COMENZAN AS OBRAS NO BARRIO DE MERELLE EN ARBO
Miguel Ángel Pérez Dubois, actuando en nome e representación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na súa calidade de director xeral de Desenvolvemento Rural e Horacio Gil, actuando en nome e representación do Concello de Arbo na súa calidade de Alcalde-Presidente, asinaban o día 8 de outubro un convenio de colaboración para a obra de: “Pavimentación do camiño de acceso ao lugar de Merelle - Cabeiras”
Estas melloras teñen como obxetivo mellorar a movilidade, accesibilidade e seguridade da vía pública no barrio de Merelle na parroquia de Cabeiras, ampliando e pavimentando o vial xa existente.
O CONCELLO DE ARBO INVERTIRA 235.961,64 Euros NA “HUMANIZACIÓN RÚA SAN BENITO”
O obxecto do presente consiste na humanización da rúa San Benito, onde se realizasen beirarrúas, renovaranse as redes de servizos. Dispoñeranse canalizacións de PVC para a reposición das redes de saneamento de augas pluviais e fecais, mellorase a rede de abastecemento. Tamén se executarán canalizacións enterradas para a rede de telecomunicacións e de enerxía eléctrica. Dispoñerase de iluminación con luminarias Led. Por último, executarase a sinalización horizontal e vertical precisa.
O CONCELLO DE ARBO ASINA UN CONVENIO CON ECOEMBES PARA FOMENTAR A RECOLKLIDA DE PAPEL-CARTON E ENVASES DE PLÁSTICO
Este convenio asinado por Arbo conleva o subministro de 28 contenedores de 800 litros de cor amarelo para envases lixeiro e 14 iglú para papel-catón, que serán financiados o 100% por Ecoembes cuxo importe ascende a 12.000 euros.
Con este convenio pretendese a mellora da contenerización de envases lixeiros e papel - cartón co fin de cubrir a demanda do servizo que nos últimos tempos se viu incrementada, así como conseguir a concienciación da poboación sobre a importancia do reciclaxe, expón o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil.
PAPA NOEL VISITA O CAMPAMENTO DE NADAL DE ARBO E OUTRAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS
Hoxe día 23 de decembro e dentro das actividades programadas polo Concello de Arbo, dentro do Nadal 2019, papá Noel visitou aos nenos e nenas que participan no campamento de Nadal do Concello.
Papá Noel acompañado da súa dona repartiu caramelos e sacou fotos con todolos nenos.
Para os nenos tanto os mais cativos como os mais grandes disfrutaron de este momento.
Papa Noel tamén visitou as depedencias municipais do Concello de Arbo, o Centro de Saude así como outros edificios municipais.
O PROGRAMA DA ESCOLA GALEGA DO CONSUMO DA CONSELLERIA DE ECONOMIA, EMPREGO E INDUSTRIA DA XUNTA DE GALICIA VISITA O CAMPAMENTO DE NADAL DO CONCELLO DE ARBO
A Escola Galega do Consumo da Xunta desprázanse ao CEIP Antonio Carpintero para impartir as actividades de LecerConsumo aos nenos e nenas participantes no campamento do Concello de Arbo
A actividade LecerConsumo, solicitada polo Concello de Arbo para aos nenos e nenas do campamento de nadal, é un programa estacional que desenvolve a Escola Galega do Consumo nos meses de nadal. A través do concepto de lecer responsable trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo: a publicidade, a alimentación sa e equilibrada, a etiqueta ou as TIC.
O alcalde do Concello de Arbo, informa que esta actividade, está dirixida a todas as idades e a oferta formativa adáptase aos distintos intereses e necesidades de cada unha delas, sendo actividades de carácter lúdico e participativo, pedagóxicas e promotoras da aprendizaxe colaborativa, na que os participantes aprenderon con xogos o consumo responsable.
Actualización de contidos e mellora de equipamento multimedia do Centro de Interpretación da Lamprea e do Viño do Condado “Arabo”
O Centro de Interpretación do viño e da Lamprea Arabo, e unha fiestra cara os visitantes para descubrir o que o Concello de Arbo pode ofrecer, ademais de transmitir a través dos paneis e os vídeos a verdadeira realidade e a historia de Arbo.
Con estas actuacións mellorouse o deseño, promoción e execución da actualización e mellora da exposición permanente do centro de interpretación da lamprea e do viño do condado“ coa dotación de sistemas multimedia para o visionario de contidos de vídeo e interactivo: pantallas táctiles, monitores de vídeo e proxectores con novos videos, fotografía, grafismos, vídeo e contidos interactivos e redacción de novos textos.
Coas melloras introducidas no Museo Arbo, creouse un espazo para albergar unha exposición permanente sobre a Festa da Lamprea. A primeira Festa da Lamprea ten lugar o día 16 de abril de 1961, organizada por un grupo de veciños, funcionarios e restauradores do Concello a cargo da Comisión "Pro Homenaxe á Lamprea", que tributaba a través desta xornada festiva o recoñecemento a unha riqueza antiga e inmemorial que o Miño proporcionaba.
O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, manifesta que con esta actuación de mellora o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea adecuarase aos estándares e requisitos turísticos que un centro destas características debe albergar. A modernización e a implantación de novos sistemas tecnolóxicos de visionado e interacción co visitante a través de videos, pantallas táctiles e proxectores, a elaboración de novos contidos, novos materiais, novas fotografías ou a publicación de novos folletos informativos permitirán unha visita moito mais dinámica e ilustrativa para os nosos visitantes. Poderán disfrutar duns contidos adaptados ás necesidades e requerimentos actuais dun museo con amplios contidos e informacións que transmitir sobre Arbo e os seus bens mais preciados.
Videos que se poden ver no Museo Arabo: https://www.youtube.com/watch?v=vmsf82-5XAo
https://www.youtube.com/watch?v=7II6MJVhujE
https://www.youtube.com/watch?v=AZPER3AGZUg
https://www.youtube.com/watch?v=wzPOnbYl734&t=2s
O CONCELLO DE ARBO INICIOU OS TRABALLOS DE PODA EN PARQUES E XARDÍNS MUNICIPAIS
Arbo conta con parques zonas verdes e paseos arborados, con vexetación diversa. Todo isto require de coidados e podas de maneira regular, que entre outras moitas cousas asegure o uso e a seguridade nas vías públicas.
A empresa contratada polo Concello de Arbo, ven realizando a poda en todos aquelas arbores que o requiren para facilitar o crecemento dos memos. Os lugares donde se van a realizar estes traballos son na Praza Consistorio, Praza do Mercado, na zona Centro, no Parque e Capela de San Antonio, nos arbores que van dende a Rúa Buenos Aires ata a Estación, no centro de Sela, na piscina municpal e na Carballeira da Lomba.
Ademais de por motivos medioambientais relacionados coa saude das prantas, asegura o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, as podas realizanse por razóns de seguridade na vía pública, evitando e prevendo a posible caída de ramas nas beiraruas e un crecemento perigoso que interfira na movilidade dos veciños e veciñas de Arbo.
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011