Achega para elaborar PACES
O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA DE 4000,00€.- PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXIA SUSTENTABLE (PACES)
Ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2020 (código de procedemento MT210A) (D.O.G. Nº 93, 14 de maio de 2020), o Concello de Arbo, recibe a resolución ditada pola directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, por delegación da súa Conselleira, pola que se lle concede ao CONCELLO DE ARBO, unha axuda por importe de 4000,00 €.- para a asistencia técnica na elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).