Convenio entre a Secretaria Xerall para o Deporte e o Concello de Arbo

A SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE ARBO  ASINAN UN CONVENIO PARA MELLORAS DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

 

  • Concello de Arbo e a Secretaria Xeral para o Deporte asinaban o pasado 15 de xuño un convenio para a execución de obras no Pavillón polideportivo municipal
  • O importe das obras ascenden a  46.933,12 €
  • As obras serán contratadas a unha empresa local

 

Coas obras propostas para a mellora do pavillón,  búscase frear as filtracións de auga no interior do edificio e reparar os danos existentes ata o  momento, impedindo que se sega deteriorando a instalación, o que suporía un risco para os usuarios do pavillón e un gasto superior se non se frea  a entrada de auga para o vindeiro inverno.

 

Á vista da memoria técnica redactada polo Arquitecto Municipal, actualmente en varias zonas da cuberta do pavillón aprécianse os efectos das filtracións de auga a través da cuberta, que se suman aos derivados polo uso das instalación e o envellecemento dos materiais.  Os danos existentes consisten principalmente en charcos de auga en pavimento, deteriorando o mesmo e producindo manchas de humidade en teitos e paredes de vestiarios.

 

A intervención pódese resumir nos seguintes apartados:

• Cambio de  cumieira

• Cambio de paneis de  policarbonato.

• Cambio de canalóns e cuberta de vestiarios.

• Saneado dos revestimentos danados polas humidades e aplicación de novo revestimento.

• Pintado de todas as paredes e teitos afectados.

• Limpeza e selaxe perimetral das carpinterías exteriores.

Saneamento en Carrascal

A XUNTA FINANCIA AS OBRAS DE CONEXIÓN DE SANEAMENTO EN CARRASCAL – ARBO

  • A obra serán financiadas o  100% pola  Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
  • O orzamento da obra ascende a 31.982,77 € (IVE 21% incluído).

Esta actuación conta con financiamento do 100% da Vicepresidencia, Administración Públicas e Xustiza, no importe de 31.982,77 en virtude de subvención concedida polo referido importe en virtude de  Resolución de data 05.06.2020.

 

Con dita actuación preténdese dotar de saneamento á zona de Carrascal en Arbo, de maneira que, cunha solución por gravidade a través do camiño público que comunica o barrio, se canalice ata a rede xeral ao seu paso pola estrada PO-400, da rede de estradas da Xunta de Galicia.

 

O Concello de Arbo, aínda que conta cunha importante rede de saneamentos, 14 estacións depuradoras de augas residuais e 4 estacións de bombeos de augas residuais, aínda  ten pendente de execución algúns ramais da rede de saneamento que se incorporarán a rede xeral, en concreto, neste intre, trátase dun ramal que permita conectar o barrio de Carrascal coa rede xeral.

APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO MUNICIPAL DEFINITIVO

O Pleno do Concello de Arbo, en sesión extraordinaria telemática celebrada o pasado día
7 de maio de 2020, aprobou, con carácter inicial, o Orzamento Xeral da Corporación para o
exercicio 2020.
Dito expediente permaneceu exposto ao público durante quince días hábiles, a través
do taboleiro electrónico e portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Arbo,
publicándose anuncio no Boletín Oficial da Provincia número 89 de 12 de maio de 2020.
Durante o período de exposición pública indicado, que se iniciou o día 13 de maio de 2020
e rematou o 2 de xuño de 2020, non se presentaron alegacións contra a aprobación do citado
expediente, tal e como resulta do certificado emitido o 3 de xuño de 2020 pola Secretaría
Municipal, quedando elevado a definitivo o acordo de aprobación do Orzamento Xeral da
Corporación para o exercicio 2020.
En consecuencia, e de conformidade co establecido no artigo 20.3 do R.D. 500/90 e 169.3 do
Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise pública a aprobación definitiva
do expediente do Orzamento Xeral do Concello de Arbo, para o exercicio 2020,

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011