CONVENIO DE COLABORACIÓN CON SOGAMA

O CONCELLO DE ARBO, ASINA UN CONVENIO CON SOGAMA PARA AS OBRAS DE  “RED DE SANEAMIENTO EN PONTE CABALEIROS (CARRETERA AUTONÓMICA PO-400, ENTRE EL P.K. 16+810 Y EL P.K. 17+315, EN EL CONCELLO DE ARBO”

 

O Concello de Arbo e SOGAMA asinaban un  Convenio de Colaboración en data 17.02.2023 por importe de 150.000,00 € (impostos engadidos), para a realización de obras de “Rede de saneamento en Ponte Cabaleiros (Estrada Autonómica PO 400 ente o P.Q. 16+810 e o P.Q. 17+315)”,  obras de interese público relacionadas co medio ambiente na contorna do Concello; sendo rexistrado dito Convenio debidamente asinado o día 24.02.2023 (Rexistro de entrada nº 357).

“CREACIÓN DUN ESPAZO PÚBLICO DO CONCELLO DE ARBO ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR URBANA E FOMENTANDO A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO”

O Concello de Arbo, recibe unha achega para a  “CREACIÓN DUN ESPAZO PÚBLICO DO CONCELLO DE ARBO ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR URBANA E FOMENTANDO A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO”, tras concesión de subvención do 100% da actuación por Resolución  de 06.11.2023 da Dirección  Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia, para o desenvolvemento do proxecto PIMA Cambio Climático para a realización de accións de mitigación e adaptación ao cambio climático, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2023 (código de procedemento MT975O) (D.O.G., Nº 104, de 2 de xuño de 2023).

Importe do contrato: 20.000,00 € (IVE do 21% incluído que ascende a 3.471,07 €).

O Concello de Arbo é un dos concellos adheridos formalmente ao Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía, aprobado pola Comisión Europea o 15 de outubro de 2015, antes da solicitude da axuda.

Obxecto do contrato:

Coa actuación proposta preténdese crear un espazo público atenuando o efecto illa de calor urbana e fomentando a adaptación ao cambio climático. Para elo, executarase unha zona sombreada naturalmente con arbolado, unha senda e zonas de descanso. As actuacións a realizarán consistirán en:

  • DESBROCE E LIMPEZA DO TERREO: Desbroce e limpeza do terreo con medios mecánicos.
  • ESCAVACIÓN DE TERRAS A CEO ABERTO PARA CAXEADO: Almacenamento do terreo a unha profundidade de 0,4 metros en terreo de tránsito compacto, con medios mecánicos, e carga de camións.
  • SENDA: Grava artificial, fusos (40) / (25), en capas base de 20 cm. de espesor, con caras de fractura do 60%, colocadas, estendidas e compactadas, incluída a preparación da superficie de asento.
  • XARDINERIA E COLOCACIÓN DE MOBILIARIO E ELEMENTOS INFANTIS

A actuación proposta para “CREACIÓN DE ESPAZO DE OCIO ACUÁTICO FOMENTANDO ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E ATENUANDO O EFECTO ILLA DE CALOR”, contribúe cos seguintes obxectivos e liñas da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050: Aumentar a resiliencia ao cambio climático.

Consiste no incremento da resiliencia ante o cambio climático dos sectores e actividades transversais. Inclúe liñas destinadas a fomentar unha estrutura territorial máis resiliente e con capacidade de adaptación, así como liñas específicas orientadas cara aos recursos naturais, a poboación e a auga e Reducir a vulnerabilidade do territorio ante os riscos xerados polo cambio no clima.

 

 

 

 

 

 

 

bECAS FUNDACION SEGUNDO GIL DAVILA 2023--2024

 
 
Para alumnos que inicien o primeiro curso da universidade:
- Fotocopia cotexada do DNI do/a solicitante e dos pais
- Certificado da media dos estudos de Bacharelato máis selectividade, ou certificado académico do
Grado superior realizado. (Orixinal ou copia cotexada).
- Volante de empadroamento colectivo.
- Declaración da Renda do solicitante e dos pais (orixinal ou copia cotexada). Nos supostos de non
ter obriga de presentar declaración da Renda, presentarán “Certificación Negativa”, acompañada da
documentación xustificativa dos ingresos obtidos no ano anterior.
- Resgardo de matrícula e pago de taxas (Orixinal ou copia cotexada).
- Certificación académica persoal (Orixinal ou copia cotexada).
- No caso de posuír a condición de familia numerosa deberá achegarse o libro de familia numerosa
(Orixinal ou copia cotexada).
- No caso de ser orfo/a deberá achegar o certificado de defunción dun ou de ambos
proxenitores/pais.
- No caso de discapacidade do solicitante deberá achegar o certificado que acredite a minusvalía
expedido ou validado polo organismo autonómico correspondente.
Para alumnos que continúan a partir do segundo curso de universidade ou máster
- Fotocopia cotexada do DNI. do solicitante e dos pais
- Declaración da Renda, dos pais (orixinal ou copia compulsada). Nos supostos de non ter obriga de
presentar declaración da Renda, presentarán “Certificación Negativa”, acompañada da
documentación xustificativa dos ingresos obtidos no ano anterior.
- Volante de empadroamento colectivo.
- Resgardo de matrícula e pago de taxas (Orixinal ou copia cotexada).
- Certificación académica persoal (Orixinal ou copia cotexada).
- No caso de posuír a condición de familia numerosa deberá achegarse o libro de familia numerosa
(Orixinal ou copia cotexada).
- No caso de ser orfo/a deberá achegar o certificado de defunción dun ou de ambos
proxenitores/pais.
- No caso de discapacidade do solicitante deberá achegar o certificado que acredite a minusvalía
expedido ou validado polo organismo autonómico correspondente.

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011