o obxeto da obra foi a reparación dun tramo de estrada Rocha – Cabeiras, que sufriu danos como consecuencia dos temporais do pasado inverno. O orzamento da obra ascendeu a 31.508,15 €.-
Antes do comezo da actuacións a estrada atopábase en moi mal estado, debido a que se produciran dous desprendementos en varias zonas, coa caída dun talud de contención da estrada e na zona dunha obra de drenaxe transversal da mesma, polo que os traballos realizados consistiron na execución dunha nova obra de drenaxe consistente nun muro de contención de formigón para garantir o correcto drenaxe do muro.
Tamén se realizaron cunetas de seguridade en varios tramos. Por ultimo reparouse o firme modificando lixeiramente o eixe da estrada, realizándose unha ampliación da plataforma na zona da obra de drenaxe transversal e colocándose unha barreira flexible de seguridade.
Nos últimos días deron comezo as obras da construción de muro de sostén no camiño da Bouza.
As obras que se están levando a cabo consisten na construción de muro de sostén e ampliación do vial para mellorar o acceso a Fraga.
O Concello xustifica esta obra para mellorar o servizo de acceso dos peóns e vehículos, por esa vía, e contribuír así como plan de melloras en infraestrutura e estradas municipais.
Seguindo coas melloras nos espazos publicos e turisticos do Concello de Arbo, logo de rematado o Sendeiro que une o Río Miño coa Ponte de Mourentan dende o lugar da Almuiña, o concello de Arbo, instalou no paseo de acceso a Praia Fluvial de San Xoan bancos e papeleiras.
A praia fluval de San Xoan e un lugar único e idóneo para pasar un día tranquilo e en familia, unha zona na que os veciños e veciñas de Arbo, os máis cativos e os non tan cativos utilizan para pasear, polo que o mobiliario axuda ao descanso e a traquilidade.
En breve tamen se acondicionara o Muiño sito a marxe da Ponte Romanica, que sufriu actos vandálicos hai uns meses, donde se destrozou e queimou o interior deste local.
tamén se colocou un panel informativo, no que se colocará a ruta do Sendeiro da Moura
Ö concello de Arbo acaba de colocar a Barandilla no recinto da Capela de San Roque no barrio de Barcia, para maior seguridade dos veciños e veciñas do lugar
o Concello de Arbo, acaba de Hormigonar o Camiño que une o Vieiro e Agroi na parroquia de Mourentan
As obras consistiron no hormigonado do camiño, donde o xa existente estaba deteriorado e en mal estado, o que supuña un risco para os veciños do lugar.
Con estas melloras tamén se pretende protexer o saneamento que discorre polo sendeiro e que nalgunhas zonas estaba soamente cuberto por terra
.
O Concello de Arbo recibe unha subvención para “Acondicionamento dos sendeiros da Moura e Das Pesqueiras”
No marco de axudas a investimentos non productivos vinculadas a realización de obxectivos agroambientais e climaticos en Concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas con Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2017 da Conselleria de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publicada no DOG 10 de 15.01.2018 o Concello de Arbo recibe unha achega para acondicionar os Sendeiros da Moiura e Das Pesqueiras
O motivo das obras a realizar e o estado actual dos sendeiros, que os incendios do queimaron unha superficie de 1000 hectáreas no territorio do Concello de Arbo. A ruta viuse afectada en máis de dous terzos da súa extensión. A parte da ruta que discorre próxima a zona Rede Natura, no río Deva, e onde a vexetación de ribeira autóctona ten maior presenza, non se viu afectada. Ao longo de todo o sendeiro existian marcas de pintura, sinais, frechas de madeira e outras pequenas infraestruturas de madeira, como o miradoiro do Coto da Moura sobre a cunca do Deva. Como consecuencia do incencio a maioria dos elementos de sinalización resultaron danados o que fai complicado continuar o trazado da ruta.
© Concello de Arbo
Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra
Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011