Reparación Muiño de San Xoan
AS OBRAS DE REPARACIÓN DO MUÍÑO DE SAN XOÁN COMENZARAN NOS VINDEIROS DÍAS
	
- O Muiño de San Xoan presentou diverso danos producidos por actos vandalicos
- As obras ascenden a 15.651,25 euros e será unha empresa de Arbo a encargada de realizar a reparación.
- O Muiño, esta situado o carón da Ponte Románica de San Xoan un dos lugares máis emblemáticos de Arbo e que foi , restaurada polo Concello de Arbo no ano 2017.
Os danos que presenta o inmoble foron causados por actos vandálicos, dos que se descoñece o autor ou autores. O Estado do Muiño de San Xoan e lamentable, os intrusos prederon lume no interior o que produxo que as madeiras se queimaran, romperon cristais e xanelas, chans e teitos de madeira coa capa de verniz queimada e afumadas, porta de entrada destrozas, etc...
O deterioro que esta sufrindo pode afectar a estrutura do inmoble, o que suporía unha perda moi importante para o patrimonio etnolóxico arbense, xa que dito muiño data do século XV e, a súa vez, tamén fixo de serradoiro.
Esta actuación conta con financiamento ao 100% con cargo aos fondos propios do Concello, tras ingreso da compañía aseguradora realizado o día 1 de abril de 2020, que deu lugar ao correspondente expediente de contratación, que se viu parado polo Estado de Alarma.
 
			
 Compartir en Facebook
 Compartir en Facebook Publicar en twitter
  Publicar en twitter Compartir en Google+
 Compartir en Google+