Contratación Persoal
O Concello de Arbo abre o procedemento selectivo para a contratación, con carácter temporal, de vinte persoas desempregadas non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI ou PREPARA) dentro do II Plan de Conservación e funcionamento de Bens e Servizos Municipais 20115 (publicado no BOP de Pontevedra de 28 de setembro de 2015), concedido a esta entidade a través de acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra de 9 de outubro de 2015:
· 1 Peón fontaneiro (72211012)
· 2 Peóns carpinteiros (71311049)
· 1 Peón electricista (75101033)
· 3 Peóns da construción (96021013)
· 7 Peóns de horticultura-xardinería (95121019)
· 1 Operarios de condución de vehículos e manexo de maquinaria agrícola (83211010)
· 2 Axudantes de tarefas de axuda no fogar (57101013)
· 2 Operario de servizos xerais (limpeza) (92101050)
· 1 Axudante socio-cultural (37241034)
Duración do contrato: 2 meses
Xornada: 35 horas semanais
Requisitos: persoas desempregadas non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI ou PREPARA.), inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados nas categorías/ocupacións referidas na base anterior e que estean dispoñibles para o emprego. Será a Oficina de Emprego quen envíe ao Concello as persoas candidatas para os postos mencionados anteriormente.
Arquivos
- Descargar: Bases.pdf - 9.106,75 Kb.