Sinalización turistica

O CONCELLO DE ARBO, SEGUE MELLORANDO A SINALIZACIÓN TURISTICA DO CONCELLO      

Arbo, a 12 de xuño de 2017-O Concello de Arbo, coloca paneis informativos, en elementos patrimoniais catalogados, para seguir mellorando a sinalización turística de Arbo e dar a coñecer as riquezas que esta Vila ofrece os visitantes

O proxecto para “Interpretación do Patrimonio de Arbo” polo importe de 2.020,70€ para a interpretación do patrimonio do Concello en tres lugares, a Capela de San Pedro de Granxa, a igrexa de Santa María de Sela.

ACapela de San Pedro pretende mostrar unha pequeña e sinxela construcción de pedra do país no que se descobre na fachada a data de 1655. Localizase no barrio da Granxa, non moi lonxe da Igrexa Parroquial Santa Maria de Arbo,  este barrio e un barrio medieval arbense orixinario.

A Ponte Romanica de San Xoan, que se rehabilitara en breve, dacordo o Convenio asinado entre o Concello de Arbo e a Conselleria de cultura, esta sito sobre o Rio Deva, na Praia fluvial de San Xoan, e un elemento catalogado e con moita historia dado que tivo lugar unha batalla durante a guerra da Independencia.

E por ultimo o panel colocado no Adro da Igrexa de Sela, quere dar a coñecer as Pinturas Murais sitas no teito da IGrexa e que foron restauradas recentemente.

 

Estas actuacións contribúen a potenciar o valor deste patrimonio e que os visitantes disfruten destas construcción tan antigas e tan descoñecidas para moitos.

Dende o Concello de Arbo, animamos a todos a que visiten estas belezas e  todas as demais que esta Vila pode ofrecer.

Parada de Autobus na PO-400

REMATADAS  DA PARADA DE AUTOBÚS NÁ ESTRADA PO-400 EN ARBO

Arbo a 29 de xuño de 2017.- As obras da nova parada de autobús,  que dotará de maior seguridade viaria á estrada PO-400 a altura de Rial do Pazo – Arbo, no punto quilométrico 18,600 da PO-400, na súa marxe esquerda, xa estan rematadas, habilitandose a nova Parada a partires do luns día 2 de xuño

As obras que foron executadas pola Conselleria de Infraestructuras e viventa, pretendian  mellorar a circulación neste punto e gañar en seguridade. As obras, consistiron en  habilitar unha parada de bus en paralelo á calzada, de xeito que os autobuses non interferiran ao parar nese punto e se mellorara a seguridade viaria, dotando a mesma dunha marquesina,  beiraruas que separan a parada do aparcamento e sinalización do estacionamento o que mellora o mesmo tempo que máis vehículos e usuarios poidan aproveitar o espazo, polo cal o Concello de Arbo, ofreceu a parcela colindante de propiedade publica o o seu acondicionamento e pavimentación.

Estas obras tamén facilitan o transito  pola ruta Antonia Tovar e axiliza que a seguridade de vehículos e peons.

Dende o Concello solicitamos colaboración de todolos veciños, para que respeten as zonas de aparcamento e  recorda que na marxe dereita da Rúa Antonia Tovar esta prohibido o estacionamento de vehiculos a partires do supermercado Eroski, e en ambos lados da Rúa dende a Bilioteca a Praza do Concello, por ser unha zona peatonal.

Esta nova parada completa a actuación de humanización da PO-400 que en 2010 foi obxecto de construción de beirarrúas con pavimento de baldosa ao longo de 310 metros lineais e cun orzamento de 60.000 euros. Ademais, en 2014, leváronse tamén a cabo traballos de mellora entre os quilómetros 12 e 24 da PO-400 ao seu paso por Arbo, e que consistiron no fresado e reposición da calzada con mestura bituminosa en quente, reposición da sinalización horizontal e xestión de residuos e limpeza de obras. 

PROXECTO PARA A INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO DE ARBO

SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

PARA A SINALIZACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO CULTURAL E A MEMORIA

HISTÓRICA–ANO 2016 segundo o BOP nº 122, do martes 28 de xuño de 2016.

A deputación de Pontevedra financiou o “proxecto para Interpretación do Patrimonio de Arbo” polo importe de 2.020,70€ para a interpretación do patrimonio do Concello en tres lugares, a Capela de San Pedro de Granxa, a igrexa de Santa María de Sela Financiado pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011