Visita da Delegada Territorial ao Concello de Arbo

A DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA, REALIZA VISITA INSTITUCIONAL A ARBO

 

Arbo, a 17 de outubro de 2020

  • A nova delegada Territorial, Luisa Piñeiro,  visitou o pasado 16 de outubro o Concello de Arbo

  • Luisa Piñeiro, analizou xunto co alcalde de Arbo, Horacio Gil as necesidades e demandas do Concello de Arbo

 

O pasado venres, 16 de outubro o Concello de Arbo, Horacio Gil, alcalde do Concello de Arbo, recibía na súa primeira visita institucional da nova Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro.

A delegada territorial mantivo un encontro co alcalde do Concello de Arbo, donde analizaron as principais demandas do Concello de Arbo. 

Entre os temas tratados entre o alcalde e delegada, para ser atendidas pola adminstración autonómica, están os  proxectos de saneamento e melloras en viais,  como a mellora do antigo trazado da PO-400 en Cequeliños, a situación dos polígonos agroforestais de Sande- Cequeliños e Abelenda-Paravedra, o despegue da fibra óptica nos núcleos de      Estación, Pedreira, Vilanova, Hermida, Regadas, a Humanización Nova Rúa entre Rúa Vázquez Estévez (Antiga PO-400) e PO-400 dentro das lineas de axudas do programa Hurbe, entre outros temas.

O alcalde do Concello de Arbo, agradece o interese mostrado pola Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro, polos temas exposto polo rexedor. Horacio Gil, manifesta o compromiso que sempre mantivo a Xunta de Galicia  cos intereses do municipio.

Comenzan as melloras no Entorno da Capela de San Xoan

AS OBRAS PARA ADECUAR O ENTORNO DA CAPELA DE SAN XOAN XA ESTAN EN MARCHA

  • O importe das actucións ascenden a 45.000 €.- e foron adxudicadas a unha empresa de Arbo.
  • A empresa encargada da realización das obras é unha empresa local, tal e como quedou reflexado no plan de reactivación local redactado polo goberno arbense
  • O concello de Arbo, asinou un convenio coa Diocesis de Tuy para a cesión dos terreos para a realización do acondicionamento do entorno da Capela

As obras inclúen a limpeza do ámbito, retirada da capa de formigón do entorno cércano a capela e a colocación de adoquín ou enlosado de granito país, colocación de bancos e dunha Varanda de protección nas escaleira de acceso peonil.

De acometer os traballos encargase unha empresa do Concello de Arbo, tal e como adiantaba o alcalde no plan de reactivación do sector local despois da crise sanitaria ocurrida por mor do COVID.

Na actualidade o entorno da capela de San Xoan atopase moi deteriorado, é por iso que o Concello de Arbo, pretende levar a cabo unha serie de actuación que permiten unha mellor accesibilidade a capela e o seu entorno, coidando as condicións estéticas da mesma.

 

Con esta actuación pretendese mellorar as condicións estéticas e funcionais do espazo existente no entorno da capela, e facelo máis accesible, informa o alcalde Horacio Gil. Unha serie de melloras que dan resposta a demanda dos veciños e veciñas de San Xoan e que ademais supón  a posta en valor da gran riqueza patrimonial coa que conta o municipio de Arbo e donde ademáis, pretendese evitar situación de perigo, polo que se proxecta a execución dunha pavimentación do ámbito acorde o entorno existente,  remata o rexedor.

Contratación empresa de limpeza para desinfección CEIP Antonio Carpintero

O CONCELLO DE ARBO, REFORZA A LIMPEZA E DESINFECCIÓN NO C.E.I.P ANTONIO CARPINTERO DE ARBO

  • O servizo reforzarase coa contratación dunha empresa externa que realizará o servizo de limpeza e desinfección durante todo o horario lectivo.
  • O Concello de Arbo, tamén adquiriu unha fregadora eléctrica recentemente para facilitar a realizacións de ditas tarefas
  • A limpeza e desinfección diaria realizarase a partires das 10:00h de maneira continuada ata o remate da xornada escolar.
  • O cumprimento destas obrigas e a colaboración dos concellos coas direccións dos centros resulta imprescindible para garantir o inicio do curso 2020-2021 nas condicións esixidas nos centros educativos para a súa adaptación ao contexto da COVID-19.

 

 

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional e o conselleiro de Sanidade aprobaron pola resolución conxunta do 22.07.2020 o Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, que inclúe no seu apartado 4 as medidas xerais de limpeza.  Consonte as referidas medidas, cada centro disporá dun protocolo de limpeza e desinfección que formará parte do Plan de adaptación a situación COVID-19 no curso 2020/2021.

Existen unha medidas xerais de limpeza nos centros para a súa adaptación ao contexto da COVID-19 no curso 2020-2021, segundo o protocolo marcado pola Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade e aprobado polo Consello Escolar do C.E.I.P Antonio Carpinteiro.

As tarefas de limpeza que realizara o persoal da empresa contratada na limpeza  diaria, iniciarase ás 10:00 horas nas zonas de uso común e nas superficies de contacto máis frecuentes como pomos das portas, mesas, mobles, pasamáns, chans, teléfonos, perchas, e outros elementos de similares características así como de billas elementos das cisternas e outros dos aseos.

Axustarase tamén a limpeza e desinfección das aulas compartidas de PT e AL, da aula 24, biblioteca, aula de informática,  do ximnasio e da aula de psicomotricidade á actividade diaria da mesma de tal xeito que entre clase e clase se proceda á súa limpeza e desinfección. Segundo o horario de uso, farase desinfección da aula de psicomotricidade, permitindo o seu uso en dúas quendas diarias de ser preciso.

Argumenta o edil  de Arbo que “por parte do Concello actuamos desde o primeiro momento ante esta crise sanitaria a nivel mundial que nos obrigou a cambiar en tantos aspectos da nosa vida, o escolar sen dúbida preocúpanos porque é onde entran en xogo os máis pequenos e as súas familias e é por iso que entre as nosas competencias nos colexios, a da limpeza verase reforzada xa que toda prevención é pouca”, polo cal persoal municipal realizou tarefas de desinfección e limpeza antes do inicio do curso escolar.

 

No horario de tarde, por persoal municipal como sempre foi habitual, procederase á limpeza e desinfección xeral do centro (aulas, biblioteca, despachos, portas, fiestras, pupitres...)  e das zonas exteriores, por ser estas as areas de lecer do alumnado.

 

Para poder cumprir co establecido, e  seguir  estritamente as recomendacións, algo que o Concello de Arbo ven realizando dende o primeiro momento – informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil -   resulta necesaria a contratación  de empresa externa por non contar o Concello de Arbo, nin con medios persoais nin materiais  suficientes para dar cumprimento ás obrigas esixidas e nos termos nos que figuran establecidos nos protocolos das autoridades Sanitarias.

Pola tarde será persoal municipal a que realizara as funcións de desinfección e limpeza en horario de tarde, para que o Centro de Ensino C.E.P. Antonio Carpinteiro este en condicións de ser utilizado a primeira hora da maña cando os alumnos e alumnas cheguen ao Colexio,  para tal fin o Concello de Arbo, tamén adquiru  unha fregadora eléctrica recentemente para facilitarlle a realizacións de ditas tarefas – remata o rexedor  que tamén informa que antes do inicio do curso escolar persoal municipal fixo unha limpeza e desinfección de todo o edificio e o seu entorno.

 

 

Contratación de Camión atomizador contra COVID-19

ARBO ADOPTA MÁIS MEDIDAS PARA PREVENCIÓN DA COVID-19

  • Concello de Arbo, contrata o servizo de desinfección mediante pulverización con camión como medida de prevención da COVID-19”
  • Importe do contrato 15.000,00 euros que serán sufragados con fondos municipais

 

  • Os servizos serán semanais é ata o mes de decembro de  2020

 

Tendo en conta a situación de pandemia actual, é especialmente importante que co fin de evitar posibles rebrotes, se preste especial atención a desinfección das zonas de maior afluencia da poboación, como é o caso de Prazas, rúas e víais municipais polo que o Concello de Arbo, acaba de adxudicar o contrato de servizo de desinfección mediante pulverización con camión como medida de prevención da COVID-19” a empresa que leva realizando a desinfección con camión atomizador nos últimos meses.  A empresa adxudicataría conta con toda a maquinaria e os medios persoais para seguir realizando estes traballos por todas as parroquias. O servizo que se vai a realizar será o de desinfección mediante camión pulverizador. Os produtos desinfectantes serán a cargo do concello de Arbo. As desinfeccións serán semanais e o contrato que ascende a 15.000,00€.

Según informes sanitarios, considérase que a forma de transmisión do virus entre humanos ocorre por un determinado tipo de pingas que se emiten ao tusir, falar ou respirar por parte dunha persoa infectada, e que polo seu tamaña e peso, están presentes en aerosois a distancias curtas e medias (a OMS recomenda unha distancia mínima de un metro e medio) e que tenden a depositarse sobre as supercies próximas, polo que ás principais vías de transmisión do virus son a vía aérea e a vía de contacto. Por este motivo, as aglomeracións que poden darse nos viais púbicos poden significar factores de risco engadido para o contaxio.

Horacio Gil, alcalde do Concello de Arbo, manifesta o seu agradecemento e orgullo por que durante ós difíciles momentos ofreceron a súa axuda, os voluntarios,  ás adegas, que puxeron a disposición do Concello os seus traballadores e a maquinaria precisa para poder desinfectar e limpar as rúas, as prazas, os parques…, chegando ao máximo de núcleos de poboación,  un traballo complicado, tendo en conta que Arbo é un concello rural con máis de 370 quilómetros de rede viaria e núcleos moi dispersos. Nestes momentos é tendo en conta que moitos de eses voluntarios traballan en adegas ou dedícanse a viticultura, e sendo a partires de agora a época de máis traballo neste sector, non poden seguir cumprindo con esta labor.

 

Durante toda a crise sanitaria e dende antes de decretarse o Estado de Alarma polo Goberno de España, o Concello de Arbo cumpriu con todo o establecido para controlar o COVI-19,  seguindo as medidas de prevención precisas coa finalidade de conter a propagación do virus e tratar de minimizar as afeccións no noso municipio, conseguíndoo cos nosos recursos e axudas doutros organismos, e anticipándonos sempre a  que a COVID-19 non afectase a Arbo, tal e como sucedeu.

 

Co todo o acontecido e como medida de prevención, dende un primeiro momento o Concello de Arbo, adoptou un protocolo de desinfección de rúas, beirarrúas, prazas e vías. Neste intres o Goberno de España e a Xunta de Galicia, nos seus decretos e ordes, asignan as responsabilidade de previr e adoptar as medidas necesarias fronte a  crise sanitaria aos concellos.

 

 

A época do ano na que nos atopamos fai que o desfrute das zonas de lecer, espazos públicos e que o tránsito polos viais municipais  sexa de máis afluencia polo que é necesario que se adopten polo Concello medidas de prevención que minimicen o risco de transmisión do SARS-CoV-2, de maneira que se poida facer un uso máis seguro dos lugares públicos pola poboación de Arbo e visitantes a noso pobo, informa o alcalde Horacio Gil. Co servizo de desinfección pretendese cumprir cos protocolos establecidos polo Goberno de España e a Xunta de Galicia, para a limpeza e desinfección de rúas, víais municipais e lugares onde se concentra maior aglomeración remata o rexedor,

 

Presentación proposta Arbense Distinguido 2020

 

O ALCALDE DE ARBO, PROPON AO POBO DE ARBO, COMO ARBENSE DISTINGUIDO 2020, POLO SEU COMPORTAMENTO EXEMPLAR NO COVID-19

  • O alcalde Horacio Gil, presenta a proposta de alcaldía ao Pleno da Corporación para nomear Arbense Distinguido 2020 o Pobo de Arbo
  • Foron momentos moi duros, de moito medo, pero no que todo o pobo de Arbo, demostrou que somos unha vila unida e esa unión foi o que fixo que o Concello de Arbo fora unha “Zona Cero
  • O Pleno do Concello de Arbo será encargado de aprobar o recoñecemento de Arbense Distinguido

o alcalde Horacio Gil, asinaba no día de onte, a proposta para o pleno de declarar aos veciños e veciñas de Arbo, a condecoración de Arbense Distinguido 2020 ao “Pobo de Arbo” por ser capaces entre todos de superar xuntos a crise sanitaria que afectou a Galicia, a España e a toda a humanidade en agradecemento e recoñecemento a súa exemplar actitude e comportamente nesta situación de excepción provocada pola pandemia do coronavirud e o Estado de Alarma

 

Dende o primeiro momento da declaración desta pandemia, o goberno municipal  de Arbo, puxo todos os seus esforzos e recursos humanos e económicos en tratar de salvagardar a seguridade e a saúde da veciñanza, sobre todo dos colectivos máis vulnerables, e amortecer o impacto económico provocado polo confinamento e a consecuente inactividade laboral.

 “Apostamos por unha xestión da crise sanitaria baseada na colaboración de todos os servizos dos que dispomos, colaborando coas forzas e corpos de seguridade, co exército e co persoal sanitario na procura de superar esta situación” afirma o alcalde de Arbo, Horacio Gil

Dende o o goberno municipal, sempre se foi conscientes do esforzo que supuña para todos e todas o mantemento das duras medidas que condicionaron de maneira extraordinaria o noso día a día, polo que dende o Concello queren  agradecer a todos os que durante estes difíciles momentos ofreceron a súa axuda, aos voluntarios, ás adegas, que puxeron a disposición do Concello os seus traballadores e a maquinaria precisa para poder desinfectar e limpar as rúas, as prazas, os parques…; aos costureiros e costureiras que participaron no programa “Tecendo Solidariedade en Arbo” que teceron máscaras reutilizables que se repartiron entre todos os arbenses; ao persoal dos supermercados e tendas de alimentación, das farmacias, dos quioscos, aos panadeiros, aos carniceiros, aos transportistas, aos taxistas, ao persoal das oficinas bancarias, aos agricultores, a toda a corporación municipal, ao persoal municipal dos diferentes servizos, aos servizos sociais e do SAD que desenvolveron as tarefas necesarias para que os colectivos máis vulnerables e as persoas maiores do noso concello dispuxeran das mellores condicións e non saíran das súas vivendas, facendo que para eles este confinamento fora o máis tranquilo e o máis levadeiro posible e tamén a todos aqueles traballadores e traballadoras de todos os sectores que conseguiron co seu esforzo, responsabilidade e espírito de sacrificio, que esta crise sanitaria fora máis soportable para todos.

Como alcalde, considero que desta nefasta epidemia de coronavirus poden extraerse moitas leccións e me gustaría destacar e por en valor o exercicio de responsabilidade e solidariedade dos veciños e veciñas de Arbo, que mesmo foi difícil de xestionar, un compromiso orientado cara á axuda desinteresada, arriscando moitas veces a súa propia saúde para poñerse a disposición das necesidades dos seus con veciños – manifesta o rexedor, que remata dicindo que “por todo isto, pola situación vivida, polo traballo realizado, pola responsabilidade á hora de acatar as normas e as restricións, pola dedicación, polo cariño mostrado, polo esforzo e valentía mostrado durante a pandemia o “Pobo de Arbo” merece o recoñecemento de “Arbense Distinguido” por ser capaces entre todos de superar xuntos a crise sanitaria que afectou a Galicia, a España e a toda a humanidade en agradecemento e recoñecemento o exemplar comportamento e actitude que tiveron durante toda esta situación de excepción provocada pola pandemia do COVID-19”

A declaración de Arbense Distinguido é o maximo recoñecemento que outorga a Vila de Arbo, Horacio Gil, quere render homenaxe a todo o esforzo que realizaron os arbenses tanto os que traballaron polas circunstancias profesionais, aos que estiveron en primeira linea para desenrrolar traballos de primeira necesidade, como os que se quedaron na casa, aos voluntarios e voluntarias....  un esforzo desmostrado durante todas as semanas de cofinamento, donde se demostrou estar a altura das dificiles circunstancias, unha Vila unida, forte e comprometida, iso demostrarono todos os arbenses.

No pleno que se realizará na vindeiras semanas, procederase á felicitación e recoñecemento polo plenario aos veciños e veciñas de Arbo por ser capaces entre todos de superar xuntos a crise sanitaria que afectou a Galicia, a España e a toda humanidade

O goberno do Concello de Arbo  procedera en virtude de dito recoñecemento a facer un acto público o vindeiro día 8 de Agosto, durante a Gala da Lamprea, para todos os veciños e veciñas de Arbo, donde ademais se colocara unha placa en recoñecemento da súa actitude e bo facer durante esta situación de crise sanitaria, que aínda a día de hoxe seguen mantendo.

 

Area de Comunicación do Concello de Arbo.  

APROBACIÓN BONIFICACIÓN 10% LIXO

APROBADA A BONIFICACIÓN DO 10% RECIBO DO LIXO

 

  • O Concello de Arbo impulsa unha bonificación do 10% para todos os veciños e veciñas de Arbo no recibo do lixo

 

  • Ao non presentarse reclamación durante o prazo de exposición o púbico tras publicación do anuncio no BOPPO, queda automáticamente elevado a definitivo o acordó da bonificación do 10% no recibo do lixo

 

 

En febrero do ano 2019 o Alcalde do Concello de Arbo solicitaba a aplicación de dita bonificación declarando asumir o compromiso de adoptar as medidas para trasladar, con efectos económicos, o importe equivalente ao da devandita bonificación ás persoas beneficiarias do servizo e de procurar unha redución de residuos medíante o mantemento ou a aprobación de novas medidas que fomenten a recollida selectiva, orientadas á prevención e redución da produción de lixo convencional ou ao fomento da reciclaxe dos envases lixeiros.

 

Con esta bonificación o Concello obtivo un aforro no canon a aboar a SOGAMA polas toneladas entregadas polo servizo municipal durante o ano 2019, aforro que se obterá tamén durante o 2020, e que se pretende trasladar aos usuarios do servizo a través dos recibos da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo emitidos durante o ano 2020, buscando así repercutir directamente dita bonificación no canon unitario nas persoas usuarias e beneficiarias  do servizo.

 

Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, tras publicación de anuncio no BOPPO nº de data 25.02.2020, queda automaticamente elevado a definitivo o acordo plenario de aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo co fin de trasladar aos usuarios o aforro logrado coa bonificación do 10% no canon de tratamento de residuos de SOGAMA, adoptado en sesión extraordinaria celebrada o día 20.02.2020

 

O alcalde do Concello de Arbo, destaca que esta modificación suporá un aforro no pago  do lixo é farase efectiva nos vindeiros recibos.  “Non é a primeira ordenanza que este goberno  modifica facendoa máis ventaxosa para os arbenses - así o traslada o rexedor Horacio Gil que asegura o seu compromiso cos veciños e veciñas de Arbo– “nos últimos anos dende a chegada deste goberno, modificouse a ordenanza da auga, piscinas municipais, I.C.I.O sempre pensando na economía, na creación de emprego e no benestar dos habitantes deste municipio “

Horacio Gil, prosigue:  “con estas medidas tamén se pretende reducir a cantidade de lixo que se bota ao colector xenérico, e promover a reciclaxe. Deste xeito darase un paso máis no compromiso de respectar ao medio ambiente e na concienciación municipal con respecto á importancia de actuar para reducir o volume de residuos que se xeran na actualidade”.

 

O Concello tamén repartiu nesta última semana 30 composteiros e pretende seguir repartindo máis entre a poboación arbense, para promover o compostaxe e o reciclaxe

 

Área de comunicación do Concello de Arbo

 

 

ENTREGA DE MANTEIS INDIVIDUAIS A HOSTALARIA PARA PROMOCIONAR ARBO

PROMOCIÓN DO MUNICIPIO DE ARBO, A TRAVÉS DE MANTEIS INDIVIDUAIS

 

  • Arbo prepara xa medidas e campañas para impulsar a recuperación do sector tras a crise do coronavirus e promocionar a tempada de  lamprea e a festa da  lamprea para o ano 2021

 

  • O Concello de Arbo, repartira manteis individuais entre os Restaurantes, Cafeterias, bares e Casas de Turismo Rurall de Arbo

 

  • Con esta entrega tamén se axuda ao sector turístico entregando manteis que según os protocolos marcados polas autoridades sanitarias son obrigatorios nos establecementos por non poderse utilizar a manteleria habitúal

 

O concello de Arbo, distribuíra nos vindeiro  días nos restaurantes, bares, cafeterias e casas de turismo rural  gardamanteis de papel individuais  para promocionar recursos turísticos, o patrimonio e as adegas de Arbo.

 

O Rio Miño, as Pesqueiras, o Viño e a Lamprea, conforman unha fonte de riqueza gastronómica, cultural e económica para todos os arbenses que no ano 2003 foi institucionalizada ao inaugurarse o Centro de interpretación do viño e a lamprea-ARABO.

 

A Festa da Lamprea e a Festa de Arbo, un motor na economía , que leva 60 edicións, xa que a lamprea forma parte da vida arbense desde fai séculos, como mostra, a presenza destacada deste peixe no  escudo e na bandeira. É a ensina de identidade máis querida e por esta razón os arbenses adicallen todos os  esforzos para consolidar a Festa da Lamprea como a primeira festa gastronómica de Galicia, a única do mundo na que se pode degustar este manxar posto en valor polas sabias mans dos cociñeiros e cociñeiras de Arbo que con tanta maestría interpretan nas súas diferentes variedades, rechea, seca, afumada, rebozada, asada, guisada con fideos e tirabeques, en empanada... e ata dun xeito propio, a raíña dos nosos fogóns, a recoñecida lamprea 'á arbense' e que se pode degustar nos Restaurantes e Casas de Turismo Rural de Arbo.

 

 

Estamos a traballar intensamente para o impulso de diversas accións que axuden ao sector turístico,  a mitigar os efectos da crise. Tras as reunións mantidas con este sector na presentación do plan de reactivación, acordouse entre outras medidas, a promoción cara a tempada de lamprea e a festa da Lamprea 2021 e a promoción en conxunto de todas as empresas que conforman o sector turistico de Arbo, informa o alcalde Horacio Gil. Nas reunións, acordouse, que as campaña en redes e medios de comunicación son necesarios,  para  promocionar Arbo como  destino turístico e os atractivos que o noso Concello pode ofrecer ao visitante,  para manter o seu recordo e posicionamento, e para que Arbo sega sendo o destino que se escolla para comer Lamprea, disfrutar do viño das adegas de Arbo, para practicar deporte de aventura no Rio Miño, participar nas actividades que organizamos o longo do ano ou de pasear polos nosos sendeiros – afirma Horacio Gil

 

Servizo Gratuito psicoloxico

ARBO OFRECE SERVIZO PSICOLOXICO TELEFONICO GRATUITO ANTE A CRISE DO CORONAVIRUS

  • O Servizo de Asesoramento Psicoloxico Individual e Familiar do concello de Arbo, atenderá ás persoas que o precisen, en especial ás máis vulnerables.
  • O servizo Gratuito, esta enmarcado dentro das medidas adoptadas polo concello de Arbo durante esta crise sanitaria

 

  • O Concello, tamén esta dando pautas e consellos aos país e nais a través das redes sociais co programa “O Rincon de país e Nais”

O Concello de Arbo pon a disposición dos veciños e veciñas de Arbo, o Servizo  de Asesoramento Psicolóxico individual e familiar municipal  para prestar asistencia psicolóxica TELEFONICA,  a aquelas persoas que o precisen, en especial ás máis vulnerables, e así  atender as consecuencias psicolóxicas derivadas das restricións do Estado de Alarma e da situación de emerxencia sanitaria polo coronavirus.

Este servizo de atención PSICOLOXICA TELEFONICA GRAUITA estenderase  durante o prazo no que se manteña o estado de alarma.  Para máis información deberán poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Arbo  a través dos teléfonos  986 66 50 00 -  627 459 808 ou   650 474 757

 

O Concello de Arbo, a través das redes sociais, puxo en marcha o programa “O Rincon dos Pais e Nais”, donde cada día se suben  consellos,  pautas  ou recomendacións para os país e nais dos cativ@s arvenses, que nestes días están vivindo unha situación moi difícil e en moitos casos incomprensibles por eles. 

O esforzo humano,  o traballo deste goberno municipal e a mobilización dos recursos municipais está sendo moi intenso para o coidado das persoas máis vulnerables e, por suposto, as nosas persoas maiores e dependentes son unha das prioridades absolutas – manifesta o alcalde Horacio Gil

 

Area de Comunicación do Concello de Arbo

 

Reparto das primeiras 1000 mascarillas cositas polos arbenses

ARBO REPARTE MASCARILLAS  ENTRE A POBOACIÓN CONFECCIONADAS POR VOLUNTARIAS ARBENSES.

 

  • Os veciños e veciñas de Arbo, comezaron a recibir as primeiras mascarillas gratis na súa casas
  • Estas mascarillas están destinadas a atender as necesidades do noso Concello, para toda a poboación e de todos aqueles colectivos ou asociación da comarca que o precisen.

 

  • TECENDO SOLIDARIEDADE EN ARBO, porque Arbo é unha vila Solidaría

 

 

Ante o aumento da demanda de material de protección contra o Coronavirus e das dificultades para conseguir e cubrir as necesidades existentes que hai do mesmo tanto en Arbo como en toda España, o Concello de Arbo puxo en marcha unha iniciativa coa colaboración veciñal para a confección mascarillas reutilizables, a partir de tea de uso sanitario financiado polo Concello de Arbo.  

 

Dende o pasado xoves día 16 de abril as primeiras 1000 mascarillas confeccionadas polos veciños e veciñas de Arbo que participan no programa “Tecendo Solidaridade en Arbo”, estanse a repartir entre os colectivos máis vulnerables.  A medida que se vaian confeccionando máis seguiran repartindose ata cubir todas as necesidades dos arbenses.

 

Estas mascarillas estan destinadas a atender as necesidades do noso Concello e de todos aqueles colectivos ou asociación da comarca que o precisen.

 

Para  levar a cabo este proxecto, o Concello achegará as teas á casas dos veciños e veciñas que o soliciten, e será tamén o propio Concello o encargado de recoller o material rematado. Se alguén se quere anotar todavía esta a tempo, chamando o teléfono 986 66 50 00 de luns a venres de 9 a 14:00 horas ou enviar un correo a oficinas.concellodearbo@gmail.com

 

Horacio Gil, alcalde de Arbo, O programa “Tecendo Solidariedade en Arbo”, unha iniciativa do Concello de Arbo e  financiada con fondos propios e levada a cabo grazas á colaboración veciñal da que forman parte máis de 40 costureiras arbenses. Este programa esta sendo un éxito e én 5 días, conseguiron tecer 1000 mascarillas, que xa se empezaron a repartir entre os colectivos máis vulnerables – informa Horacio Gil. Este colectivo veciñal, esta a deseñar un patrón para coser tamén para os máis cativos de Arbo. Como alcalde e veciño de Arbo, reitero o meu orgullo de representar ás veciñas e veciños desta vila, que unha vez máis demostran a súa solidariedade nun tempo tan complicado como é esta crise sanitaria – Remata dicindo o alcalde.

 

Area de Comunicación do Concello de Arbo

Sevizo Gratuito de Taxi

SERVIZO DE TAXI GRATUITO PARA LOITAR CONTRA O CORONAVIRUS

 

  • O Concello de Arbo dende o pasado mes de marzo, ofrece servizo gratuito de taxis para os arbenses que o precisen.

 

  • O Servizo de taxi gratuíto, segue en activo ata que a crise sanitaria dure.

 

  • Os gastos deste servizo será asumido polo Concello de Arbo, con cargo os seus orzamentos.

Unha vez decretado o Estado de Alarma polo goberno do Estado dende o 14 de marzo ata o 11 de abril de 2020, e para dar cumprimento por parte do Concello de Arbo a Atención Domiciliaria que xurde ante a crisis polo Covid-19 e facilitar aos colectivos máis vulnerables, como son as persoas maiores, o Concello de Arbo puxo en Marcha o Servizo de Taxis Gratuito para aqueles que o precisen.

 

Para as persoas de máis de 70 anos ou que se atopen nunha especial situación de vulnerabilidade, por resolución da alcaldía procedeuse a comunicar a todos/as os/as taxistas de Arbo  que esten dispoñibles de maneira GRATUITA, para  realizarlles a compra nos supermercados máis cercanos e nas farmacias do Concello e levarllo as súa vivendas.

Os gatos ocasionados polo servizo de taxis serán asumidos polo Concello de Arbo, con cargo aos seus orzamentos

 

Somos conscientes do esforzo que supón para todos e todas o mantemento de duras medidas que seguen a condicionar de maneira extraordinaria o noso día a día. Este esforzo sigue a ser hoxe máis necesario ca nunca, especialmente, polas persoas máis vulnerables, polos nosos maiores. Eles construíron o Arbo que coñecemos e desfrutamos, superando tempos moi difíciles, adversidades e traballando arreo, con escasos recursos e pasando moitas necesidades- manifesta o alcalde do Concello Horacio Gil, e así o reflexou no comunicado trasmitido aos  veciños e veciñas de Arbo. - Hoxe, cando deberían estar desfrutando do merecido descanso e de todo o conseguido, están a sufrir o ataque despiadado deste virus. É a nosa responsabilidade protexelos- remata Horacio Gil, que ademais  pide que se leven a cabo as medidas aplicadas polas autoridades sanitarias, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.

 

Area de Comunicación do Concello de Arbo

 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011