PLAN CONCELLOS LIÑA 3

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 28 de xaneiro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

3.31188.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE ARBO AO ABEIRO DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-2023 CORRESPONDENTE Á LIÑA 3: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS

LIÑA 3: importe máximo da subvención que se pode destinar a esta liña 97.065,72 €

OBRAS DE MELLORA DO ENTORNO DO CRUCEIRO DE SELA.

Por medio de la presente intervención, pretendese poñer en valor o Cruceiro e o seu entorno próximo, xa que  se trata da zona antiga de Sela: para o cal se retirará o aglomerado asfáltico e colocarase formigón árido visto, deixando unha zoa de terra na contorna das arbores e no mesmo estado natural a zona na proximidade do Cruceiro, e facendo unha recollida de pluviais.

A intervención conten os seguintes procesos e materiais • Acondicionamento do terreo no entorno do Cruceiro. Consiste en el desbroce da vexetación e retirada do aglomerado asfáltico necesario para colocar o pavimento de formigón con árido visto. No encontro do Cruceiro manterase o bordillo de pedra e manterase o estado natural do pavimento existente, despois da limpeza do mesmo. Limpeza e retirada de escombros. A obra e seu entorno quedarán preparados para seu uso inmediato. Todos os escombros serán retirados a vertedoiro autorizado.

Esta actuación conta coa autorización da   Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades – Patrimonio Cultural, que marcou as pautas  a seguir para a intervención da mellora.

Se establece un prazo de execución para as obras proxectadas dun (1) mes, contados dende o día seguinte a sinatura da Acta de comprobación do replanteo. 

O Concello conta con financiamento da Deputación de Pontevedra, por acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de 1 de xullo de 2022,  de acordo coas bases  para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022 (acordo nº 16.31917, CSV: K88T7OHBHHLX4OLZ) con cargo á aplicación 22/332.3322.762.00 do vixente Orzamento provincial, correspondéndolle a este concello a cantidade de 3.022,02 euros para Obras de mellora da pavimentación no entorno do cruceiro de Sela

Os restantes 3.255,94 €.  serán financiados con cargo a fondos propios do Concello existentes na aplicación orzamentaria 336.619 do orzamento  definitivamente aprobado cara o exercicio 2022 por acordo plenario de 07.09.2022, publicado no BOPPO nº 173 de 09.09.2022; atopándose a presente actuación no anexo de investimentos do referido orzamento.

Comezan en Arbo as obras de mellora do ensanche do vial da igrexa de Santa María á capela de San Pedro

Comezan en Arbo as obras de mellora do ensanche do vial da igrexa de Santa María á capela de San Pedro

Coas actuacións previstas pretendese mellorar o servizo que ofrece para os usuarios o vial de acceso dende a Igrexa ata a Capela de San Pedro na parroquia de Arbo , obxecto da obra, pois é un vial utilizado, tanto por vehículos como por peóns, prevéndose a súa mellora e pavimentación, ao atoparse en mal estado.

As obras previstas conta  con traballos previos e escavacións: Roce do terreo, demolición dos pavimentos existentes e realización do movemento de terras necesario, coa escavación (principalmente en roca, con martelo  picador), así como a carga e transporte do material sobrante a entulleira.

Executaranse muros de pedra do país, para a contención dos camiños, ou a reposición do peche das parcelas afectadas. Realizarase a recollida das augas pluviais dispoñendo unha cuneta de formigón. Executaranse tubaxes de PVC. Pozos de rexistro e  arquetas. Renóvase a rede de iluminación do vial e a rede eléctrica e rede de telecomunicacións e pavimentación.

Por  medio da presente intervención, ponse en valor a Capela de San Pedro e a Igrexa de Santa María de Arbo  e o seu  entorno próximo, xa  a Granxa tratase da zona máis antiga de Arbo e  pretendese  conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construcións tradicionais,  e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes,  así como mellorar a súa funcionalidade e fomentar o seu uso e mantemento, mellorando tamén a seguridade vial e facilitar o acceso ao barrio da Granxa.

 

O orzamento base de licitación ascende á cantidade de  202.988,56 € (IVE do 21% incluído que ascende a 35.229,42 €) e conta cunha achega da Deputación Provincial de Pontevedra, no marco do Plan Concellos 2022-2023: Liña 1: Investimentos. 

MELLORA DO ACCESO A PAZOS

 O ACCESO AO LUGAR DE PAZOS-BARCELA AFRONTA UNHA NOVA FASE DE MELLORA

Os traballos de mellora deron comezo nos últimos días  e o Concello de Arbo invertirá  40.706,94 (IVE 21% incluído) para continuar coa mellora do acceso a Pazos – Barcela.

A actuación ten como obxectivo o ensanche e a mellora do acceso dun camiño municipal, no lugar de Pazos, na parroquia de Barcela – Fase II .

O Concello conta  con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo as bases publicadas no BOPPO nº230 do 27/11/2021, pola que se convocan as bases reguladoras e convocatorias do Plan Provincial de obras e servizos (Plan Concellos 2022-2023), dentro da Liña 1 – Investimentos,  ao serlle concedida por Resolución da Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra unha subvención de 40.706,94 € para a actuación denominada “Ensanche e Mellora do acceso no lugar de Pazos – Barcela”

ARBO REMATA UNHA DAS OBRAS MÁIS IMPORTANTES PARA SELA:

ARBO REMATA UNHA DAS OBRAS MÁIS IMPORTANTES PARA SELA: A " MELLORA DO CAMIÑO DE PORTAFEITOS QUE DA ACCESO AOS EIDOS DE ARRIBA"

 

  • O Importe das obras ascendeu a 79.911,68 € (IVE incluído do 21% que ascende a 13.868,97 €) e contan cunha achega da Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos

 

  • O obxecto do contrato foi a realización de actuacións necesarias para mellorar a pavimentación e o drenaxe lonxitudinal do camiño obxecto do proxecto co fin de facilitar o acceso aos veciños da zona.

MELLORAS DA CIRCULACIÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE SAN XOAN DE BARCELA-ARBO”

O CONCELLO DE ARBO REALIZARA MELLORAS NA CIRCULACIÓN NO PARQUE EMPRESARIAL

  • O Importe do contrato: 88.570,39 € (IVE  do 21% incluído que ascende a 15.371,72 €)
  • As obras de “MELLORAS DA CIRCULACIÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE SAN XOAN DE BARCELA-ARBO” , contan con financiamento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, no importe de 74.396,46 € que corresponde ao 80% do investimento subvencionable de 92.995,75 € (que incluiría  obras, máis honorarios de  redacción do proxecto e dirección das obras), en virtude de resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de data 09.06.2022.

 

  • O  Concello de Arbo, asumira ó 19.013,93 € restante con cargo a fondos propios previstos no orzamento municipal cara o exercicio 2022

 

  • As obras acaban de ser adxudicadas é de tres meses.

 

O Concello de Arbo, vai inverter 88.570,39 €.- na mellora da Circulación no Parque Empresarial de Arbo. As citadas obras pretenden resolver os problemas de circulación e dar un servizo digno a unha serie de industrias situadas no polígono. As obras acaban de ser adxudicadas e o prazo de execución das obras é de tres meses.

 

As obras de “MELLORAS DA CIRCULACIÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE SAN XOAN DE BARCELA-ARBO” , contan con financiamento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, no importe de 74.396,46 € que corresponde ao 80% do investimento subvencionable de 92.995,75 € (que incluiría  obras, máis honorarios de  redacción do proxecto e dirección das obras), en virtude de resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de data 09.06.2022 e son necesarias dado os difíciles xiros que soportan os vehículos pesados para acceder ás industrias.

 

As obras fundamentalmente refírense a unha renovación do pavimento asfáltico actual cunha capa de aglomerado en quente nas interseccións e as obras necesarias para encaixar unhas glorietas no terreo existente. O pavimento actual está totalmente asfaltado.

 

O CONCELLO DE ARBO CONTRATA UNHA AUDITORÍA PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA DO CONCELLO

O CONCELLO DE ARBO CONTRATA UNHA AUDITORÍA PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA DO CONCELLO

 

  • O Importe  da contratación: 9.375,00 €.- (IVE 21% incluído).
  • O Concello de Arbo, acaba de contratar unha auditoria para minimizar as perdas de auga no abastecemento municipal.
  • O Concello conta cunha achega de Augas de Galicia, no do 80% do orzamento do por un importe de  a cantidade de 7.500,00 €.- os 1.875,00 €.- restantes van a cargo dos fondos propios do Concello de Arbo.

 

O 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Esta lei ten entre os seus obxectivos garantir a prestación adecuada dos servizos de abastecemento de auga cando exista un episodio de seca, tendo en conta os recursos hídricos dispoñibles, e establecer as normas e as medidas para o aproveitamento dos recursos hídricos nos períodos en que exista un episodio de seca, co fin de reducir a vulnerabilidade fronte a este evento, buscando unha garantía no abastecemento á poboación en equilibrio co medio natural e tendo en conta os posibles efectos do cambio climático.

A Lei 9/2019 establece na disposición adicional segunda que, no prazo máximo de dous anos, contado desde a entrada en vigor desta lei, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa.

O Concello de Arbo, para  cumprir co establecido na Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario contrata unha  AUDITORÍA MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO E PLAN DE ACTUACIÓN PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA DO CONCELLO DE ARBO por importe de 9.375,00 €.- (IVE 21% incluído), dos cales 7.500,00 €.- son subvencionados por Augas de Galicia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dacordo a resolución de data 17.08.2022  e corresponden o 80% do importe da actuación e sendo o 20% do importe restante, que ascende a 1.875,00 €.- con cargo a fondos propios do Concello de Arbo.

 

 Os Traballos a realizar na auditoría:

  1. Unha descrición detallada do sistema de abastecemento do concello, contendo, como mínimo:

• Unha explicación do funcionamento do sistema de abastecemento.

 • Un inventario dos elementos singulares (puntos de captación de auga e a súa tipoloxía, equipos de medición existentes en captación, transporte, distribución e usuario final, estacións de bombeo de auga, depósitos de almacenamento, estacións de tratamento de auga potable), coas súas principais características, emprazamento e fotografías.

• Información sobre as redes de abastecemento (condución e distribución), lonxitude da rede de distribución, o estado de conservación e antigüidade das instalacións de abastecemento existentes.

• Inventario estimado do parque de contadores, características e antigüidade.

 • Os núcleos de poboación e zonas aos que se subministra auga.

b) Documentación gráfica, planos en formato dixital (CAD ou SIX), do sistema de abastecemento do concello, contendo como mínimo: puntos de captación de auga, equipos de medición existentes dende a captación aos puntos de consumo, estacións de bombeo de auga, depósitos de almacenamento, estacións de tratamento de auga potable e as zonas e núcleos aos que se subministra auga.

c) Datos sobre o volume medio de auga captada e subministrada á rede de abastecemento, o número de usuarios conectados diferenciados por tipoloxía (domiciliarios, grandes consumidores, etc.), e a tipoloxía de consumos de auga rexistrados e non rexistrados e facturados e non facturados.

d) Un balance hídrico de todo o sistema de abastecemento, tendo en conta a auga captada, a auga rexistrada e a auga non rexistrada.

 e) Un plan de actuacións aprobado no pleno municipal do concello para minimizar as perdas de auga dos sistemas de abastecemento á poboación nos seguintes catro anos, contendo, como mínimo:

• Medidas e actuacións para a redución dos consumos autorizados non rexistrados.

• Medidas e actuacións para a redución das perdas aparentes (erros de medición, erros de lectura, consumos non autorizados).

• Medidas e actuacións para a redución das perdas reais

 

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011