O Concello

ORGANIZACIÓN CONCELLO:  2023 - 2027

ALCALDE – PRESIDENTE

Horacio Gil Expósito (PP)

 

MEMBROS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL

  • D. Horacio Gil Expósito  - Partido Popular (P.P.)

  • Dª María  Salomé Troncoso Vieitez - Partido Popular (P.P.)

  •  D. Jose Manuel Mariño Tomé  - Partido Popular (P.P.)

  •  D. Raúl Rodríguez Álvarez - Partido Popular (P.P.)

  •  Dª Vicenta Rodríguez Cerdeira - Partido Popular (P.P.)

  •   Dª Maria Ysabel Rodríguez López - Partido Popular (P.P.)

  •  D. José Vázquez Tomé - Partido Popular (P.P.)

  •  Dª María Dolores Rodríguez Fernández - Partido Popular (P.P.)

  • D. Baltasar Vallejo Santos - Agrupación de Electores por Arbo (AGRELAR)

  • Dª Nerea Castro Covelo - Agrupación de Electores por Arbo (AGRELAR)

 

TENENTES DE ALCALDE

1º.- Tenente de Alcalde: Dª Salomé Troncoso Vieitez

2º.- Tenente de Alcalde: D. Raúl Rodríguez Álvarez

3º.- Tenente de Alcalde: D. José Manuel Mariño Tomé

 

AREAS DE GOBERNO - CONCELLERIAS

 

D. Horacio Gil Exposito, Alcalde-Presidente

 Persoal, Promoción Económica, Turismo, Obras, Urbanismo, Vivenda,

Réxime interior, Mobilidade Sustentable, e Relacións Institucionais,

 

D. Raúl Rodríguez Álvarez.

Concelleiro de Novas Tecnoloxías, Comunicación, Emprego, Cultura e Facenda

 

D. José Vázquez Tomé

Concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural

 

Dª María Dolores Rodríguez Fernández. 

Concelleira de Comercio, Mercado e Participación Cidadá

 

Dª Salomé Troncoso Vieitez.

Concelleira de  Servizos Xerais, Servizos Sociais e Promoción da Igualdade, e Educación

 

Dª Vicenta Rodríguez Cerdeira.

Concelleira de Deportes

 

Dª Maria Ysabel Rodríguez López.

Concelleira de Áreas Recreativas e Parques e Xardíns

 

D. José Manuel Mariño Tomé.

Concelleiro de Xuventude e Festexos

 

PERIODICIDADE DE SESIÓNS DO PLENO

O Pleno Municipal celebra sesión ordinaria ás 11.00 horas do último xoves de cada trimestre natural, establecendo que se esta data coincide con día festivo ou non laborable a celebración adiantarase cara o día hábil inmediatamente anterior. 

 

COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS DO CONCELLO DE ARBO.

Presidente: O Sr. Alcalde, ou concelleiro en quen delegue.

*Polo grupo municipal do PP: Titulares: D. Raúl Rodríguez Álvarez e Dª María Ysabel Rodríguez López.-Suplentes: D. José Vázquez Tomé e Dª María Dolores Rodríguez Fernández.

*Polo grupo municipal da Agrupación de Electores de Arbo: Titular: Dª Nerea Castro Covelo. Suplente: D. Baltasar Vallejo Santos. 

 

REPRESENTANTES DO CONCELLO EN ÓRGANOS COLEXIADOS

Designación da Concelleira Dª Salomé Troncoso Vieitez, como membro representante deste Concello de Arbo no Consello Escolar do CEIP “Antonio Carpintero”,  e como suplente da mesma á Concelleira Carpintero”

Designación do Concelleiro D. Raúl  Rodríguez Álvarez, como representante político do Concello de Arbo na Rede de Dinamización Lingüística á que este Concello se atopa adherido, e como suplente  do mesmo ao Sr. Alcalde-Presidente D. Horacio Gil Expósito.

 

REPRESENTANTES NA REDE CIDADE DOS NENOS/AS         

Designar como representante do Concello  no referido proxecto á Concelleira de Educación   Dª Salomé Troncoso Vieitez.

 

MESA LOCAL DE COMERCIO  

-D. Horacio Gil Expósito, Alcalde-Presidente, ou concelleiro no que delegue, que presidirá o referido órgano colexiado.

-Dª María Dolores Rodríguez Fernández, Concelleira Delegada de Comercio (PP), e como suplente á Concelleira Dª Salomé Troncoso Vieitez (PP).

-D. Baltasar Vallejo Santos (AGRELAR), e como suplente a concelleira Dª Nerea Castro Covelo (AGRELAR).”

 

CONTÍA ASISTENCIAS ÓRGANOS COLEXIADOS

Fixar no importe de 120 € a cantidade a percibir pola asistencia ás sesións, tanto ordinarias como extraordinarias, dos órganos colexiados regulamentariamente constituídos no Concello de Arbo

 

DEDICACIONS PARCIAIS

 

  • Concellería delegada de Deportes atribuída á Concelleira Dª Vicenta Rodríguez Cerdeira: retribucións brutas de 505,55 €/mes (en 12 pagas).

 

  • Concellería delegada de Servizos Xerais, Servizos Sociais e Promoción daIgualdade, e Educación atribuída á Concelleira e 1ª Tenente de Alcalde Dª Salomé Troncoso Vieitez: retribucións brutas de 1.895,81 €/mes (en 12pagas).

 

  • Presidencia: Alcalde-Presidente, D Horacio Gil Expósito, que asume as áreasde Persoal, Promoción Económica, Turismo, Obras, Urbanismo, Vivenda,Réxime interior, Mobilidade Sustentable, e Relacións Institucionais, asícomo as restantes non atribuídas no decreto de delegación aos Sres/as Concelleiros/as: retribucións brutas de 1.895,81 €/mes (en 12 pagas). 

 

DELEGACIÓNS DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL E NO ALCALDE

 

Por razóns de eficacia e maior celeridade na resolución de determinados asuntos de interese público o Pleno acordou as seguintes delegacións das súas competencias:

*A delegación na Xunta de Goberno da totalidade das atribucións do Pleno que sexan susceptibles de delegación, e en concreto:

a) O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporacións nas materias de competencia plenaria (art. 22.2 j ) LRBRL).

b) A declaración de lesividade dos actos do Concello (art. 22.2 k) LRBRL).

c) A concertación das operacións de crédito e operacións de tesourería cuxa competencia corresponda ao Pleno Municipal, todo isto de conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais (art. 22.2 m) LRBRL) e sempre e cando non requiran maioría absoluta conforme ao art. 47.2 l) da LRBRL.

d) As competencias como órgano de contratación respecto dos contratos de obras, de subministros, de servizos , de concesión de obra, de concesión de servizos, os contratos administrativos especiais e os contratos privados cando o seu valor estimado supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento e en calquera caso as contías de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as anualidades supere o porcentaxe indicado, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, e a contía sinalada ( Disposición Adicional 2ª da Lei 9/2017).

e) Así como a adxudicación de concesións sobre os bens das mesmas e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o orzamento base de licitación supere o 10% dos recursos ordinarios do orzamento e o importe de tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio cando o seu valor supere o porcentaxe e a contía indicados (Disposición adicional 2ª da Lei 9/2017). Exceptúanse neste apartado, ao non resultan delegables por requirir maioría absoluta ao abeiro do art. 47.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, as concesións de bens e servizos por máis de cinco anos e que superen o 20% dos recursos ordinarios do orzamento, e o alleamento de bens que exceda do 20% dos recursos ordinarios.

f) A aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión ó Pleno, e cando aínda non estean previstos no Orzamento (art. 22.2 ñ) LBRL).

g) As demais que lle confiran as Leis ó Pleno, entre elas, a fixación ou establecemento dos prezos públicos e a aprobación dos expedientes de recoñecemento extraxudiciais de crédito.

*A delegación no Alcalde da solicitude de subvencións e aprobación do expediente e demais tramitación cando na norma de convocatoria da subvención se determine como órgano competente o Pleno Municipal.

*Estas delegacións inclúen inclúe á resolución dos recursos de reposición contra os actos ditados no exercicios das atribucións.

*As atribucións delegadas deberán exercerse pola Xunta de Goberno Local e polo Alcalde nos prazos e dentro dos límites desta delegación, sen que sexan susceptibles de ser delegadas en ningún outro órgano. No texto dos acordos adoptados en virtude desta delegación se fará consta de forma expresa esta circunstancia. Os acordos que se adopten por delegación, entenderanse ditados polo Pleno do Concello, como titular da competencia orixinaria.

 

GRUPOS POLÍTICOS CONSTITUÍDOS NA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE ARBO E NOMEAMENTO DE VOCEIROS

-Partido Popular (P.P.), formado por D. Horacio Gil Expósito, Dª María Salomé

Troncoso Vieitez, D. Jose Manuel Mariño Tomé, D. Raúl Rodríguez Álvarez, Dª Vicenta Rodríguez Cerdeira, Dª Maria Ysabel Rodríguez López, D. José Vázquez Tomé, e Dª María Dolores Rodríguez Fernández; sendo voceiro titular do grupo político D. Raúl Rodríguez Álvarez, e voceira suplente Dª Salomé Troncoso Vieitez.

-Agrupación de Electores por Arbo (AGRELAR), formado por D. Baltasar Vallejo Santos e Dª Nerea Castro Covelo; sendo voceiro titular D. Baltasar Vallejo Santos evoceira suplente Dª Nerea Castro Covelo.

 

 

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011