Contratación Persoal
O Concello de Arbo pretende seleccionar e contratar unha auxiliar de Axuda no Fogar:
Denominación da praza: Auxiliar de Axuda no fogar (G.C. 7).
Número de prazas a prover: 1
Clase de persoal: laboral temporal.
Modalidade do contrato temporal: Obra ou Servizo determinado.
Xornada: Xornada Parcial: 2,25 horas/día, con flexibilidade horaria de mañá e tarde.
Retribucións brutas mensuais: 298,78 €
Duración: dende a formalización do contrato laboral ata o remate da obra ou servizo.
Funcións: as propias que deriven da natureza da praza.
Requisitos imprescindibles: os previstos na cláusula 4ª das bases.
Instancias: En modelo oficial, que será facilitado aos interesados, e que deberá presentarse no prazo de sete días naturais dende o seguinte a aquel en que o anuncio de convocatoria sexa inserido no diario “ Atlántico”, dada a urxencia de dar cobertura e este servizo esencial.
Proceso selectivo: Mediante a avaliación dos méritos alegados, segundo os baremos que constan nas referidas bases.
Arquivos
- Descargar: bases_saf_20151104105927.pdf - 573,56 Kb.