Obras acceso Couto - As Laxas

ARBO DESTINA 38.000 EUROS PARA ÁS OBRAS DE ACCESO COUTO AS LAXAS

  • Concello de Arbo contrata as obras de “Acceso Couto a  As Laxas”,  tras resolución de concesión de Subvención da Axencia Galega de  Desenvolvemento Rural dacordo coa resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento  Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de  Galicia 2014 – 2020
  • O importe das obras ascende a 38.102,90 €.- (IVE 21% incluído).
  • Despois do proceso de licitación e adxudicación as obras comezaron e o prazo de execución de 3 meses 

Á vista do expediente que se tramitou ante a Axencia Galega de  Desenvolvemento Rural dacordo coa resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento  Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de  Galicia 2014 – 2020 para “Acceso Couto – As Laxas”, cun orzamento total de 38.102,90 €.- (IVE do 21% incluido) o Concello de Arbo, recibia da Consellería de Medio Rural comunicación da concesión de subvención o pasado 16 de xullo para a mellora do Camiño de As Laxas.

Mellorar as infraestruturas de comunicación municipais que serven de acceso a distintas localidades do municipio, co obxectivo de favorecer as condicións de transito e seguridade viario, e deste modo, proporcionar mellora calidade de vida aos habitantes, contribuír a evitar a  despoboación e fomentar a actividade económica.

 

 

A Roza do terreo, demolición e realización do movemento de terras necesario, escavacións e terraplenados, así como a carga e transporte do material sobrante a entulleira. Execución de  muros de cachotería, realización de cunetas  formigonadas nos tramos sinalados nos planos, ampliación do vial e posteriormente aglomerado en quente  e pintado do eixo e colocación de barreiras de seguridade, son algunhas das obras que constan na memoria do proxecto.

CONCESIÓN SUBVENCIÓN PLAN CONCELLOS 2021 - LIÑA 1 - INTESTIMENTOS

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 9 de abril de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

"CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE ARBO NO PLAN CONCELLOS 2021 - LIÑA 1-INVESTIMENTOS, CON DESTINO AO FINANCIAMENTO DA ACHEGA MUNICIPAL DO CONVENIO DE COLABORACIÓN DA ACHEGA MUNICIPAL DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE ARBO DO INVESTIMENTO "MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NA EP 5202 DO PQ 1+100 AO 1+165 E NA EP 5203 DO PQ 1+150 AO 1+529" 

Convenio para a mellora do camiño de Merelle

 ARBO, ASINA UN CONVENIO COA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE INFRAESTRUTURA RURAL

  • Concello de Arbo, asína un convenio de cooperación coa Conselleria do Medio Rural para a realización de obras de infraestructura Rural na parroquia de Cabeiras
  • As obras seran financiadas, contratadas e executadas pola Xunta de Galicia

O concello de Arbo considera necesaria a execución da obra de  infraestrutura rural “Mellora de accesos en Merelle - Vilaseca (Cabeiras)”, con destino ao uso ou servizo público, sen que por este concello se poida acometer a súa execución por razóns orzamentarias. A Consellería do Medio Rural , en uso das súas competencias, coincide co Concello no uso público da obra, polo que se asinaba un convenio entre ambas administracións, por un importe de 38.709,50 €.

 

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Arbo, co obxecto de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas no medio rural, vén de determinar as actuacións a realizar en Arbo,

O goberno local, contemplará proxectos que teñan que ver coa dinamización da base produtiva do medio rural, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a fixar poboación- informa o rexedor Horacio Gil

O convenio asinado entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2021, e permanecerá vixente ata o remate da actuación contemplada no mesmo, a comunicación da recepción das obras ao Concello e a formalización da acta de entrega.

Mellora na Capela de San Pedro

MELLORA NO ENTORNO DA CAPELA DE SAN PEDRO

  • Concello de Arbo, acometerá obras no entorno da Capela de San Pedro
  • O importe das obras ascenden a 6.277,96 € (IVE 21% incluído).
  • As obras serán financiadas pola Deputación Provincial e con Fondos propios do Concello de Arbo.

O Concello de Arbo, recibe unha achega para as obras de  “Mellora de pavimentación do entorno da Capela de San Pedro ”, tras resolución de concesión de Subvención da Deputación provincial de Pontevedra na Xunta Local de data  4 de decembro de 2o2o, concederlle ao Concello de Arbo a través da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2o2o.

 

A  memoria técnica redactada polo Sr. Arquitecto Asesor Municipal D. Teodoro de Francisco Antes, serviu de base para a petición da subvención,  e no que se fixa como orzamento da referida actuación o importe de 6.277,96€.- € (IVE   do 21% incluído que ascende a  1.089,96 €).

 

Por medio da presente intervención, ponse en valor a Capela e o seu  entorno próximo, xa  que tratase da zona máis antiga de Arbo.  Retirarase o aglomerado asfáltico e colocarase pedra deixando unha franxa de quince centímetros no entorno coas paredes. Farase unha recollida de pluviais e conducirase ata o rergo existente. As obras serán contratadas e comezarán no mes de xaneiro do 2021.

 

Coas obras proxectadas pretendese  conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construcións tradicionais,  e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes,  así como mellorar a súa funcionalidade e fomentar o seu uso e mantemento.

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011