Pavimentación entorno Capilla de San Juan

Obras de Pavimentación entorno Capilla de San Juan 

O Concello de Arbo Contrata as obras de “Pavimentación entorno Capilla San  Juan”, tras resolución de concesión de Subvención da Deputación provincial de Pontevedra-  Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencias municipal para a anualidade 2020, dentro da liña 1 – Investimentos

Esta actuación conta con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra, no importe de 45.000,00 €  en virtude de Resolución de data 06.04.2020, recibida o 17.04.2020.

O entorno da capela de San Xoán atopase moi deteriorado, é por iso que o Concello de Arbo, pretende levar a cabo unha serie de actuacións que permiten unha mellor accesibilidade a capela e o seu entorno, coidando as condicións estéticas da mesma.

 

Coas obras proxectadas pretendese evitar situación de perigo, polo que se proxecta a execución dunha pavimentación do ámbito acorde o entorno existente.  Para elo se propoñen dous tipos de actuación, con dous tratamentos superficiais distintos. As obras fundamentais son a limpeza do ámbito, retirada da capa de formigón do entorno cércano a capela e a colocación de adoquín ou enlosado de granito país, colocación de bancos e dunha varanda de protección nas escaleira de acceso peonil.

 

AS OBRAS A REALIZAR

As obras a realizar segundo memoria técnica  redactada polo Sr. Arquitecto Municipal  D.  Teodoro de Francisco Antes, son as seguintes:

 

CONCEPTO

MEDICION

PRECIO

TOTAL

M2 de levantado y retirada del pavimento existente y suministro y colocación de adoquín de piedra sobre garbancillo totalmente compactado y rejuntado en el frente y entorno de la capilla.

 

136,00

54,62 €/m2

7.428,32 €

M2 de levantado y retirada del pavimento existente y ejecución de solera de hormigón de 10 cm de espesor realizada con hormigón H25 elaborado en central, con mallazo 15x15x5, realización de juntas y terminado ruleteado.

 

872,00

220,00€/m2

17.440,00 €

Ml de suministro y colocación de bordillo de hormigón, colocado sobre base de hormigón no estructural, rejuntado con mortero de cemento.

 

68,00

16,79 €/m

1.141,72 €

Ml de suministro y colocación de barandilla de acero inoxidable AISI 304 de 100 cm de altura, compuesta de pasamanos de 50 mm de diámetro sujeto a montantes verticales de 40x40 mm y entrepaño de 3 barrotes macizos horizontales soldados a los montantes para escalera recta de un tramo, fijada mediante anclaje mecánico con tacos de nylon y tornillos de acero.

 

10,00

126,05 €/m

1.260,50 €

Ud de suministro y colocación de banco con soportes de fundición de hierro dúctil, esmalte sintético o pintura en polvo (tipo jorja) y 5 listones de madera de Guinea de 1800x100x30 mm color avellana. Anclaje mediante empotramiento (4 tornillos DIN933 M10 X 100).

 

4,00

230,99 €/ud

923,96 €

Gestión de residuos

 

 

 

2.687,50  €

 

Seguridad y Salud

 

 

 

          370,10  €

 

TOTAL PRESUPUESTO

 

 

 

    31.252,10 €

 

Gastos Xerais13%

 

 

 

 4.062,77 €

 

Beneficio Industrial 6%

 

 

 

 

 

 

1.875,13  €

 

TOTAL PRESUPUESTO EXECUCION MATERIAL

 

 

 

37.190,00 €

 

IVA 21%

 

 

7.810,00  €

 

TOTAL PRESUPUESTO EXEC. POR CONTRATA

 

 

 

45.000,00 €

 

 

Reparación Muiño de San Xoan

AS OBRAS DE REPARACIÓN  DO MUÍÑO DE SAN XOÁN COMENZARAN NOS VINDEIROS DÍAS

  • O Muiño de San Xoan presentou diverso danos producidos por actos vandalicos
  • As obras ascenden a 15.651,25 euros e será unha empresa de Arbo a encargada de realizar a reparación.  
  • O Muiño, esta situado o carón da Ponte Románica de San Xoan  un dos lugares máis emblemáticos de Arbo  e que foi , restaurada polo Concello de Arbo no ano 2017.

Os danos que presenta o inmoble foron causados por actos vandálicos, dos que se descoñece o autor ou autores.  O Estado do Muiño de San Xoan e lamentable, os intrusos prederon lume no interior o que produxo que as  madeiras se queimaran,  romperon cristais e xanelas, chans e teitos de madeira coa capa de verniz queimada e afumadas, porta de entrada destrozas,  etc...

O deterioro que esta sufrindo pode afectar a estrutura do inmoble,  o que suporía unha perda  moi importante para o patrimonio  etnolóxico arbense, xa que dito  muiño  data do século XV e, a súa vez,  tamén fixo de serradoiro.

Esta actuación conta con financiamento ao 100% con cargo aos fondos propios do Concello, tras ingreso da compañía aseguradora realizado o día 1 de abril de 2020, que deu lugar ao correspondente expediente de contratación, que se viu parado polo Estado de Alarma.

Mellora e ampliación Camiño de Esmoriz-Arbo

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA PARA A MELLORA E AMPLIACIÓN CAMIÑO DE ESMORIZ-ARBO

A Xunta de Goberno Local da Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 17 de abril de 2020 adoptou entre outros o acordo de concesión de Subvención ao Concello de Arbo na Plan Concellos 2020 Liña 1 -Investimentos con Destino ao financiamento do Investimento "Mellora e Ampliación Camiño de Esmoriz - Arbo"

As actuacións propostas neste proxecto pódense clasificar como obras de saneamento e pavimentación. Poderían englobarse aquelas que perseguen a conexión de saneamento e mellorar a pavimentación.

Proxétase un colector de 305 metros de gravidade para a rede de residuos, empregando un tubo compacto de PVC tipo SN4 de Ø 315 mm, soterrado en fosa cavada no leito de area, ata a conexión con pozos, 10 pozos prefabricados de HM. Medio cano formado por medio tubo de formigón d = 30cm sobre base de formigón para mellorar a drenaxe e o rego.ç

Está previsto que a ampliación da estrada existente e a execución de 4 metros sexan 1,5 metros muros de cachotería cunha altura media de 2 metros, a reposición  de peches de bloque e malla. Para salvar o depósito  de auga existente, están previstos catro piares con estribos e unha lousa de formigón, pavimentando o camiño con mestura bituminosa quente de 5 cm (AC16 SURF 50/70 S) con unha lonxitude de 385 metros por un ancho medio de 4,00 metros.

A acción abrangue a zona indicada nos planos, deixando rematadas  as conexións coas actuais redes de abastecemento e saneamento de Arbo, co fin de conseguir un todo harmonioso e interconectado.

O importe do contrato ascendería á cantidade de 123.544,75 €   (IVE incluido do 21% que ascende a 21.441,65 €).

 

Colocación de Contenedores

Arbo, 23 de abril de 2020
 
O Concello de Arbo, segue colocanto contenedores por todas as parroquias, para seguir fomentando a recollida de papel-carton e envases de plático.
 
O Concello de Arbo está a detectar un uso inadecuado dos CONTENEDORES VERDES, con vertidos de aparellos, produtos metálicos, madeira... Así como tamén, depósitos de materiais en plena rúa ou nas beirarrúas.
 
Esta condutas, PODEN SER OBXECTO DE SANCIÓN, polo que agradecemos se faga un uso adecuado deste servizo.
 
RECORDAMOS O DEBER DE USAR BOLSA PARA DEPOSITAR O LIXO NOS CONTENEDORES.

 

Comunicado alcalde do Concello de Arbo

Queridos veciños e veciñas de Arbo:

Nestes tempos  complicados pola grave crise sanitaria que atravesa España, Galicia e Arbo a causa da pandemia do coronavirus COVID-19, como alcalde e veciño,  quero expresarvos o meu orgullo pola resposta que estades a dar ante as severas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, pola  Xunta de Galicia e polo Goberno de España, medidas moi duras para vos e para mín.

Estamos a dar exemplo de organización e de cumprimento estrito de cada orde que recibimos, actuando con lealdade e seguindo as medidas de prevención precisas coa finalidade de conter a propagación do virus e tratar de minimizar as afeccións no noso municipio. Para elo debemos seguir cumprir do estritamente as recomendacións, evitando ao máximo saír dos nosos domicilios.   Entre todos podemos conseguir  que este virus non se propague na nosa area de influencia.

Estamos nun momento  excepcional para demostrar, unha vez máis,  a madurez como sociedade e a responsabilidade como individuos a favor do interese xeral, da solidariedade e da unidade.

Quero agradecer sinceramente a todos os que durante estes difíciles momentos ofreceron e ofrecen a súa axuda, os voluntarios,  ás adegas, que puxeron a disposición do Concello os seus traballadores e a maquinaria precisa para poder desinfectar e limpar as rúas, as prazas, os parques…, chegando ao máximo de núcleos de poboación,  un traballo complicado, tendo en conta que Arbo é un concello rural con máis de 370 quilómetros de rede viaria e núcleos moi dispersos; ao persoal dos supermercados e tendas de alimentación, das farmacias, dos quioscos, aos panadeiros, aos carniceiros, aos transportistas, aos taxistas, ao persoal das oficinas bancarias,  aos agricultores e aos adegueiros,  a toda a corporación municipal, ao persoal municipal dos diferentes servizos, aos servizos sociais e do SAD que están a desenvolver as tarefas necesarias para que  os colectivos máis vulnerables e as persoas maiores do noso concello dispoñan das mellores condicións e non saían das súas vivendas, facendo que para eles este confinamento sexa o máis tranquilo e o máis levadeiro posible  e  a todos aqueles traballadores e traballadoras de todos os sectores que conseguen  co seu esforzo, responsabilidade e espírito de sacrificio, que esta crise sanitaria sexa máis soportable para todos.

Non podo deixar de mostrar o meu máis profundo agradecemento á labor desenvolvida polo persoal sanitario na súa loita por protexer e salvar as vidas de milleiros de afectados, antepoñendo sempre a saúde dos pacientes fronte á súa propia.

Tampouco quero esquecer ás forzas e corpos de seguridade do Estado e ao Exercito, que sempre están onde e cando teñen que estar, preto da cidadanía nos momentos que máis se necesitan e recordando a necesidade de cumprir as normas, que son a mellor garantía para a seguridade e benestar de todos.

O Concello de Arbo, unha vez superada a crise sanitaria valorará xunto con todos os sectores máis afectados,  con toda a corporación, cantas iniciativas sexan necesarias para que dentro das posibilidades e competencias municipais, podamos axudar e dinamizar os recursos locais, para favorecer a recuperación e reactivación económica do noso concello.

Traballamos dende o primeiro momento, adoptando as medidas necesarias para axilizar ao máximo o pago aos provedores, para colaborar coa continuidade da súa actividade empresarial, tratando de minimizar os problemas de liquidez que esta crise puidéralles ocasionar e tratar de manter os postos de traballo.

 

Aproveito tamén, para comunicarlles a suspensión dos prazos de pago que constan no calendario fiscal do noso Concello, asemesmo quedan prorrogados os prazos de pago en voluntaria das débedas tributarias correspondentes as taxas actualmente ao cobro.

Quedan días duros nos que non podemos baixar a garda, pero estou seguro que xuntos conseguiremos vencer o virus. É unha batalla común e imos a gañala. Quédate na casa!!

O alcalde. Horacio Gil Expósito

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011