Punto Limpo

No ano  2004, o Concello de Arbo asinaba un  convenio de colaboración coa Conselleria de Medio Ambiente para executar as obras de creación dun punto lipo cun investimento de 175.000 €.-.

O Puntos limpo é un recinto ubicados no lugar de Chan – Arbo, co obxectivo fundamental de servir ós cidadáns como centro de aportación voluntaria para a recollida selectiva dos rexiduos xerados no ámbito domiciliario.

Como obxetivos fundamentais do Concello de Arbo coa creación e funcionamento do punto limpo esta a recuperación dos materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe directa (vidrio, carton, envases… ), evitar o vertido incontrolado de voluminosos ( mobles, electrodomésticos, escombros),  separar os residuos perigosos xerados no fogar dos que a elminación conxunta co resto dos lixos urbanos ou mediante o seu vertido á rede de saneamentos, repesentaria un risco para o medio ambiente e a saúde pública ( pilas, fluorescente, rodas… e sobre todo a reducción do volumen dos rsiduos a tratar ou eliminar nos vertedoiros controlados.

Están dotados de contenedores específicos para os distintos tipo de refugallos susceptibles de entrar nos circuitos de reutilización e reciclaxe, e para aqueles, que debido ás súas características tóxicas ou perigosas, deben ser xestionados de acordó coa lexislación vixente nesta materia.

As operacións de xestión de residuos levaranse a cabo sen poñer en perigo a saúde humana e sen utilizar procedementos nin métodos que poidan prexudicar ao medio e, en particular, sen crear riscos para a auga, o chan, nin para a fauna e flora. Neste sentido deberán axustarse ás prescricións e normativa vixente en materia de Seguridade e Saúde Laboral.

Os usuarios do Punto Limpo serán os cidadáns/particulares do termo municipal de Arbo. Os residuos mínimos admisibles serán os seguintes:

-          Residuos voluminosos: colchóns, somieres, mobles, etc. ata un máximo de 60 Kg/1 moble por entrega e día.

-          Aparatos eléctricos e electrónicos.

-          Electrodomésticos ata un máximo de 2 unidades por entrega e día.

-          Frigoríficos ata un máximo de 1 unidade por entrega e día

-          Vidro.

-          Cristais planos, como fiestras e espellos ata un máximo de 10 Kg por entrega e día.

-          Papel y cartón.

-          Metais.

-          Envases lixeiros: latas, tetra-brik, botellas e garrafas de plástico.

-          Roupa usada.

-          Fluorescentes ata un máximo de 3 unidades por entrega e día.

-          Aceites doméstico e mineral ata un máximo de 5 litros por entrega e día.

-          Envases de disolventes, pinturas e vernices ata un máximo 1 Kg por entrega e día.

-          Escombros procedentes de obras menores de construción y reparación domiciliaria con un máximo de 55 Kg por entrega e día

-          Pilas de uso doméstico usadas.

-          Pneumáticos de reposición procedentes de particulares obxecto do RD 1619/2005, sobre a xestión dos NFU, hasta un máximo de 5 pneumáticos por persoa e ano e sen llanta.

-          Radiografías.

-          Baterías

-          Aerosois ata un máximo de 10 unidades por entrega e día.

 

No se admiten:

 

-          Non se admitirán os residuos seguintes:

-          Residuos orgánicos domésticos.

-          Materiais radioactivos.

-          Materiais inflamables o explosivos.

-          Residuos infecciosos.

-          Pneumáticos, no resto de casos non comprendidos no apartado anterior.

-          Recipientes voluminosos que haxan contendo materiais tóxicos o perigosos.

-          Residuos sen segregar.

-          Residuos sen identificar.

-          Medicamentos

-          etc.

No punto limpo:

-          O persoal municipal procederá a :

-          recepción dos residuos.

-          identificación do usuario e indicación do contedor onde debe depositalo segundo clasificación do residuo.

-          atención ao usuario (información, asesoramento e axuda), sen prexuízo da colaboración ou asesoramento que poida requirir da empresa adxudicataria.

-          atención do punto limpo e axuda aos cidadáns que vaian utilizar a instalación facilitando información ao público, así como as normas de uso aprobadas polo Concello.

TELEFONO: 647723730

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011