Aluguer de Parcela para aparcamento

O CONCELLO DE ARBO ALUGA UNHA PARCELA   NO ENTORNO DO CENTRO DE SAUDE PARA APARCADOIRO MUNICIPAL

O inmoble atópanse situado no entorno do Centro de Saúde, Área Recreativa e Parque infantil de Turbela, do Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea e do inmoble adquirido polo Concello para o punto de atención infantil e o centro de maiores, próximo ao centro urbano de Arbo, nunha zona con boas infraestruturas e accesibilidade. A proximidade destas parcelas ao casco urbano onde se sitúan os supermercados, comercios, praza de abastos, biblioteca, multiusos, constitúe unha zona moi concorrida e con escasos aparcadoiros, circunstancias que converten estas parcelas en ubicación idónea para convertelas en aparcadoiro, non solo pola súa proximidade, senón tamén pola súa superficie, accesos e a forma, que permitirían un maior aproveitamento, non existindo parcelas no entorno coas mesmas características.

 

O alcalde do Concello de Arbo, xustifica a necesidade e a idoneidade da parcela,  posto que o Centro de Saúde atópase situado fronte a vial provincial sen zonas habilitadas para aparcar, non existindo zona de estacionamento a menos de 700 metros. O alcalde manifesta que con estes aparcadoiros, localizados a escasos metros do Centro de Saúde  atenderíase a necesidade dos doentes que visitan diariamente o centro de ter unha zona para aparcar, o que permitiría que as persoas maiores e os cativos, en moitos caso enfermos e  impedidos non tivesen que desprazarse como o fan habitualmente andado e desta forma e dotando o centro de saúde de estacionamento gratuíto incluiríanse todos os servizos necesarios para o seu mellor benestar e saúde, mellorando o servizo público prestado e a súa calidade de vida aos usuarios.

Novas Porterías de F8

O CONCELLO DE ARBO INSTALA PORTERIAS ABATIBLES DE FUTBOL 8 NO CAMPO MUNICIPAL DE ARBO

O Concello de Arbo, instala dúas porterías novas no campo de Fútbol Municipal de Arbo. As novas porterías son abatibles co obxetivo de favorecer o mantemento do cesped e para facilitar ao clube a súa retirada cando o campo de use para fútbol 11. Con esta adquisición tamén se facilita en gran medida ás tarefas de entrenamento dos diferentes equipo que utilizan a instalación , dando resposta as súas demandas.

A instalación destas porterías forman parte do plan municipal para mellorar as infraestruturas deportivas municipais, en meses anteriores xa se dotou a cantina do campo de auga quente, se colocaron medidas de seguridade nas porterías e se están realizando melloras nos vestiarios e no tellado do pavillón, entre outra melloras que se levan realizaron nos últimos anos

Visita deputados A Lomba

OS DEPUTADOS CARLOS LOPEZ FONT E OLGA M GARCIA BALLESTEROS VISITABAN XUNTO CO ALCALDE DE ARBO, HORACIO GIL AS OBRAS  DA  LOMBA

O Concello de Arbo e a Deputación Provincial melloraron a estrada provincial no barrio da Lomba – Mourentan do termo municipal de Arbo. Os Deputados Carlos Lopez e Olga M. García, achebanse ao Termino municipal de Arbo, para comprobar xunto co Alcalde do Concello de Arbo Horacio Gil, o remate das actuacións realizadas no entorno da estrada de titularidade provincial EP-5003, nas proximidades do seu cruce coa estrada EP-5205, no lugar de A Lomba. 

O Deputado Carlos Lopez, aseguraba que esta actuación é sobresaínte e vai na liña de ter como prioridade ás persoas e garantir a seguranza viaria nas estradas provinciais.

O Alcalde do Concello de Arbo, informaba que Estes traballos melloran a accesibilidade do treito e dotan de servizos á veciñanza da Lomba, repercutindo na súa calidade de vida.

 

Concesión Subvencións

Subvencións concedidas ao Concello de Arbo pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra no marco da “Convocatoria de subvencións a concellos destinadas á mellora dos montes mediante a creación de parques forestais” (BOPPO nº 243de 21.12.17):

Este Concello tras solicitude presentada no marco da Liña 1 da convocatoria do Ente Provincial para o ano 2018 resultou beneficiario da seguinte subvención por acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de data 22.06.18:

*Subvención por importe de 5.488,56 € (70%) para a redacción do proxecto para a creación do parque forestal de “San Xoán de Arbo”, cun orzamento total de 7.840,80 €, sendo o importe de achega municipal de 2.352,24 € (30%). A redacción do referido proxecto foi encargada polo Sr. Alcalde á mercantil “SERVICIOS TÉCNICOS E OBRA DO RURAL S.L. -XIRELA” no importe de 7.840,80 €.

Este Concello tras solicitude presentada no marco  da Liña 2 da convocatoria do Ente Provincial para o ano 2018 resultou beneficiario da seguinte subvención por acordo da Xunta de Goberno do Ente Provincial de data 22.06.18:

*Subvención por importe de 38.271,74 € (70%) para levar a cabo as actuacións no parque forestal de “Bouza de Miguel”, cun orzamento total de 54.673,91  €, sendo o importe de achega municipal de 16.402,17 € (30%). As actuacións incluídas son: Implantación de medidas fronte incendios forestais: rozas e actuacións de eliminación das especies seucaliptus e pinus en faixas de defensa primaria, así como a mellora de valores naturais: formacións arbóreas, creación dunha zona de uso e aproveitamento da cidadanía: parque, incluída a sinalización e divulgación do parque. O orzamento por importe total de 54.673,91 € presenta o seguinte detalle:

Capítulo I: Rozas: 2.929,81 €

Capítulo II: Plantación: 3.083,92 €.

Capítulo III: Parque: 28.106,90 €.

Capítulo IV: Sinaléctica: 3.450,00 €

Capítulo V: Divulgación: 400,00 €

Total orzamento execución material: 37.970,63 €.

Beneficio Industrial 13%: 4.936,18 €.

Gastos Xerais 6%: 2.278,24 €

IVE 21%: 9.488,86 €

Total orzamento final: 54.673,91 €
 

A actuación foi contratada a través de licitación por procedemento aberto, con división en lotes, co seguinte detalle:

LOTE 1 Comprende os capítulos I e II de orzamento: actuacións sobre a vexetación (rozas e plantación)

Orzamento base de licitación IVE 21% excluído: 7.156,34 €. (IVE 21% 1.502,83 €)

Orzamento base de licitación IVE 21% incluído: 8.659,17 €.

LOTE 2: Comprende os capítulos III, IV e V de orzamento: as actuacións de creación área infantil, divulgación e sinalización

Orzamento base de licitación IVE 21% excluído: 38.028,71 € (IVE 21% 7.986,03 €)

Orzamento base de licitación IVE 21% incluído: 46.014,74 €.

 

O contrato para a execución das actuacións incluída no lote II foi adxudicado neste ano 2019 á mercantil “ZONA DE OBRA O ROSAL S.L.” no importe de 37.271,94 € (IVE incluído), atopándose pendentes de adxudicación as actuacións incluída no lote I, ao quedar deserto o procedemento aberto neste parte, e estar en tramitación un procedemento negociado sen publicidade conforme ao disposto na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público.

Dáselle publicidade a dito  cofinanciamento recibido da Deputación Provincial de Pontevedra para ditos fins, cumprindo coas obrigas establecidas nas bases da convocatoria do ano 2018.

Remate obras en Paravedra

 REMATADAS AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DO ACCESO A PARAVEDRA, NA PARROQUIA DE MOURENTAN

Obras Incluidas no Plan Cocellos 2018-Anualidade 2019 da Deputación de Pontevedra

Arbo a agosto de 2019.- As obras de  mellora do acceso a Paravedra na parroquia de Mourentan, foron executadas segundo o proxecto.

O obxecto das obras consistiron na ampliación do vial existente para facer posible  o paso de vehículos polo mesmo.  A obras realizanse por mor do mal estado do vial mencionado donde o  firme atopase deteriorado e con fochancas en diversas zonas o que perigoso o paso de vehículos é peons

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011