REPARACIÓN DANOS DO TEMPORAL NA PO-400

A Xunta inviste 200.000 euros en Arbo para reparar danos do temporal de febreiro

A Xunta de Galicia executou obras por importe  de 200.000 euros para reparar os danos producidos polo temporal de febreiro de 2016.

Entre as obras realizadas destacan a reconstrución de dous muros en A Regadas e San Xoan e as melloras na PO-400, a altura de Rial do Pazo consistentes en mellora no asfaltado,  colocación de Varanda, zona de estacionamento e beiraruas.


© Concello de Arbo

Plaza Consistorio, 1, 36430 Arbo, Pontevedra

Teléfono contacto: 986 665 000 Fax: 986 665 011