Axencia de Desenvolvemento Local Arbo
Axencia de desenvolvemento Local de Arbo
Políticas activas de emprego e impulso empresarial no Concello de Arbo.
O concello de Arbo ven realizando e participando en diferentes iniciativas locais, nacionais, interfronteirizas e europeos para a promoción e creación de emprego na zona, con diferentes resultados positivos. Dende fai bastantes anos, o Concello conta con un axente de emprego e desenvolvemento local que dinamiza a contribúe ao asentamento e éxito destas actuacións a favor do emprego. Como engadido, salientar que Arbo atende, ademais a un número importante de cidadáns portugueses.
Arbo presenta un conxunto de importantes vantaxes para o seu desenvolvemento, como son non so o continuo crecemento do seu parque empresarial se non tamén a proximidade de Portugal e as apartacións da economía fronteiriza. Ademais, esta asentada na zona unha importan te industria arredor do viño Albariño – Rías Baixas, que require de atención e promoción continuada dende o punto de vista do desenvolvemento.
Todo elo sen esquecer das potencialidades turísticas, gastronómicas e de mencionar que aporta como recursos a continuar desenvolvendo o territorio de Arbo.
Definición do Proxecto global e obxectivos.
O Axente de Emprego e Desenvolvemento Local manunha estreita relación co entorno económico para alcanzar a promoción económica do tecido existente, facendo chegar a tódalas empresas do territorio as medidas de fomento da competitividade e o acceso as mesmas. Do mesmo modo promoverán a cultura emprendedora no territorio, fomentando a iniciativa empresarial e apoiando novos proxectos de autoemprego individual e colectivo, informando das medidas de apoio existentes e poñendo en relación ao emprendedor e os recursos especializados.
Así mesmo informa as empresas e aos emprendedores das subvenciones para a contratación de traballadores e do fomento do emprego.
O axente de emprego encargase de levar a cabo a inserción laboral dos demandantes de emprego a través da oferta dos recursos humanos dispoñibles no territorio, especialmente no que se refire as políticas activas de emprego, identificando as necesidades de persoal a corto e medio prazo, e propoñendo accións de mellora da empregabilidade da poboación desempregada.
O axente de emprego realiza unha serie de actividades como son:
-Organización de eventos e reunións cos sectores económicos e sociais.
-Edición de material promocional e didáctico.
-Atención de peticións de información e asesoramento e titoría e acompañamento de proxectos empresariais xeradores de emprego.
-Realización de estudios, deseño e xestión de proxectos de dinamización local.
-Implantación e seguimento dos programas de promoción do emprego.
Horario de Atención o Publico
Luns a venres de 8:00 a 15:00 horas
Dirección: 2º Andar no Concello de Arbo
Plaza Conistorio 1 36430 - Arbo
Telefono 986 66 50 00
Correo electrónico: aedlarbo@hotmail.com