Retranqueo Muro en Sela
RETRANQUEO DE MURO PARA AMPLIACIÓN DE VIAL
Con cargo a subvención concedida por Resolución da Deputación de Pontevedra e co financiamento do 100% o Concello de Arbo procedeu a execución das obras consistentes no desmonte de parte do actual muro de peche e contención, baleirado do fronte de parcela e reconstrución do muro na súa nova posición, co fin de dar continuidade ao viaria de recente execución que comunica a zona de Eidos de Abaixo coa estrada PO-400, de forma que quede dito vial enlazado co vial existente que atravesa o nucleo de Sela.
As obras pendentes de rematar, facilitarán os veciños de Sela a entrada dende a PO-400 a Feira.