I Andaina da Lamprea
O Vindeiro día 5 de xuño de 2016, o concello de Arbo organiza a I Andaina da Lamprea, aprazada o día 10 de abril debido o mal tempo.
A Actividade que pretende promocionar os produtos típicos de Arbo, como son a Lamprea e o viño, así como as paisaxes pola beira dos dous ríos que bañan Arbo, o Rio Miño e o seu afluente o Deva, asi como as pesqueiras e o Centro de Interpretación do viño e da Lamprea de Arbo “Arabo”.
A saída terá lugar dende o Museo Arabo as 10 da maña, o percorrido e de aproximadamente de dúas horas e media e remata no mesmo Museo do Arabo, donde se degustara de maneira gratuíta a Lamprea e un viño e darase opción os participantes de que visiten as salas do Arabo, para que a través dos seus paneis informativos e vídeos, coñezan a nosa Vila e as súas belezas.
PREZO: 3 €.-A INGRESAR NO Nº DE CONTA ES12 2080.5011.82.3040006781
Prazo de finalización de inscrición 2 de xuño de 2016 ata ás 14:00 horas
DIFICULTAD MEDIA – 10 kilómetros
Imaxes
Arquivos
- Descargar: Prezos publicos I Andaina da Lamprea.pdf - 237,52 Kb.
- Descargar: solicitude de participación.doc - 657,50 Kb.