P.A.I
P.A.I. (Punto de Atención á Infancia)
O servizo do P.A.I. mantense aberto dende febreiro de 2005, durante todo o ano agás o mes de agosto.
A localización do PAI permite un fácil acceso aos vehículos e aos usuarios do mesmo, estando a 3 km do centro do concello, na parroquia de Barcela.
Os obxectivos máis importantes que se plantexaron dende un principio e que se seguen mantendo son:
- Facilitar a inserción ao mercado laboral dos proxenitores.
- Conciliar a vida laboral e familiar.
- Favorecer a socialización dos nenos e nenas.
FUNCIÓNS DO CENTRO
O Punto de Atención á primeira Infancia cumpre as seguintes funcións:
- Función social, xa que favorece a conciliación entre a vida familiar e laboral.
- Función asistencial, cubrindo as necesidades físicas dos nenos e nenas a través da adquisición e do desenvolvemento dos seus primeiros hábitos. Tamén se atenden as necesidades puntuais e aqueles casos nos que concorran situacións ou circunstancias que lles impidan ás familias o seu coidado
- Función educativa, ofrecendo aos nenos e ás nenas un entorno de aprendizaxe, socialización e estimulación idóneo para o desenvolvemento integral das súas capacidades.
PROGRAMAS E ACTIVIDADESO centro conta cunha programación diaria de actividades, que se vai confeccionando e adaptando aos cambios que van xurdindo dependendo das necesidades dos cativos, das idades dos mesmos, e do número deles en cada grupo de idade ( de 0 a 1 ano, de 1 a 2 anos, e de 2 a 3 anos). Tendo en conta que so contamos cun aula para todos.
Utilízanse os Rincóns de actividades: Trátase de organizar a clase por zonas, o que fai posible a participación activa dos nenos e as nenas na construción dos seus coñecementos,
Outras actividades que se realizan no centro están relacionadas coas festas do Nadal, o Entroido, as estacións do ano, ou as propias festas do concello.
Ademais, hai que ter en conta as actividades relacionadas co aprendizaxe propio da súa idade, coma: control de esfínteres, gatexar ou camiñar, etc.; ou coa adquisición de hábitos de hixiene, de sono ou de comida.
MEDIOS TÉCNICOS E FINANCIEROS-O P.A.I. conta cos medios necesarios para o adecuado funcionamento das instalacións existentes. O propio persoal técnico do concello encárgase do mantemento cando é posíbel, ou envíase ao persoal especializado.
O financiamento do P.A.I., recíbese a través dunha subvención da Xunta de Galicia, da achega do Concello e das achegas dos pais e nais durante todo o ano polo servizo prestado.
USUARIOS Os usuarios deste servizo, tal e como se establece na actual normativa, son menores comprendidos entre os 3 meses e os 3 anos de idade.
O P.A.I. conta cun total de 20 prazas.
Dende o 2010 comezouse a aplicar Regulamento no referente á reserva de prazas, abrindo este período de reserva no mes de marzo, de cara o seguinte curso.
Alcánzase unha media ao longo do ano de case 17 nenos/as.