Obras P.A.I

 

MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS E DO EQUIPAMENTO DO PUNTO DE ATENCIÓN A INFANCIA DE ARBO  - OBRA SUBVENCIONADA POLA CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA  E FEDER (FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO RURAL) 

Arbo, 6 de novembro de 2017 .- A Consellería de Política Social, acaba de conceder unha achega o Concello de Arbo por importe de 26.157.11 €.-

 

Continuando coa serie de melloras e servizos en infraestruturas que o Concello de Arbo está realizando a favor dos mesmos, solicitou unha subvención para melloras no Punto de Atención a Infancia sito en Cruceiro – Barcela, o que a Consellería de Política Social concedeu un total de 26.157,11 €.-

 

As obras a acometer son obra de adecuación e mellora do centro, donde  se colocara dous inodoros no baño infantil ( na actualidade só hai un) e colocación de cambiador de cueiros  colocación de prato de ducha no baño de adultos, aumento da sala de actividades, desprazando o tabique actual para modificación da sala de descanso.  Ampliación de recibidor, cambio de fiestras e peche con galería da entrada o Centro, entre outras obras.  Así mesmo, a adquisición e mellora do equipamento do centro, inclúe a compra de mobiliario e material didáctico e de xogo,  así como a dotación  de conexión á internet no local e a compra  de dispositivos dixitais.

Becas fundacion Gil Davila ano 2018

 

CONVOCATORIA DE BECAS DE ESTUDO

 

O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “Segundo Gil Dávila”, CONVOCA DEZ AXUDAS DE ESTUDOS DE  500,00€ cada unha.

Poderán solicitar esta axuda aqueles mozos e mozas, que realicen estudos universitarios no  presente curso 2.017/2.018  e que cumpran os seguintes requisitos: 

a) Estar empadroado no Concello cun ano de anterioridade ao momento en que se solicita a beca.

b) Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a beca. A estes efectos, non poderán ser beneficiarios de beca aqueles estudantes aos que unicamente lles reste, para a obtención do título, a acreditación dun determinado nivel de coñecementos dun idioma estranxeiro.

b)  Estar matriculado nalgunha das ensinanzas universitarias do sistema educativo español para obter un título universitario oficial.

c) No caso do Master, só se terán en conta aqueles que habilitan para o exercicio profesional.

d) Non atoparse incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

 

A Instancia de solicitude dirixirase ó Sr. Alcalde - Presidente do Concello de Arbo, acompañada da documentación establecida nas  Bases da convocatoria ( a disposición dos solicitantes nas Oficinas Municipais e na páxina  Web).

 

O prazo de presentación estará aberto dende o día  2  ata o día  30  de Outubro de 2017.

 

 

Adxudicacion obra Merelle - Fontan

MELLORA E SEGURIDADE VIAL DO CAMIÑO MERELLE FONTAN

Continuando coa serie de melloras e servizos en infraestructuras que o Concello de Arbo esta realizando a favor dos mesmos para a dinamización do Medio Rural, acabanse de adxudicar as obras de Mellora de Pavimentación en Camiño Merelle - Fontan parroquia de Cabeiras do Termo municipal de Arbo.

As obras incluidas  consisten na mellora da seguridade vial en dous lugares concretos dentro da parroquia de Cabeiras

No tramo de Merelle planease o ensanche e pavimentación dun camino que parte desde as ultimas casas do lugar, e baixa en dirección a Fontan. O camino e moi estreito e contemplase mellorar o trazado dunha curva moi pechada, a vez que se ensancha o tramo completo para conseguir un ancho e plataforma.

Por outro lado no lugar de Fontan existe unha intersección donde se xuntas as pistas que veñen A Pedreira, A Igrexa e do propio núcleo de Fontan. As actuacións contempladas neste proxector encamiñanse a mellorar a seguridade vial de dita intersección, mellorando a visibilidade, o trazado dunhas curvas e a pavimetación actual

comezo obras en camiño Devesa

Comezan as obras de Mellora do Camiño de Devesa 

 As obras a  realizar no caimño de Devesa son no tramo 1 a ampliación do camino coa renovación de capa de rodadura e desprazamento de peche existente e no tramo 2 renovación de capa de rodadura mediante desbro, limpeza, pavimentación, rularización de firme, capa de rodadura mediante unha mezcla bituminosa en quen, formación de plataformad en ampliación con base de zahorra artificial e realce de tapas de rexistro na estrada

Remate obras Cequeliños

REMATADAS AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DE MINA E AMPIACIÓN DA PISTA EN RIAL – COTIÑO (CEQUELIÑOS)

Continuando cunha serie de melloras que se están acomentendo polo Concello de Arbo, no mes de agosto adxudicabanse as obras de acondicionamento de Mina e Ampliación da Pista en Rial-Cotiño ( Cequeliños), as  mesmas  consistirón en ampliación de vial, construcción de muro de talud enfrente da mina,  ampliación de vial e construcción de muros en parcelas.

acondicionamento Sendeiro Almuiña -San Xoan

 

A Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, esta a desenvolver as obras do Acondicionamento do Sendeiro Rio Deva a Praia Fluvial de San Xoan

O Concello de Arbo, quere continuar pondo en valor o entorno do Rio Deva a través de acondicionamentos de sendeiros, mobiliario na Praia Fluvial e a divulgación de rutas a través de paneis informativos. Deste xeito, o Concello de Arbo, solicitou a Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, colaboración para o acondicionamento do Sendeiro dende o Rio Deva a Praia de San Xoan de Arbo. Neste marco a citada conselleira, comezou as obras de previstas que consisten na roza manual do trazado, a mellora do camiño, a instalación de pasarela de madeira e escaleiras, construción dun muro de cachotaría para estabilizar o camiño e  instalación dun panel interpretativo coa información relativa ao sendeiro. 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011