do proxecto e no seu entorno.

 

“As obras desenvólvense entre a rúa da Estación, entre a estación de ferrocarril de Arbo e a estrada PO-405,  tamén inclúe o tramo que vai fronte á capela de San Antonio. Actualmente as beirarrúas están feitas con baldosas hidráulicas no primeiro tramo, ata o cruzamento existente que leva ao

á esquerda cara á estrada PO-405, onde as beirarrúas son de formigón e á dereita cara á Capela de San Antonio, onde non hai beirarrúas. Os pavimentos están en mal estado en xeral.”

 

O proxecto resólvese coa dotación dun recorrido peonil en toda a lonxitude da actuación e cun ancho suficiente para o tránsito de persoas. Ademais renovaranse as redes de abastecemento, saneamento e alumeado e dotarase de canalizacións para o soterramento do cableado. Ademais está prevista a construción de dous pasos peonís sobreelevados, co obxecto de reducir a velocidade dos vehículos.

 

O convenio establece que as obras serán financias pola Deputación no importe de 464.242,82 €  (70%), e polo Concello de Arbo no importe de 198.961,21 € (30%) . As obras serán licitadas, dirixidas, executadas e recibidas polo Ente Provincial.

Rematadas obras de Saneamento en Carrascal

O CONCELLO DA POR REMATADAS AS OBRAS DE CONEXIÓN DE SANEAMENTO EN CARRASCAL – ARBO

  • A obra foron financiadas o  100% pola  Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
  • O Concello de Arbo, destinou  31.982,77 € (IVE 21% incluído) para dotar ao barrio de Carrascal-Arbo de saneamento
  • Con esta obra deuse servizo a este barrio que ata o momento non contaba con acometida a rede xeral de saneamento

Compra fregadora para Limpeza C.E.I.P Antonio Carpintero

O Concello de Arbo pretende reforzar a limpeza e desinfección levada a cabo no Colexio Público C.E.I.P Antonio Carpintero con motivo das novas medidas adoptadas pola crise sanitaria do COVID-19.

Cando as zonas a fregar son máis grandes, como sucede nas instalación do Colexio  e tendo en conta o momento que estamos vivindo e os protocolos establecidos pola Xunta de Galicia para previr o covid-19, a limpeza ten que ser máis exhaustiva.

Con esta fregadora aumentase o ancho do fregado incrementando a eficiencia operativa e chegando a todas as superficies facendo unha limpeza máis segura para os alumnos e alumnas.

O importe da fregadora ascende a 2.395,80 (IVE 21% incluído que ascende 415,80€.-) 

 

 

Rehabilitación Paco de Música de San Benito

O CONCELLO DE ARBO,  CONTRATA A RESTAURACIÓN DO PALCO DE SAN BENITO

  • O Concello de Arbo, contratación “Restauración Palco De San Benito”
  • O Importe do contrato  ascende a:  10.151,30 € (IVE incluído do 21% )
  • As obras serán financiadas pola Deputación de Pontevedra, polo Obispado de Tui e polo Concello de Arbo.

As obras teñen  como obxectivo principal a restauración do referido palco, para devolver a este elemento arquitectónico unha cuberta digna, conservando os seus elementos orixinais e reparando os que estean afectados por algunha patoloxía e sexan recuperables, substituíndoos en caso necesario por outros de igual deseño que os orixinais,  e sobre todo eliminando os engadidos ou transformacións sufridas que desvirtúan a súa imaxe, para garantir a súa durabilidade e mantemento.

O importe das obras ascenden a 10.151,30 €.- que serán financiadas coa achega da Deputación de Pontevedra que concedeu ao  Concello de Arbo unha subvención por importe de 4.031,77 pola Diocese de Tui-Vigo  dacordo o convenio asinado o día 28.09.2020 onde esta última se compromete a colaboración no financiamento da actuación no importe de 3.500,00 euros a ingresar nas arcas municipais tras a sinatura do referido convenio de colaboración e o concello achegará 2.619,53  euros.

Parque Forestal Bouza de Miguel (2ª Fase)

O CONCELLO DE ARBO LICITA ACTUACIÓN NO PARQUE FORESTAL DE BOUZA DE MIGUEL

BOUZA DE MIGUEL, UN AREA RECREATIVA PARA PASAR UN DÍA DE DIVERSIÓN EN FAMILIA

  •  As actuación a contratar levaranse a cabo no Parque Forestal Bouza de Miguel nunha segunda Fase.
  • O importe do contrato ascendería á cantidade de 31.212,88 (IVE do 21%  incluído que ascende a 5.417,11 €.-) que serán subvencionados pola Deputación e con fondos propios do Concello de Arbo
  • O Concello conta  coa concesión de subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra por importe de 21.849,02 €, ao abeiro  do reparto da segunda convocatoria de axudas a Concellos destinadas a Mellora dos Montes mediante a creación de Parques Forestais, e conta con recursos propios para financiar a parte non cuberta pola subvención no orzamento definitivo aprobado cara o exercicio 2020 e publicado no BOPPO de 9 de xuño de 2020.

 

Este Concello ten a necesidade de contratar as actuacións  a levar a cabo no “Parque Forestal Bouza de Miguel” nunha segunda fase (anualidade 2019-2020) e tras a redacción da correspondente separata dun proxecto máis global.

A zona obxecto de estudio localízase no lugar de Bouza de Miguel, parroquia de Santa María de Arbo, pertencente ao concello de Arbo, provincia de Pontevedra.

 

 O Concello de Arbo, asinou un convenio coa Comunidade de  Montes en Man Común de Arbo, por ser os propietarios dos terreos,  que permite a realización destas actuacións en solo veciñal.

 

Coa execución das actuacións contempladas no presente proxecto preténdese acadar un múltiple obxectivo:

 

ï‚· Redución do risco de incendio e da ameaza que este supón sobre as vivendas no caso de producirse, mediante a eliminación de especies pirofitas e creación de áreas de frondosas caducifolias en torno os núcleos de poboación e instalación municipais, que actuarán como corta lumes verde.

 

ï‚· Mellora da diversidade florística do espazo mediante o uso de especies frondosas autóctonas e conversión de piñeirais en carballeira ou fraga.

 

ï‚· Mellora do uso público, mediante colocación e instalación de diversos elementos de características construtivas integradoras co espazo forestal no que se sitúa.

Actuacións

As actuacións poden clasificarse en tres grandes grupos:

  1. Actuacións de prevención de incendios forestais
  2. Actuacións de mellora dos valores ambientais coa: eliminación de acacia e mimosa, Eliminación de Eucalipto e Piñeiro, e a Creación de áreas poboadas por mestura de  frondosas caducifolias.
  3. Medidas de posta en valor do uso público ca: instalación dun punto de recollida de residuos sólidos, a construción dun Asadeiro, a colocación dunha Fonte, a creación dunha área de aparcadoiro e a Instalación dun Circuíto de Biosaúdables, de características construtivas que os fan integrables neste entorno forestal e a súa promoción coa elaboración de material audiovisual para a promoción do espazo

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011