Rehabilitación do casco histórico de Arbo

Obras de “Rehabilitación do casco histórico de Arbo”, tras resolución de concesión de Subvención pola Deputación Provincial de Pontevedra por acordo da  Xunta  de Goberno  de data  16 de xuño de 2023, no marco da convocatoria de subvencións para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2023

Orzamento: 3.049,59 € (IVE 21% incluido que ascende a 529,27 €). Esta actuación contou co financiamento ao 100% do Ente Provincial en virtude do acordo adoptado pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra en data 16 de xuño de 2023, recibido no rexistro xeral do Concello o 20.06.2023  (R.E. 1233), e que deu lugar a tramitación da correspondente modificación de crédito nº17/2023 na modalidade de xeración de crédito aprobado por Resolución da Alcaldía nº 340/2023 de 22.06.2023.

 

 

ACHEGA PARA REFORMA DE VESTIARIOS CAMPO DE FÚTBOL

O CONCELLO DE ARBO, RECBE UNHA ACHEGA PARA “REFORMA DE VESTIARIOS DO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL”, tras resolución de concesión de subvención da Deputación provincial de Pontevedra-  PLAN EXTRAORDINARIO DE INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS (PEID)

Orzamento: 33.268,59 € (IVE  do 21% incluído que ascende a 5.773,89 €)

obxecto do presente proxecto consiste na intervención funcional consiste en aproveitar os dous espazos de grandes dimensións destinados a almacén e despacho, para crear dous vestiarios máis, reducindo a superficie de almacén e despacho e resolver as filtracións de auga da fachada.

Estes vestiarios son máis reducidos que os existentes, pero seguen a mesma organización formal para facilitar o trazado e conexión ás instalacións de saneamento e fontanería existentes.

A intervención é o resultado de dúas necesidades:

a) Unha funcional: Dotar ao campo de futbol de máis vestiarios.

b) Unha construtiva: Resolver a patoloxía da entrada de auga pola fachada.

Ademais procédese a facer accesible un aseo de público dos xa existentes, xa que actualmente non cumpre normativa.

O obxecto do presente proxecto consiste na intervención funcional consiste en aproveitar os dous espazos de grandes dimensións destinados a almacén e despacho, para crear dous vestiarios máis, reducindo a superficie de almacén e despacho e resolver as filtracións de auga da fachada.

Estes vestiarios son máis reducidos que os existentes, pero seguen a mesma organización formal para facilitar o trazado e conexión ás instalacións de saneamento e fontanería existentes.

CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS E CREACIÓN DE SENDAS PEONÍS E/OU CICLABLES NOS CONCELLOS DA REDE ÁGORA.(Expte. 2022023348)

O CONCELLO DE ARBO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN PARA A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS E CREACIÓN DE SENDAS PEONÍS E/OU CICLABLES NOS CONCELLOS DA REDE ÁGORA.(Expte. 2022023348)

 

Ir � primeira p�xina Ir � p�xina anterior 

 Ir � p�xina seguinte Ir � �ltima p�xina


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011