Restauracion Lavadoiros
“RESTAURACIÓN DE LAVADOIROS - SAN XOAN DE ARBO E COUTADA DE CABEIRAS"
O Concello de Arbo, vai acometer as obras de “Restauración de Lavadoiros”, incluídas na ampliación do POSS/15, cun orzamento de execución por contrata cifrado en 34.665,60 € (IVE do 21% incluído), sendo a base de 28.649,26 € e o IVE de 6.016,34 €, e cun prazo de execución de dous (2) meses.
LAVADOIRO COUTADA - CABEIRAS ( ESTADO ACTUAL)
Para levar a cabo esta actuación cóntase con financiamento do 100% da referida actuación con cargo a subvención concedida por Resolución do Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra de data 29.05.15 na cantidade dos 34.665,60 €, ditada no marco do Plan de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15) cuxas bases foron aprobadas por acordo plenario de 28.11.14 e publicadas no BOP núm. 1 do 02.01.15.
LAVADOIRO DE SAN XOAN (ESTADO ACTUAL)