REMATADAS OBRAS DE MELLORA DO CAMIÑO SAN BENITO
REMATE DAS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN NO ENTORNO DO CRUCEIRO DE SELA
Rematadas as “Obras de mellora da pavimentación no entorno do cruceiro de Sela”, tras subvención concedida no importe de 3.022,02 euros por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, atopado na sesión do 1 de xullo de 2022, de acordo coas bases para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022.
Esta actuación conta con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, no importe de 3.022,02 euros en virtude de acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de 1 de xullo de 2022, recibido o 06.07.2022; asumindo o Concello con cargo a fondos propios o importe restante de 3.255,94 €.
O Concello de Arbo presenta 2 novas accións dentro dos programas do Convenio asinado coa Asociación Érguete, para por en marcha o “ Programa de Prevención da Drogodependencia e outras conductas aditivas 2023”.
“Falemos de adolescencia” : para todos os pais e nais que teñan fillos nesas idades e queiran formarse e resolver dubidas nesta etapa.
“Formación en adiccións para profesionais”: para aquelas persoas que traballan especialmente con adolescentes, como asociacións, profesorado ou servizos sociais dos concellos.
Este novo servizo de prestación agrupada cos Concellos de Crecente, A Cañiza e Melón, permite por en marcha esta nova unidade, cubrindo unha poboación de 10.810 habitantes, e que vai dirixido a toda a comunidade en xeral, en especial a adolescencia e as súas familias, a través de diferentes actuacións.
O CONCELLO DE ARBO ESTENDERÁ ESTE CURSO A GRATUIDADE DO P.A.I
PLAN CONCELLOS 2023 - PROGRAMA DESTINADO Á AMORTIZACIÓN DE DÉBEDAS CON ENTIDADES FINANCEIRAS, ACREDORES DE GASTO CORRENTE E INVESTIMENTOS E FINANCIAMENTO DE GASTO CORRENTE DERIVADO DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS MUNICIPAIS E/OU DERIVADO DA REALIZACIÓN DE ACTOS CULTURAIS, DEPORTIVOS, SOCIAIS, ETC NÚMERO DE EXPEDIENTE: 2023005272 DENOMINACIÓN DA ACTUACIÓN: “GASTO CORRENTE PAGO SOGAMA” BENEFICARIO: Concello de ARBO ASUNTO: Concesión de subvención; compromiso de gasto que importa 10.428,97 euros
O Concello de Arbo, recibe unha achega da Deputación de Pontevedra por importe de 15.702,62 euros no marco da convocatoria das axudas económicas a entidades locais da provincia de Pontevedra para realizar actuacións de emerxencia que garantan o abastecemento de auga potable domiciliaria ante a situación de seca, publicada no BOPPO nº 174 de 12 de setembro de 2022.
CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE ARBO PARA AS OBRAS DE MELLORA DO CAMIÑO DO CEA E CAMIÑO DE TEIMENDE
O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA PARA A “URBANIZACIÓN DO CAMIÑO DA BOUZA”.
O CONCELLO DE ARBO ACOMETERÁ OBRAS DE “HUMANIZACIÓN DO CAMIÑO SAN BENITO
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011