DAN COMEZO AS OBBRAS NO CAMIÑO DE ESMORIZ
Dada a ampla superficie do concello, e o gran número de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.
Con este novo investimento na mellora de camiños rurais responde as peticións de agricultores e veciños e veciñas da zona.
A obras acométense por mor do mal estado do camiño de Esmoriz e tamén se pretende a mellora das infraestruturas vinculadas ao servizo de abastecemento e saneamento municipal, co fin de dar un mellor servizo aos seus habitantes, e así prevese a implantación da rede de saneamento que non existe en dito camiño de Esmoriz.
O CONCELLO DE ARBO MELLORARA O PARQUE INFANTIL DE BARCELA E COLOCARA MOBILIARIO NO CASCO URBANO
O Concello de Arbo, detectou a necesidade de mobiliario urbano para mellora do servizo o cidada e a calidade do mesmo.
Detectouse a necesidade de colocar unha nova balaustrada no Punto de Atención a Infancia (PAI) para a mellora da seguridade e das prestacións aos usuarios do parque infantil e colocación de xardineiras para ubicar no Casco Urbano para delimitar as zonas peatonais.
Ante esta necesidade de contratar o proxecto “Subministro de Material para colocar en distintos puntos do Concello en Parque PAI Barcela e zonas Públicas Casco Urbano”, o Concello de Arbo solicitou subvención que foi concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos - Plan de obras e Servizos (Plan Concellos) 2020, dentro da Liña 1 – Subministración
O CONCELLO DE ARBO, ADXUDICA A OBRA DE “ENSANCHE E MELLORA DO CAMIÑO URZAL –CIVIDA 2ªFASE
O Concello de Arbo, adxudica a contratación das obras de Ensanche Mellora do camiño de Urzal – Civida 2ªFase” a traves da plataforma de contratación do Concello de Arbo.
As obras, que daran comezo nas vindeiras semanas, incluídas neste proxecto consisten no ensanche e a mellora dun tramo do camiño existente no lugar de Urzal na parroquia de Barcela e do que xa se executou o ano pasado a primeira fase deste proxecto
O importe do contrato ascendería á cantidade de 90.978,94 € (IVE do 21% incluído que ascende a 15.789,73 €) e conta coa subvención da Deputación provincial de Pontevedra.
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011