Remate obras da estrada Couto - Paravedra

REMATE OBRA DA ESTRADA DE COUTO –PARVEDRA

Rematadas as obras na mellora de dous tramos de estrada de Couto a Paravedra no municipio de Arbo, gravemente danados como consecuencia dos temporais do pasado inverno, incluíndo as seguintes actuacións:

Execución de tres muros de mampostería para a contención da estrada.

Execución de cunetas formigonadas nos tramos sinalados.

Tamén se mellorou  o firme da estrada, para o cal se modifica lixeiramente o  eixe da estrada para arredarse da zona do desprendemento, polo que se fai necesario realizar un desmonte na marxe esquerda da estrada, procedéndose a continuación á pavimentación do vial con cara de rodadura de 5 cm. de espesor con previo estendido dunha cara de macadam bituminoso nas zonas de ampliación da calzada.

 

Por último dispúxose unha barreira flexible de seguridade na zona dos muros realizados

 

Lanzadeiras

POSTA EN MARCHA DO NOVO PROGRAMA LANZADEIRAS DE EMPREGO 2017

 

A Conselleria de Economía, Emprego e Industria coa colaboración da Fundación Santa María la Real do Patrimonio Historico e co apoio da Fundación Telefonica, co financiamento do Fondo Social Europeo pon en marcha o PROGRAMA LANZADEIRAS que vai dirixido a busca de emprego ou autoemprego.

O programa servirá para adestrar a un equipo de persoas desempregadas para realizar unha nova procura de traballo acorde ao mercado laboral actual.

Beneficiarios: ter unha idade comprendida entre os 18 e os 59 anos, estar desempregado e inscrito como demandante de emprego

O Prazo de inscripción remata o  20 de Abril de 2017

As incricipción poderán facerse a través da seguinte ligazón http://lanzaderasdeempleo.es/formulario-de-inscripcion ou no Concello de Arbo coa Técnica de Emprego.

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011