Adxudicación obra
Á vista do expediente que se tramitou en xuño de 2017 perante o Servizo de Cultura da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra para a obtención dunha subvención de 5.929,00 € para a actuación denominada “Obras de Restauración e Reparación do entorno do Cruceiro no Cemiterio San Cristobal de Mourentán”, no marco das bases de subvencións para a rehabilitacio´n e a sinalización do patrimonio histórico-cultural, dirixidas aos Concellos da Provincia de Pontevedra para o 2017 publicadas no BOPPO do 1 de xuño de 2017.
Tendo en conta que consta no expediente unha memoria técnica avaliada redactada polo Sr. Arquitecto Asesor Municipal en data 9 de novembro de 2016 e no que se fixa como orzamento da referida actuación o importe dos 5.929,00 € (IVE incluído), correspondendo á base 4.900,00 € e ao IVE do 21% 1.029,00 €.
O concello de Arbo. adxudicou as “Obras de Restauración e Reparación do entorno do Cruceiro no Cemiterio San Cristobal de Mourentán”,con NAROM S.L. , con CIF núm. B-36.163.418, e domicilio en Rúa I, Parcela 13, Polígono Industrial A Granxa, 36400, O Porriño (Pontevedra), representada por D. Manuel Fernández Fernández , con NIF 76.913.887-R, e inscrita no rexistro de contratistas da Xunta de Galicia co núm. 2260, na contía de 5.929,00 €, IVE do 21% incluído, a cal deberá rematar e facturar as obras antes do 30.06.18 , data límite fixada para xustificar a subvención concedida polo Ente Provincial, axustándose en todo momento aos termos da memoria técnica elaborada polo Sr. Arquitecto Asesor Municipal D. Teodoro de Francisco Antes.
	.jpg)
			
 Compartir en Facebook
  Publicar en twitter
 Compartir en Google+