Sinatura Convenio con Medio Rural

CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E O CONCELLO DE ARBO PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE INFRAESTRUTURA RURAL para PAVIMENTACION DOS CAMIÑOS DE ACCESO O LUGAR DE MERELLE (CABEIRAS) E PORTA FEITO (SELA) 

 Miguel Ángel Pérez Dubois, actuando en nome e representación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na súa calidade de director xeral de Desenvolvemento Rural e Horacio Gil,  actuando en nome e representación do Concello de Arbo na súa calidade de Alcalde-Presidente, asinaban o día 8 de outubro un convenio de colaboración para a obra de: “Pavimentación dos camiños de acceso ao lugar de Merelle e Porta Feito”

As obras, consisten en alargar o camiño de acceso a  Merelle, ata alcanzar un ancho medio de 5,00 m., para posteriormente dotalo dunha capa de rodadura con mestura  bituminosa en quente. Todo iso nunha lonxitude total de 373,00 metros lineais e dotar dunha capa de rodadura con mestura  bituminosa en quente ao camiño de acceso a Porta  Feito, en 185  ml, o cal se atopa actualmente en saburra. Completarase a actuación sobre o camiño, coa instalación dun sinal de STOP, e o pintada das marcas viarias de bordo de 15 cm de ancho

Avance Obras Bouza de Miguel

Avance das Obras da Area Recreativa do Parque Forestal de Bouza de Miguel en Arbo  (Detras do Campo de Futbol)

Actuacións que se están levando a cabo na primeira fase:  implantación de medidas fronte os incendios forestais,  plantación de arbores autóctonos,  eliminación das especies seucaliptus en faixas de defensa primaria, instalación de elementos de xogo infantís (tirolina, tobongan con pendente, columpio adaptado a persoas con mobilidade reducida….)

Melloras en Pedreira e a Granxa

O CONCELLO DE ARBO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA VICREPRESIDENCIA E CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PUBLICAS E XUSTIZA PARA A  “MELLORA DE INFRAESTRUCTURAS DE SANEAMENTO NO CAMIÑO DE A GRANXA-CABEZUDOS  E DRENAXE NO CAMIÑO PEDREIRA-CABEIRAS”  

Defínese tecnicamente e presupostase a solución para a execución da conexión de saneamento na Granxa-Cabezudas á rede xeral do  concello,  así como a recollida das augas pluviais eo  ensanche do camiño de Pedreira- Cabeiras existente e a súa pavimentación,  o cal permitirá mellorar dita vía e permitir unha mellor comunicación no lugar.

Este convenio de colaboración responde ao interese público e social que representa a  acción de fomento da Vicepresidencia e Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza dunhas actuacións imprescindibles para o normal funcionamento da entidade local, que lle permiten exercer as competencias e prestar os servizos que a normativa básica en materia de réxime local atribúelles aos concellos, como Administracion máis próxima aos administrados.

A obra fundamentase na necesidade de responder de contado ante a grave situación na que se atopan a infraestructura.  A necesidade e urxente de acometer as obras de saneamento no lugar de A Granxa vén derivada da existencia de verquidos incontrolados así como de fugas de augas residuais no treito de colector existente, que producen contaminación de parcelas agricolas (fundamentalmente viñedos) e filtracións nas vivendas.O lugar de A Pedreira sitúase a carón dunha zona de monte que teimadamente vén sendo pasto de frecuentes incendios. Asemade, este problema ten derivado en outros non menos importantes; o tránsito continuo de maquinaria pesada e de camións que transitan polo lugar para acceder o monte fixo que é en época de chuvias se forme enxurrada que chega ata as vivendas do lugar. Esta problemática sobrevida e de inaprazable solución e precisa unha rápida e urxente intervención para evitar maiores complicacións de indolé sanitaria e económica para os habitantes de ambos os lugares.

Rehabilitación Vivendas Cequeliños

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA ACHEGA  PARA REHABILITACIÓN DUNHA DAS  ANTIGAS VIVENDAS DE MESTRES DE CEQUELIÑOS .

O Concello de Arbo recibe unha achega por importe de 8.269,00€. Para o ano 2020,  do Instituto Galego de Vivenda e Sola da Consellería de Medio Ambiente Territorio e vivenda para rehabilitar unha das vivendas de mestres de Cequeliños.

O Concello pretende comezar as obras no mes de Xaneiro e presentar nova solicitude para rehabilitación da segunda vivenda que queda pendente.

Por Resolución de 28 de decembro de 2018 pola que convocabanse as subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, con carácter plurianual, a través do Instituto de Vivenda e Solo. Esstas subvencións están dirixidas aos concellos de menos de 20.000 habitantes para que se destinen a vivendas, en réxime de alugamento, á residencia habitual e permanente de unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM.

Remate obras Pavilllón

 REMATADAS AS OBRAS PARA MELLORA DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

O pasado mes de maio o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o alcalde do Concello de Arbo, asinaban un convenio para a realización de obras de mantemento no polideportivo municipal. .

As zonas de intervención céntraronse na cuberta dos vestiarios, e nos acabados interiores, deteriorados pola presenza de filtracións de auga da choiva. As obras a realizar consisten en, na substitución de panel sándwich de cuberta, sobre os vestiarios, reparación de canaletas da anterior cuberta, pintado de vestiarios, con reparacións puntuais (emplastecidos, etc..) e a substitución das porterías de fútbol. Esta actuación contou co financiamento ao 100% da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia .

Remate mellora iluminación

REMATADAS DAS MELLORAS DE ILUMINACIÓN NOS BARRIOS DE PORTELA E NA RUA ANTONIA TOVAR

Á vista do expediente que se tramitou perante a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a obtención dunha subvención de para 8.214,97 € (IVE incluído)  para a actuación denominada “Subministro para a Mellora da eficiencia e seguridade do Alumeado Público”, no marco das bases de subvencións do Plan Concellos 2018-2019 – Anualidade 2019 da  Deputación Provincial de Pontevedra aprobadas polo Pleno da Deputación o día 29 de decembro de 2017 e publicadas no BOPPO nº3 de 3-01-2018.

Cumprir cos niveis mínimos de iluminación, de acordo coas normas de seguridade requiridas. Este depende da potencia das lámpadas e a distribución especial dos puntos de luz. Proporcionar unha iluminación de calidade durante as horas de uso, que depende da capacidade da luz artificial para reproducir sombras, formas e cores. A tecnoloxía dispoñible fai que canto máis nos acercamos ao obxectivo, os custos dos elementos luminosos e o consumo de enerxía aumenten proporcionalmente. Cumprir coas premisas estéticas e funcionais esixidas en cada entorno para a integración do conxunto  dentro do mobiliario urbano. Un consumo enerxético adecuado, que dependerá do conxunto de factores indicados. Tendo en conta o anterior, as opcións analizadas como posibles áreas de intervención son:

-Deseño baseado en criterios de rendemento enerxético, limitando o uso de luminarias de  baixo rendemento

-Mellore a eficiencia das fontes de luz, utilizando o tipo de lámpadas máis adecuadas para cada entorno.

-Revisar o estado de todas as partes pertencentes ás instalacións, con especial atención a instalación de clima, especialmente a soportes metálicos debido a súa  maior deterioro.

-Revisión das conexións a terra das instalación, revisión das proteccións do bastidor segundo normativa

As actuación proxectadas son no Barrio de A Portela, Parroquia de Mourentán – Arbo e na Rúa Antonia Tovar, no centro Urbano

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011