Programa Garantia Xuvenil

 

PLAN DE EMPREGO XUVENIL DA XUNTA DE GALICIA

O Concello de Arbo, informa acerca do desenvolvemento do Plan de Emprego Xuvenil da Xunta de Galicia, enmarcado dentro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, que se articula para dar resposta á situación laboral na que se atopan moitos mozos en Galicia, establecendo unha serie de subvencións e incentivos para facilitar a empresas e autónomos a contratación de persoas novas, entre 16 e 29 anos, co fin de que poidan recibir unha oferta de emprego tras rematar a súa educación formal ou quedar desempregados.

As empresas e autónomos poderán contratar aos mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e desfrutar así de subvencións para a formalización de contratos para a formación e aprendizaxe e das diversas axudas previstas, que poden chegar aos 12.000 euros, no caso de Cooperativas e Sociedades Laborais, e aos 8.200 euros no caso das Empresas, según sexa o tipo de contratación.

Toda esta información poderán atopala en www.garantiajuvenil.gob.es, accedendo ao Portal de Garantia Xuvenil, na Oficina de Emprego de A Cañiza, na OMIX de Ponteareas ou dirixirse a Técnica de Emprego do Concello de Arbo.

 

 

 

 

 

 

http://garantiaxuvenil.xunta.es/gaxuve/es/programa-de-garantia-juvenil

 


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011