Subvención para acondicionamento sendeiro dos pescadores

 CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE TURISMO DE GALICIA PARA A RECUPERACIÓN DA SENDA DE PESCADORES

Por resolución da Directora Xeral de Turismo, dona Nava Castro, aprobouse unha achega ao concello de Arbo por importe de 27930,88 €.- para a recuperación da Senda dos Pescadores.

Esta achega regulada na orde de 4 de xaneiro de 2018, establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais para actuacións  de mellora en infraestruturas turísticas.

As actuacións consisten en intalacions de paneis, infraestruturas de madeira nos tramos que sexa preciso, sinalización do camiño mediante balizas e postes direccionais de madeira e marcas de pintura e traballos de adecuación do sendeiro como son a roza e creación de nova caixa no camiño.

No Concello de Arbo, atópanse varios elementos patrimoniais de interese por toda a xeografía de  Arbo, e na actualidade temos unha boa oferta turística de cara ao turismo estival xa que contamos con varias praias fluviais no Miño e no Deva. Asi mesmo tamen contamos con varios paneis interpretativos  de actuacions pasads acerda da pesca tradicional da lamprea e outras actividades ligadas aos estilos de vida tipicos do lugar, a habilitación deste sendeiro de ribeira e a súa conexión contribuirá a desestacionalizacion da oferta e reforzara os recursos interpretativos cos que xa conta o Concello.

Obras bombeo Granxa - Sela e Saneamento en Escampado - Cabeiras

Adxudicación das obras de mellora na estación de bombeo de Granxa-Sela e ramal de saneamento no Escampado-Cabeiras

O pasado 1 de Agosto o alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito, asinou a adxudicación para a execución da actuación denomidada “Melloras na estación de bombeo de Granxa-Sela e ramal de saneamento no Escampado-Cabeiras”,

Na memoria do proxecto técnico indícase que as obras consisten básicamente en dar resposta ás deficiencias que presenta o bombeo de A Granxa co acondicionamento da zona próxima que estivo afectada polos alivios do pozo, para o cal procederase a instalación dunha bomba nova, de iguais características á existente, reporase no cadro eléctrico os elementos precisos para o seu correcto funcionamento, arranxase a arqueta de chegada para evitar fugas dende o seu interior e dotarase ao sistema dun nova aliviadeiro, e arranxaranse as proximidades do pozo de bombeo de maneira que permita ter un sobreancho o vial e permítese o cruce e o cambio de sentido dos vehículos ao tratarse dunha rúa sen saída. Tamén preténdese dotar de saneamento ao barrio de O Escampado, cunha solución por gravidade a través do camiño público que comunica o bario co vial xeral máis abaixo.

Melloras no CEIP Antonio Carpintero

 

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN,  DOTA O COLEXIO DE ARBO DUNHA ACHEGA PARA MELLORA NA FONTANERÍA DO CENTRO.

Os traballos consisten na reforma de tuberías do centro, xa que presentaban grandes deficiencias que cómpre solucionar. Deste xeito, procedeuse a executar a mellora e modificación da fontanería do Centro educativo.

Ademais destas obras, a Xefatura Territorial de Cultura e Educación leva acometidas outras melloras no centro como son a reposición da carpintería, a reparación da cuberta, a reposición de cristais, a substitución de ventas e a reforma da calefacción, mellora en toda a instalación electrica….

Nos últimos anos levase investido case 128.000 euros por parte da administración autonómica nas melloras do CEIP Antonio Carpintero

Sendeiro Almuiña - San Xoan

Arbo estrea sendeiro paisaxístico e etnográfico no río Deva
Unha pasarela de madeira e escaleiras, un panel interpretativo con toda a información sobre o carreiro... son algunhas das novidades que ofrece o concello para gozar dunha boas vistas do Río Deva e a súa desembocadura no Miño.

Os traballos realizadas  e financiados pola Consellería de Medio Ambiente., que contaron cun orzamento que roldou os 24.000 euros, tiveron como obxectivo mellorar o carácter de utilidade pública deste carreiro co fin de garantir unha interacción equilibrada entre o seu uso e a conservación dos seus valores naturais, en particular, aqueles relacionados cos hábitats e coas especies de intereses comunitario prioritario, como a Alnus glutinosa ou a Fraxinus excelsior.

O carreiro percorre a zona de servidume da marxe dereita do río Deva, desde a praia
fluival de San Xoán ata o viaduto do ferrocarril situado no barrio da Almuiña. Este paseo únese no lugar da Almuña co “sendeiro Rio Miño-Rio Deva”, que parte desde o lugar da Estación, onde hai un mirador situado no alto dende o que podemos descubrir unhas boas vistas da paisaxe galega: a desenbocadura do Deva no Miño, as pesqueiras, a Ponte Internacional, a praia fluvial da Estación e o noso país veciño Portugal. Ten unha lonxitude de 550 metros, unha dificultade fácil e un interese etnográfico, paisaxístico, botánico e faunístico.

 

Rotonda da Vila

DERON COMEZO AS OBRAS DA CONSTRUCCIÓN DA ROTONDA DA VILA 

Esta obra da Rotonda, realizada e contratada pola Xunta de Galicia, incidirá sobre as dúas interseccións cos viarios muncipais do Couto, na marxe esquerda da PO-400, e a Vila na marxe dereita (situadas nun tramo curvo), que contan cun carril central de espera con visibilidade reducida que resta seguridade nos xiros.

 

Remate obra Acceso Igrexa de Arbo

REMATADAS AS OBRAS DE “MELLORA E PAVIMENTACIÓN DO ACCESDO A IGREXA DE SANTA MARIA DE ARBO”

O concello de Arbo, recibe unha subvención a través da Consellería de Medio Rural – AGADER, de concesión de axudas correspondentes ao Plan Mellora de Camiños Municipais con destino a execución da actuación denominada “Mellora e pavimentación do acceso a Igrexa de Santa Maria de Arbo” cun orzamento  de 53.538,87, estimándose o prazo de excecución do contrato en tres meses a contar dende a sinatura da acta de comprobación do planeamento.

As obras que se levarón a cabo consistiron en reparación do muro existente enfrente da Igrexa, repoñendo pedras caídas e realizando as obras de vaciado e compactado de trasdós, reparando tubería de abastecemento  e colocación de tuveria  nova. Colocación de recollida de pluviais e  colocación de balaustrada na zona do muro. Canalización de pluviais, colocación de tuverias e arquetas, colocar sumideiros e conectar a servizos existentes. Pavimentar as zonas afectadas polas obras e limpeza e reparación do arcen e pintado de beirarúa para uso de peons.

Adxudicación obra

Á vista do expediente que se tramitou en xuño de 2017  perante o Servizo de Cultura da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a obtención dunha subvención de 5.929,00 € para a actuación denominada “Obras de Restauración e Reparación do entorno do Cruceiro no Cemiterio San Cristobal de Mourentán”,  no marco das bases de subvencións para a rehabilitacio´n e a sinalización do patrimonio histórico-cultural, dirixidas aos Concellos da Provincia de Pontevedra para o 2017  publicadas no BOPPO do 1 de xuño de 2017.

Tendo en conta que consta no expediente unha memoria técnica avaliada redactada polo Sr. Arquitecto Asesor Municipal en data 9 de novembro de 2016 e no que se fixa como orzamento da referida actuación o importe dos 5.929,00 € (IVE incluído), correspondendo á base 4.900,00 € e ao IVE do 21% 1.029,00 €.

O concello de Arbo.  adxudicou as  “Obras de Restauración e Reparación do entorno do Cruceiro no Cemiterio San Cristobal de Mourentán”,con  NAROM S.L. , con CIF núm. B-36.163.418, e domicilio en Rúa I, Parcela 13, Polígono Industrial A Granxa, 36400, O Porriño (Pontevedra), representada por D. Manuel Fernández Fernández , con NIF 76.913.887-R,  e inscrita no rexistro de contratistas da Xunta de Galicia co núm. 2260, na contía de  5.929,00 €,  IVE do 21% incluído,  a cal deberá rematar e facturar  as obras antes do 30.06.18 , data límite fixada para xustificar a subvención concedida polo Ente Provincial, axustándose en todo momento  aos termos  da memoria técnica elaborada polo Sr. Arquitecto Asesor Municipal D. Teodoro de Francisco Antes. 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011