Reparación Estacións Deputadoras

REPARACIÓN E MELLORA DAS ESTACIÓNS DEPURADORAS DO CONCELLO DE ARBO

Con cargo a subvención concedida pola Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia e Consellerria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e co finaciamento do 100% da referida actuación, o concello de Arbo procederase a reparación e mellora das estacións depuradoras do Concello de Arbo, consistentes en:

- Estación de Sela: Sementado de céspede resistente en toda a parcela e matemento da depuradora.

- Bombeo en Sela: Arranxo e mantemento do bombeo

-Depuradora de Barcela: Colocación dunha zona axardinada na entrada e sementarase céspede en toda a parcela, revisión e mantemento, pintado da estructura das antiguas depuradoras, e montaxe de bomba.

- Depuradora de Eiras: Mellora e acondicionamento do tramo de regato lindeiro coa instalación, pintado das estructuras das antigas depuradoras, colocación de zona axardinada na entrada e sementado de céspede, e montaxe de bomba para mellorar o gasto de mantemento. 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011