Convenio para a mellora do camiño de Merelle

 ARBO, ASINA UN CONVENIO COA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE INFRAESTRUTURA RURAL

  • Concello de Arbo, asína un convenio de cooperación coa Conselleria do Medio Rural para a realización de obras de infraestructura Rural na parroquia de Cabeiras
  • As obras seran financiadas, contratadas e executadas pola Xunta de Galicia

O concello de Arbo considera necesaria a execución da obra de  infraestrutura rural “Mellora de accesos en Merelle - Vilaseca (Cabeiras)”, con destino ao uso ou servizo público, sen que por este concello se poida acometer a súa execución por razóns orzamentarias. A Consellería do Medio Rural , en uso das súas competencias, coincide co Concello no uso público da obra, polo que se asinaba un convenio entre ambas administracións, por un importe de 38.709,50 €.

 

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Arbo, co obxecto de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas no medio rural, vén de determinar as actuacións a realizar en Arbo,

O goberno local, contemplará proxectos que teñan que ver coa dinamización da base produtiva do medio rural, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a fixar poboación- informa o rexedor Horacio Gil

O convenio asinado entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2021, e permanecerá vixente ata o remate da actuación contemplada no mesmo, a comunicación da recepción das obras ao Concello e a formalización da acta de entrega.

Mellora na Capela de San Pedro

MELLORA NO ENTORNO DA CAPELA DE SAN PEDRO

  • Concello de Arbo, acometerá obras no entorno da Capela de San Pedro
  • O importe das obras ascenden a 6.277,96 € (IVE 21% incluído).
  • As obras serán financiadas pola Deputación Provincial e con Fondos propios do Concello de Arbo.

O Concello de Arbo, recibe unha achega para as obras de  “Mellora de pavimentación do entorno da Capela de San Pedro ”, tras resolución de concesión de Subvención da Deputación provincial de Pontevedra na Xunta Local de data  4 de decembro de 2o2o, concederlle ao Concello de Arbo a través da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2o2o.

 

A  memoria técnica redactada polo Sr. Arquitecto Asesor Municipal D. Teodoro de Francisco Antes, serviu de base para a petición da subvención,  e no que se fixa como orzamento da referida actuación o importe de 6.277,96€.- € (IVE   do 21% incluído que ascende a  1.089,96 €).

 

Por medio da presente intervención, ponse en valor a Capela e o seu  entorno próximo, xa  que tratase da zona máis antiga de Arbo.  Retirarase o aglomerado asfáltico e colocarase pedra deixando unha franxa de quince centímetros no entorno coas paredes. Farase unha recollida de pluviais e conducirase ata o rergo existente. As obras serán contratadas e comezarán no mes de xaneiro do 2021.

 

Coas obras proxectadas pretendese  conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construcións tradicionais,  e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes,  así como mellorar a súa funcionalidade e fomentar o seu uso e mantemento.

Rematadas as obras no Muiño de San Xoan

REMATADAS AS OBRAS DO MUIÑO DE SAN XOAN

  • O Muiño de San Xoan presentou diverso danos producidos por actos vandalicos
  • As obras ascenderon a 15.651,25 euros e foron acometidas por unha empresa local .

Os danos que presentaba o inmoble foron causados por actos vandálicos, dos que se descoñece o autor ou autores.  O Estado do Muiño de San Xoan era lamentable, os intrusos prederon lume no interior o que produxo que as  madeiras se queimaran,  romperon cristais e xanelas, chans e teitos de madeira coa capa de verniz queimada e afumadas, porta de entrada destrozas,  etc...

 

O Muiño, esta situado o carón da Ponte Románica de San Xoan  un dos lugares máis emblemáticos de Arbo  e que foi , restaurada polo Concello de Arbo no ano 2017 – informa o rexedor Horacio Gil- é con estas obras de rehabilitación recuperase un dos elementos situados nunha das zonas co patrimonio máis importante de Arbo

O deterioro que estaba sufrindo podía afectar a estrutura do inmoble,  o que suporía unha perda  moi importante para o patrimonio  etnolóxico arbense, xa que dito  muiño  data do século XV, que ademáis esta o caron da Ponte Romanica de San Xoan.

Esta actuación foi financiada ao 100% con cargo aos fondos propios do Concello, tras ingreso da compañía aseguradora realizado o día 1 de abril de 2020, que deu lugar ao correspondente expediente de contratación, que se viu parado polo Estado de Alarma.

Os perigos que se apreciaban na zona eran evidentes, e, aínda que o Concello  adoptráu as medidas necesarias de seguridade, poñendo enreixado para evitar o acceso ao mesmo e sinalando a zona, foron varias as ocasións nas que as mesmas estaban movidas ou desapareceron do lugar.

Remate obras Palco de San Benito

O PALCO DE MÚSICA DE SAN BENITO, RECUPERA A SÚA ESTETICA

  • O Importe do contrato  ascendeu a:  10.151,30 € (IVE incluído do 21% )
  • As obras foron financiadas pola Deputación de Pontevedra, polo Obispado de Tui e polo Concello de Arbo.

O Palco de San Benito, atopase nun lugar privilexiado, no entorno da Igrexa de Santa María de Arbo, uns dos altos do concelo do municipio arbense, desde donde podemos disfrutar das vistas de parte do territorio de Arbo e a Vila veciña MelgaÇo-Portugal

As obras Tiveron   como obxectivo principal a restauración do referido palco, para devolver a este elemento arquitectónico unha cuberta digna, conservando os seus elementos orixinais e reparando os que estean afectados por algunha patoloxía e sexan recuperables, substituíndoos en caso necesario por outros de igual deseño que os orixinais,  e sobre todo eliminando os engadidos ou transformacións sufridas que desvirtúan a súa imaxe, para garantir a súa durabilidade e mantemento.

As actuacións, centráronse sobre todo na parte máis dañada, que se atopaba totalmente atacadda pola corrosión, polo que foi necesaria a retirada coompleta para a súa posterior restauración, seguindo o esquema da sustentación orixinal.

O importe das obras ascenderon a 10.151,30 €.- que financiadas  coa achega da Deputación de Pontevedra que concedeu ao  Concello de Arbo unha subvención por importe de 4.031,77, así como  pola Diocese de Tui-Vigo  dacordo o convenio asinado o día 28.09.2020 onde esta última se compromete a colaboración no financiamento da actuación no importe de 3.500,00 euros e o concello que achegaou  dos propios fondos municipais 2.619,53  euros, e foi unha empresa local a encargada das obras de restauración e mellora do entorno do Palco de San Benito, na parroquia de Arbo.

Aprobación convenio mellora estrada barrio da Estación

 

O CONCELLO DE ARBO APROBA O CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A MELLORA DA ESTRADA DA ESTACIÓN EN ARBO

  • O pleno do Concello de Arbo en sesión de data 5 de novembro aproba  o  Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165 e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”.

 

  • O importe da obra ascende a  663.204,03 € (IVE 21% incluído) do que a Deputación achega 464.242,82 €  (70%), e o  Concello de Arbo 198.961,21 € (30%)

 

 

O Pleno do Concello de Arbo, na sesión extraordinaria de data 5 de novembro, aproba o   convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165 e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”, recibido o día 30.09.2020 (R.E. núm. 982).

 

A actuación reflexada na memoria redactada en febreiro de 2020, cun orzamento  de 663.204,03 € (IVE 21% incluído),  se pretende humanizar a rúa nos treitos comprendidos entre a Estación de FFCC e a estrada PO-405, así como o que descorre fronte á capela de San Antonio, todo o cal mellorará notablemente a seguridade viaria na zona do proxecto e no seu entorno.

 

“As obras desenvólvense entre a rúa da Estación, entre a estación de ferrocarril de Arbo e a estrada PO-405,  tamén inclúe o tramo que vai fronte á capela de San Antonio. Actualmente as beirarrúas están feitas con baldosas hidráulicas no primeiro tramo, ata o cruzamento existente que leva ao

á esquerda cara á estrada PO-405, onde as beirarrúas son de formigón e á dereita cara á Capela de San Antonio, onde non hai beirarrúas. Os pavimentos están en mal estado en xeral.”

 

O proxecto resólvese coa dotación dun recorrido peonil en toda a lonxitude da actuación e cun ancho suficiente para o tránsito de persoas. Ademais renovaranse as redes de abastecemento, saneamento e alumeado e dotarase de canalizacións para o soterramento do cableado. Ademais está prevista a construción de dous pasos peonís sobreelevados, co obxecto de reducir a velocidade dos vehículos.

 

O convenio establece que as obras serán financias pola Deputación no importe de 464.242,82 €  (70%), e polo Concello de Arbo no importe de 198.961,21 € (30%) . As obras serán licitadas, dirixidas, executadas e recibidas polo Ente Provincial.

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011