Mellora alumeado publico

SUMINISTRO PARA MELLORA DA EFICIENCIA E SEGURIDADE NO ALUMEADO PUBLICO

Por resolución de 22 de marzo de 2019 o concello de Arbo, recibe unha achega ao abeiro do Plan Concellos 2018-2019 Liña 1 da Deputación de Pontevedra para o investimento de Suministro para mellora da eficiencia e seguridade no alumeado publico

o obxeto do  suministro ten como finalidade o suministro de materiais nas solucións adaptadas para a mellora da eficiencia enerxetica das intalación de alumeado publico en;

A) BARRIO DA PORTELA

B) RÚA ANTONIA TOVAR

O orzamento do suministro ascende a 8.214,97€.-

Acondicionamento da Estrada E.P 5003 en a Lomba

Deron comezo as obras para acondicionamento da Estrada E.P 5003 a altura da Lomba - Mourentan do temino municipal de Arbo

As obras desarrollaranse no entrono da estrada de titularidade provincial EP-5003, nas proximidades do cruce coa estrada EP-5003, nas proximidades do crucre coa estrada EP-5205 a altura da Lomba.

O obxeto das obras e a renovación da pavimentación e todación dos servizos nas zonas definidadas no proxecto. Renovación de pavimentos, realización de sendas peatonais de anchura variable e ademais se renovara un tramo da rede de abastecemento e executarase nova red da zona na que non hay.

Disporanse canalizacións para a rede de telecomunicación e de enerxia eléctrica. disporase de iluminación con luminarias Led

Remate da Obra da Rotonda da Vila

REMATADAS AS OBRAS DA ROTONDA DA VILA - ARBO

As Obras foron subvencionadas e -Contratadas pola Conselleria de Infraestruturas e Mobilidade

As obras realizadas  son  para mellorar a seguridade viaria transformáronse as dúas interseccións nunha glorieta no acceso a Couto, que se complementou cunha semiglorieta no acceso a Vila. Con esta solución acougouse o tráfico neste tramo da estrada, ademais de garantir todos os xiros en condicións axeitadas de visibilidade e seguridade.

No marco deste proxecto tamén se acondicionaron dúas paradas de autobús cun pequeno tramo de beirarrúa, a sinalización dun paso de peóns e a instalación de alumeado. Ademais complementouse a actuación con afirmado, drenaxe e sinalización.

 

Colocación de pasamans en San Xoan

Mellorar as infraestructuras de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxetivo de favorecer as condicions de transito e seguridade viario, e deste modo, proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes, contribuir a despoboación e formentar a actividade económica.

A obras realizanse  pola perigosidade que supon para  o paso de peons pola beirarúa existente

As obras que se realizaran consisten na fabricación e colocación de 12 ml de barandilla de aceiro inoxidable calidade 304 brillo, formada por barra pasamans e columnas de tuvo redondo de 43 mm, tuvos horizonatais de 40X20 e barrotes de tuvo redondo de 16 mm cunha altura toal de 1000mm.

Remate obras en Sela

REMATADAS “OBRAS DE AMPLIACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE VIAL EN EIDOS DE ARRIBA, PARROQUIA DE SELA”

O pasado 7 de setembro o Director Xeral de Desenvolvemento Rural don Miguel Ángel Pérez Dubois e o alcalde do Concello de Arbo don Horacio Gil asinaban un convenio en Santiago para execución da obra de infraestrutura rural “Obras de ampliación e acondicionamento de Vial en Eidos de Arriba, parroquia de Sela”

As obras enmarcadas dentro do Plan de Infraestructuras Rurais 2018, consistiron no desbroce, retira de terra vexetal, desmonte e terraplenado, sendo o importe do convenio 48.399,02 €.-  A execución das obras serán por parte da Consellería de Medio Rural.

 

Ensanche e pavimentación en viais municipais

O Concello de Arbo, ten concedida unha subvención no Plan Concellos 2018-2019- Liña Investimentos, con destino ao financiamento do 100% do investimento para a obra “Ensanche e Pavimentación do Pavimentación e acondicionamento de A Chan, Sande, Moreira e Sela en Arbo”, POR IMPORTE DE 36.502,03€.- €.- (IVE incluido)

 

OBRAS NO LUGAR DE  “A  CHAN”:

As obras teñen como finalidade facilitar, na medida do posible, o acceso ás vivendas neste núcleo de poboación ao ter tan só un ancho de viaria variable entre 1.80 e 2.36 m.

Para iso, é necesario, a ampliación do viario existente procedendo á demolición e posterior reposición dos muros de pedra e bloque de formigón desprazándoos ata conseguir un ancho mínimo de 3,00, no inicio do

tramo ata os 2.50  m ao final do mesmo.

Posteriormente procederase ao estendido dunha capa de aglomerado en quente de 5  cms de espesor e á dotación dun punto de luz, mediante a colocación dun farol e á eliminación das augas pluviais en superficie mediante a colocación dun  imbornal e a súa conexión á rede existente na  reixa ao comezo do viario.

As obras para realizar son :

Demolición de muros de pedra e bloque actuais, amoreando os  mampuestos, no caso de pedra, en zona próxima ao seu posterior uso, para a continuación, mediante o emprego de maquinaria executar a apertura de gabia para cimentación dos novos muros e canalización de pluviais, a escavación de terras en  trasdós de muros actuais e a formación de caixa para a ampliación do novo pavimento.

Unha vez demolidos os muros de  mampostería, realizada a gabia da súa nova

cimentación e retiradas as terras existentes na súa  trasdós, nova execución dos mesmos na súa nova localización, con aproveitamento da  mampostería e pequena achega en caso de ser necesario.

No caso do muro de bloque prefabricado de formigón, demolición e posterior

transporte a vertedoiro, para a continuación proceder a reformulo e a execución de  zapata de formigón de apoio para a nova execución.

Realizada a “caixa” para a ampliación da base do novo pavimento, procederase ao estendido e posterior  compactación de  zahorra natural a cota de pavimento actual para a continuación proceder ao estendido ou compactado da mestura  bituminosa Mestura AC16 surf D, de 5cm de espesor.

Debido á escaseza de iluminación na zona, procédese á colocación dun farol de tipo mural conectada ao resto da instalación de iluminación municipal.

A efectos de recoller e conducir as augas pluviais superficiais, procederase á instalación dun  imbornal, situado aproximadamente a metade de tramo, coa súa correspondente canalización ata a  rejilla situada ao comezo do tramo e conectada á rede existente.

 

OBRAS NO LUGAR DE SANDE:

Do mesmo xeito que no caso anterior, as obras teñen como finalidade facilitar, na medida do posible, o

acceso ás vivendas deste núcleo de poboación. Para iso, proponse a actuación en tres zonas do núcleo

poboacional. A saber:

1º.- Na parte alta do núcleo, hoxe con pavimento de terra, procederase a pavimentar o último tramo duns

25  m e executar a modo de “rotonda” a conexión cos distintos camiños forestais que conflúen na

zona e un tramo de 30  m que dá acceso a vivendas.

2º.- Na zona media, paviméntase un tramo duns 50 metros que dá acceso a grupo de vivendas.

3º.- Na zona baixa, arranque do viario que dá acceso á zona partindo da estrada provincial, preténdese

 modificar a pendente actual (moi pronunciada),prolongando o desenvolvemento de entrada na súa parte

máis alta (lateral dereito) mediante a “ocupación” dun tramo de cuneta de formigón duns 5 metros augas arriba do cruzamento e a actual cuneta en terra nun tramo de 8.50 metros, para o efecto de suavizar a pendente da mesma evitando así os problemas actuais, sobre todo, ao acceso de camións e vehículos en xeral.

 

OBRAS NO LUGAR DE MOREIRA:

Preténdese a ampliación e mellora do viario existente, hoxe deteriorado pola afectación do arboledo existente na zona, as raíces do cal van invadindo os laterais do mesmo e deteriorando o pavimento existente, así como a maleza, en maior medida, que vai invadindo os laterais.

Para iso preténdese, o tallado e posterior  destoconado de 4 árbores do tipo piñeiro común, os cales dada a súa proximidade ao bordo do viario, están a afectar de forma importante ao mesmo. Do mesmo xeito, procederase á

limpeza dos bordos do viario a fin de facilitar a saída da auga e impedir o crecemento e desenvolvemento da vexetación.

 

OBRAS NA BEIRARRÚA VIARIA  SELA:

Preténdese a execución de distintos tramos de beirarrúa en ambos os lados do viario de acceso ao núcleo de  Sela.

En intervencións anteriores procedeuse á delimitación física da beirarrúa mediante a colocación de bordo de formigón e ao pavimentado por tramos en acceso ás parcelas que dan fronte ao mesmo, mediante a execución de pavimento de formigón  fratasado.

Para iso, procederemos á limpeza e saneamento da actual base para a continuación proceder ao estendido, vibrado e posterior  fratasado de acabado en  hormigon HA/25.

Coas actuacións previstas pretendese mellorar o servizo que ofrece para os seus usuarios o vial obxeto do proxecto, pois é un camino moi utilizado, tanto por vehículos como por peatons

Rehabilitación Casco Historico

O Concello de Arbo, recibe unha achega da Deputación Provincial de Pontevedra por importe de 5.051,00€.- para a obra de “Rehabilitación do Casco Historico de Arbo” ao abeiro das subvención para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio-histórico-cultura dirixidas aos concello da provincia de Pontevedra para o ano 2018.

 

As obras consisten en suministro de pezas rotas, asentamento de pezas soltas e colocación de pavimentación para uso exterior, de pezas regulares de granito similares as existentes, todo elo realizado sobre firmo previo.

 

 

Ir á primeira páxina Ir á páxina anterior 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011