II CONCURSO DE DECORACIÓN NAVIDEÑA

III CONCURSO DE DECORACIÓN NAVIDEÑA PARA UN AMBIENTE FESTIVO EN  ARBO

  • Establécense tres categorías: CATEGORIA A – CASAS E VIVENDAS FAMILIARES: Poderán participar neste concurso, todas aquelas persoas que realicen a súa montaxe no seu balcón, xanela, porta, fachada de casa ou xardín exterior. CATEGORIA B – COMERCIOS E EMPRESAS: Poderán participar os comercios ou empresas do Concello de Arbo, que decoren os seus establecementos, fachadas, balcóns, escaparates.... e CATEGORIA C - PREMIO ESPECIAL PARA A COMUNIDADES DE VECIÑOS, ASOCIACIÓNS, BARRÍOS,  RÚA, PARROQUIA OU PLAZA: Poderán participar, asociacións ou colectivos, comunidade de veciños, barrio, rúa ou praza.
  • A decoración terá que ter relación coa festividade de Nadal e os motivos tradicionais da mesma, tendo os/as participantes plena liberdade en canto a técnica e estilo.
  • O xurado estará composto Concelleira de Participación Cidada, un representante do Concello de Arbo,  dous representantes das asociacións arbense,  un representante do comercio local é un funcionario do Concello que actuará como secretario/a do Xurado.

OBRAS DE “MELLORA E AMPLIACIÓN EN VIAL DE ARBO A VILAR-AS LAXAS” ,

OBRAS DE “MELLORA E AMPLIACIÓN EN VIAL DE ARBO A VILAR-AS LAXAS” ,

O Concello de Arbo, recibe unha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER),  para obras de “MELLORA E AMPLIACIÓN EN VIAL DE ARBO A VILAR-AS LAXAS”, ao abeiro da resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E).

Importe da subvención: 45.645,75€.-

Importe da Obra:  54.431,35 € (IVE  do 21% incluído que ascende a 9.446,76€.-)

As obras que se desenvolven no proxecto consisten na mellora e ampliación de vial de acceso de Arbo ao Lugar de Vilar na zona de As Laxas no Concello de Arbo.

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011